Saltar ao contido

Ulrike Lohmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUlrike Lohmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónMax Planck Institute for Meteorology (en) Traducir - Doutora en filosofía Editar o valor en Wikidata
Tese académicaSensitivität des Modellklimas eines globalen Zirkulationsmodells der Atmosphäre gegenüber Änderungen der Wolkenmikrophysik (1996)
Actividade
Campo de traballoClimatoloxía e física da atmosfera Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria, climatóloga, meteoróloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorETH Zürich (2004–)
Universidade de Utrecht Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Ulrike Lohmann, nada en Berlín en 1966, é unha investigadora do clima e profesora de física atmosférica no ETH Zürich. É coñecida pola súa investigación sobre partículas de aerosol nas nubes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla dunha profesora e un político no Partido Socialdemócrata de Alemaña.[1] Dedicou un ano ao voluntariado en Aldeas Infantís SOS en Nixeria, e despois estudou etnoloxía e xeografía.[1] Inspirada polos informes medioambientais sobre o cambio climático, estudou meteoroloxía na Universidade de Mainz de 1988 a 1993.[1][2] Recibiu o seu doutoramento en 1996 no Instituto Max Planck de Meteoroloxía.[3] Traballou como profesora axudante e profesor adxunta de ciencias atmosféricas na Universidade de Dalhousie.[2] É profesora de física atmosférica no Instituto da Atmosfera e o Clima na ETH Zürich desde 2004.[2]

A investigación de Lohmann céntrase nas interaccións entre o quecemento global, os aerosois e a formación das nubes. A súa procura temperá modelou a influencia dos cirrus no clima, que continuou no seu uso do modelo de ECHAM.[4][5] A súa investigación tamén considera os efectos globais indirectos dos aerosois e a conexión co cambio climático.[6] Tamén trata a posibilidade da xeoinxeñería mediante o adelgazamento de cirros.[7]

No 2017 nun artigo da revista Science, anota "polo momento, o adelgazamento dos cirros debe verse como un experimento mental que axuda a comprender os mecanismos de formación dos cirros".[7] É unha das sinaturas principais nos capítulos de Nubes e Aerosois no cuarto e quinto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IPCC). Este grupo recibiu no ano 2007 o Premio Nobel da Paz.[8]

Lohmann apoia á xuventude en folga para chamar a atención sobre o cambio climático,[1] e en 2019 foi unha das científicas que asinou unha declaración sobre as protestas escolares pola protección do clima para chamar a atención sobre a crise climática.[9]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Henry G. Houghton, Sociedade Americana de Meteoroloxía (2007)[2]
  • Membro da Unión Xeofísica Americana (2008)[10]
  • Triciclo de Ouro da ETH Zürich para un liderado apto para familias (2013)[11][12]
  • Membro elixido, Academia Nacional Alemá de Ciencias, Leopoldina (2014)[13]
  • Conferencia Conmemorativa por Peter Hobbs, Universidade de Washington (2016)[14]
  • Doutoramento honorífico pola Universidade de Estocolmo (2018)[15]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Martin, Läubli (31 de agosto de 2019). "Die Wolkenfrau". Der Bund (en alemán). Consultado o 10 de setembro 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Switzerl. "Lohmann, Ulrike, Prof. Dr. ETH Zürich". usys.ethz.ch (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. Lohmann, Ulrike (1996). Sensitivität des Modellklimas eines globalen Zirkulationsmodells der Atmosphäre gegenüber Änderungen der Wolkenmikrophysik (Tese) (en alemán). Hamburg: Max-Planck-Institut für Meteorologie. OCLC 35848750. 
  4. Lohmann, U.; Stier, P.; Hoose, C.; Ferrachat, S.; Kloster, S.; Roeckner, E.; Zhang, J. (2007-07-02). "Cloud microphysics and aerosol indirect effects in the global climate model ECHAM5-HAM". Atmospheric Chemistry and Physics (en inglés) 7 (13): 3425–3446. Bibcode:2007ACP.....7.3425L. ISSN 1680-7324. doi:10.5194/acp-7-3425-2007. hdl:20.500.11850/7331. 
  5. Lohmann, U.; Roeckner, E. (1996-06-01). "Design and performance of a new cloud microphysics scheme developed for the ECHAM general circulation model". Climate Dynamics (en inglés) 12 (8): 557–572. Bibcode:1996ClDy...12..557L. ISSN 1432-0894. doi:10.1007/BF00207939. 
  6. Lohmann, U.; Feichter, J. (2005-03-03). "Global indirect aerosol effects: a review". Atmospheric Chemistry and Physics (en inglés) 5 (3): 715–737. Bibcode:2005ACP.....5..715L. ISSN 1680-7324. doi:10.5194/acp-5-715-2005. 
  7. 7,0 7,1 "A cirrus cloud climate dial?" (en inglés) 357. 2017-07-21: 248–249. Bibcode:2017Sci...357..248L. PMID 28729496. doi:10.1126/science.aan3325. (require subscrición (?)). 
  8. "The Nobel Peace Prize 2007". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2021-06-28. the scientific reports it has issued over the past two decades 
  9. Rahmstorf, Stefan (12 de marzo de 2019). "12 000 Wissenschaftler stellen sich hinter die streikenden Schüler". KlimaLounge (en alemán). Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  10. "Lohmann". Honors Program (en inglés). Consultado o 2021-09-10. 
  11. "The Golden Tricycle Award". ethz.ch (en inglés). Consultado o 2021-09-11. 
  12. Langholz, Thomas (17 de decembro de 2013). ""Strong performance, high expectations"". ethz.ch (en inglés). Consultado o 2021-09-11. 
  13. "List of Members". Nationale Akademie der Wissenschaften Leopoldina (en inglés). Consultado o 2021-09-10. 
  14. "Peter V. Hobbs Memorial Endowed Lecture in Experimental Meteorology". Department of Atmospheric Sciences (en inglés). Consultado o 2021-09-11. 
  15. "Honorary doctorate for Ulrike Lohmann". ethz.ch (en inglés). 8 de maio de 2018. Consultado o 2021-09-10.