Tour de Francia 2006
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI ProTour de 2006 (pt) |
Distancia do evento | 3.639 km |
Lugar de saída | Estrasburgo |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 176, inicio 139, final |
Participantes | |
Discovery Channel 2006 (en) , CSC 2006, T-Mobile Team 2006 (en) , 2006 AG2R Prévoyance (en) , 2006 Gerolsteiner (en) , Rabobank 2006, Davitamon-Lotto 2006, 2006 Phonak (en) , Lampre-Fondital 2006, 2006 Caisse d'Épargne-Illes Balears (en) , Quick Step in 2006 (en) , Crédit Agricole 2006, 2006 Euskaltel-Euskadi season (en) , Cofidis 2006 (en) , 2006 Saunier Duval-Prodir (en) , La Française des jeux 2006, 2006 Liquigas (en) , 2006 Bouygues Télécom (en) , 2006 Milram (en) e 2006 Agritubel (en) | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Luxemburgo, Países Baixos, Bélxica, Alemaña e España |
Intervalo de tempo | 1 de xullo de 2006 – 23 de xullo de 2006 |
Número de edición | 93 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Óscar Pereiro |
Gañador da clasificación por puntos | Robbie McEwen |
Gañador da clasificación da montaña | Michael Rasmussen |
Vencedor da classificação dos jovens | Damiano Cunego |
Vencedora da classificação por equipas | T-Mobile |
Segundo da clasificación xeral | Andreas Klöden |
Terceiro da clasificación xeral | Carlos Sastre |
O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.
Participantes
[editar | editar a fonte]Despois de ter gañado 7 edicións seguidas do Tour, en 2006 Lance Armstrong estaba retirado do ciclismo, de xeito que tódolos seus rivais tiñan como obxectivo acadar o seu trono. Non obstante, nas semanas previas á carreira, coñeceuse a existencia dunha operación antidopaxe denominada Operación Puerto na que se viron implicados varios ciclistas. Jan Ullrich e Ivan Basso foron afastados dos seus equipos, mentres que o equipo de Alexander Vinocurov (o Astana) foi afastado das competicións oficiais. Deste xeito, a carreira estivo mais aberta a novos gañadores, e sen favoritos claros. Entre os candidatos á vitoria que participaron no Tour 2006 cabía salientar a Denis Menchov, Cadel Evans, Andreas Kloden, Levi Leipheimer, Damiano Cunego, Floyd Landis, Alejandro Valverde, Gilberto Simoni, Christophe Moreau, George Hincapie, Carlos Sastre, Michael Rasmussen, David Zabriskie, Iban Mayo, Haimar Zubeldia, Bradley Wiggins e Danilo di Luca.
O único representante galego na carreira foi Óscar Pereiro, que viña de rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral nas últimas 2 edicións do Tour.
En total participaron 20 equipos e un total de 176 corredores, é dicir, 9 corredores por equipo, coa escepción do T-Mobile que só levou a 7 ciclistas.
Transcorrer da competición
[editar | editar a fonte]Despois dunhas primeiras etapas con chegadas ao sprint, a clasificación xeral estaba dominada por corredores especializados en etapas dun día. Robbie McEwen gañara 3 das 6 primeiras chegadas, e Tom Boonen levaba o maillot amarelo. Na sétima etapa houbo unha contra o reloxo individual de 52 quilómetros da que saíu como líder o ucraíno Serhiy Honchar, cunha vantaxe abondo para chegar de amarelo ás etapas dos Pireneos. Na segunda etapa de alta montaña, que rematou en Pla de Beret, gañou Denis Menchov, pero púxose de líder Floyd Landis. O norteamericano levou o xersei amarelo durante dous días, xa que na etapa 13 houbo unha importante fuxida de corredores que chegaron con 30 minutos de vantaxe, entre os cales estaba Óscar Pereiro, que colleu o liderado da proba. Floyd Landis recuperou o primeiro posto da táboa na etapa 15, con final en Alpe d'Huez, aínda que só con 10 segundos de vantaxe sobre o galego. Landis sufriu moito ó día seguinte nos portos de Galibier e Croix de Fer, perdendo 10 minutos. Malia que Landis parecía estar fora da loita pola vitoria, atacou na seguinte etapa, tamén de montaña, recuperando case toda a diferenza do día anterior, e poñéndose terceiro a só 30 segundos de Pereiro, líder, e tamén por detrás de Carlos Sastre, segundo. Entón chegou a contra o reloxo do penúltimo día, e nela Landis era moi superior ós dous ciclistas españois, como así demostrou. Deste xeito, a París chegaron Floyd Landis como líder, Óscar Pereiro como segundo, Andreas Kloden como terceiro e Carlos Sastre como cuarto.
Positivo de Landis
[editar | editar a fonte]Tres días despois da finalización do Tour, o 26 de xullo, a UCI realizou un comunicado no cal anunciábase que un ciclista puidera ter dado positivo[1] nun control antidopaxe. Ao día seguinte, o equipo ciclista Phonak informou[2] que o estadounidense Floyd Landis, vencedor do Tour, dera positivo por testosterona no control antidopaxe da etapa 17.
O 5 de agosto confirmouse o positivo[3] do ciclista estadounidense trala realización da contraanálise, o que significou a súa expulsión do equipo ciclista Phonak. A falta da confirmación oficial, que tardou varios meses, o galego Óscar Pereiro convertíase no virtual gañador do Tour de Francia. Finalmente, o 15 de outubro os organizadores do Tour de Francia desplazáronse a Madrid e entregáronlle a Pereiro o maillot amarelo e o trofeo de gañador do Tour na sede do Consello Superior de Deportes.
Etapas
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa amósanse os gañadores e líderes da carreira etapa por etapa. Nela aparecen os resultados de Floyd Landis posteriores á 17ª etapa que foron eliminados, dándose a vitoria ós segundos clasificados:
- CRI - Contra o reloxo individual.
Clasificación final
[editar | editar a fonte]Trala descualificación de Floyd Landis por dopaxe, a UCI declarou oficialmente gañador da carreira a Óscar Pereiro en setembro de 2007[4], quedando os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 2006 do seguinte xeito:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Desc. | |||
Óscar Pereiro | Caisse d'Epargne | 89h 40' 27" | |
2 | Andreas Kloden | T-Mobile | + 32" |
3 | Carlos Sastre | Team CSC | + 2' 16" |
4 | Cadel Evans | Davitamon-Lotto | + 4' 11" |
5 | Denis Menchov | Rabobank | + 6' 09" |
6 | Cyril Dessel | Ag2r Prévoyance | + 7' 44″ |
7 | Christophe Moreau | Ag2r Prévoyance | + 8' 40″ |
8 | Haimar Zubeldia | Euskaltel-Euskadi | + 11' 08″ |
9 | Michael Rogers | T-Mobile | + 14' 10″ |
10 | Frank Schleck | Team CSC | + 16' 49″ |
O resultado final do Tour de Francia 2006 supuxo a primeira vitoria dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La UCI anuncia un posible positivo en el Tour, elmundo.es (en castelán).
- ↑ Floyd Landis deu positivo no Tour de Francia, elmundo.es (en castelán).
- ↑ Landis: confirman dopaje positivo, BBC Mundo (en castelán).
- ↑ Confirmado, pero aún espera Arquivado 11 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 2006 |