A-6
A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.
A-6 Autovía do Noroeste | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía e autoestrada de peaxe |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | E-70 (km 522 ao 595) |
Lonxitude | 595 km |
Localización | |
Inicio | Madrid |
Fin | Arteixo |
CCAA que atravesa
|
Características
editarComo autovía radial a súa finalización foi a máis tardía das seis, debido principalmente, ás dificultades orográficas que presenta a comarca leonesa do Bierzo e a entrada en Galicia. Os poderes políticos do momento obviaron estas evidentes dificultades, predecindo o remate da autovía seis anos antes da finalización real. Aínda cando os violentos desprendementos de pedras da zona localizada entre Vilafranca do Bierzo e Becerreá (entre os quilómetros 400 e 440) obrigaban a estudar seriamente a modificación do proxecto, o Ministerio de Fomento continuaba mantendo o seu trazado.
En 2010 esta autovía supuña un extraordinario adianto para entrar ou saír de Galicia. Entre os quilómetros 44 (Villalba) e 111 (Adanero, provincia de Ávila) a autovía convértese na autoestrada AP-6, de peaxe.
Só ten áreas de servizo nos últimos quilómetros, e apenas dispón de áreas de descanso nos case 600 quilómetros de percorrido. O mesmo acontece coas estacións de servizo: son escasas e mal espazadas, cun tramo que supera os 300 quilómetros sen ningunha.
Conta con tres carrís por sentido entre o seu nacemento en Moncloa e Las Rozas (km 24). Tamén neste tramo dispón dunha estrada con dous carrís chamada "Bus-Vao", para autobuses e vehículos con 2 ou máis pasaxeiros. Dispón de catro carrís por sentido entre Las Rozas (km 24, ligazón coa M-50) e Guadarrama (km 48). Este tramo foi ampliado recentemente.
O 29 de marzo de 2007 abriuse ó tráfico a última fase da ampliación entre Guadarrama (km 48) e San Rafael (km 60). Dita ampliación consiste nunha nova estrada de dous carrís e túnel reversible segundo as necesidades do tráfico. Existen tres carrís no tramo San Rafael-Guadarrama en sentido Madrid. Con esta ampliación a A-6 xa ten alumeado desde Madrid ata San Rafael (km 60). Prevese ampliar a tres carrís por sentido entre San Rafael (km 60) e Villacastín (km 80).
O 7 de xuño de 2022 colapsou un dos vaos do viaduto de Castro, no concello da Veiga de Valcarce (O Bierzo), e nove días despois caeu outro treito do mesmo viaduto[1]. O tramo levaba pechado ao tráfico desde 2021, cando se iniciaran obras de rehabilitación logo dunha inspección.[2]
Treitos
editarDenominación | Tramo | km |
---|---|---|
A-6 | Madrid - Villalba (Collado Villalba) | 42 |
AP-6 | AP-6 (Villalba - Adanero) | 68 |
A-6 | Adanero - Medina del Campo | 47 |
A-6 | Medina del Campo - Benavente | 107 |
A-6 | Benavente - Astorga | 59 |
A-6 | Astorga - Ponferrada | 65 |
A-6 | Ponferrada - Baamonde | 135 |
A-6 | Baamonde - Arteixo | 72 |
No quilómetro 568 da autovía, en ambos sentidos e á altura do concello de Betanzos, hai unha saída que liga coa autoestrada de peaxe AP-9 para poder chegar tanto á Coruña e á súa área metropolitana como a Santiago de Compostela e a Ferrol-Narón. Dende esa saída, até A Coruña percorreríase un tramo de 16 km cunha peaxe para vehículos lixeiros de 1,75 € no ano 2015. Unha alternativa libre de peaxe para chegar á Coruña dende a A-6 é tomar a saída 586 á altura de Ledoño que liga coa terceira rolda da Coruña.
Saídas
editarTramo Madrid-Guadarrama
editarTramo Adanero-Arteixo
editarÁreas de servizo
editarÁreas de servizo que se atopan na propia autovía, a ambos sentidos da vía.
Saída | Localidade | Provincia | Notas |
---|---|---|---|
557 | Coirós | A Coruña | Gasolineira e cafetería |
537 | Guitiriz | Lugo | Gasolineira e cafetería |
484 | O Corgo | Lugo | Gasolineira e tenda |
389 | Ponferrada | León | Gasolineira e cafetería |
272 | La Torre del Valle | Zamora | Gasolineira e cafetería |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A-6 |
Outros artigos
editar- ↑ "Cae outro treito do viaduto do Castro na A-6, entre Galicia e León". O Sil. 16 de xuño de 2022.
- ↑ "Raquel Sánchez: “Estamos usando todos los recursos necesarios para conocer las causas de los daños en el Viaducto de El Castro y plantear la mejor solución”". MITMA. 20 de xuño de 2022.