Baalbek
Baalbek (/ˈbɑːlbɛk/),[1] correctamente Baʿalbek[2] (árabe بعلبك, translit. Ba’labakk, siríaco: ܒܥܠܒܟ) e tamén coñecida como Balbec,[3] Baalbec[4] ou Baalbeck,[5] é unha cidade entre as Montañas do Leste do Líbano e as Montañas Occidentais do Líbano. Situado ao leste do río Litani no val de Beqaa, a uns 85 km. ao nordés de Beirut. A capital da Gobernación de Baalbek-Hermel,[6] Baalbek ten unha poboación de aproximadamente 82.608 habitantes,,[Cómpre referencia] principalmente musulmáns xiítas, seguidos polos musulmáns sunnis e cristiáns.[7][8] Considérase un reduto do movemento xiíta Hezbollah. [9] É a sede do Festival Internacional de Baalbeck.
(ar) بعلبك | |||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Província de Baalbek-Hermel, Líbano (pt) e Baalbek District, Líbano (en) | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 1.170 m | ||||
Superficie | 37,42 km² | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | ||||
Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) | ||||
Identificador | 294 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1000 (Gregoriano) | ||||
Name
editarHistoria do sitio
editarOrixes
editarAs orixes de Baalbek datan de dous asentamentos cananeos que as escavacións arqueolóxicas baixo o Templo de Xúpiter permitiron datar a súa antigüidade, sendo da Idade de Bronce antiga (2900-2300 a. C.) e media (1900-1600 a. C.).
A etimoloxía do topónimo está relacionado co substantivo bá'al ou bēl en varias linguas da rexión semítica noroccidental (como o hebreo ou o acadio) significa "señor". O termo Baalbek, significaría, ‘señor da Bekaa’ e probablemente, relacionado co oráculo e o santuario dedicado ao deus Baal ou Bel (moitas veces identificado como Hadad, deus do sol, da tempestade e da fertilidade da terra) e a Anat, deusa da violencia e da guerra, irmá e consorte de Baal (que posteriormente identificaríase con Astarte), quizais asociada a Tamuz (máis tarde identificado con Adonis), deus da rexeneración primaveral. As prácticas relixiosas destes templos seguramente contemplaban, como noutras culturas veciñas, a prostitución sagrada, os sacrificios animais (e quizais tamén os humanos) e as ofrendas rituais ás divindades.
A cidade, situada nunha posición favorable desde o punto de vista estratéxico, preto das nacentes dos ríos Orontes e Litani non tería de calquera xeito, polo menos inicialmente, un valor importante comercial e estratéxico, non sendo mencionada nas fontes exipcias e asirias.
A identificación coa bíblica Baal-Gad (Libro de Xosué 11,17; 12,7), recollida como o límite norte da conquista de Xosué, e hoxe posta en dúbida, sostendo, máis ben que a cidade bíblica debe ser identificado coa cidade de Ḥāṣbayyā, no sueste do Líbano, ou con Bāniyās (a antiga Cesarea de Filipo), nos Altos do Golán.
Período helenístico
editarO historiador hebreo Flavio Xosefo (século I) rexistra o paso de Alexandre o Grande por Baalbek na súa marcha cara a Damasco. No Período helenístico, baixo o dominio da dinastía tolemaica, e desde o 198 a. C. polo Imperio seléucida, a cidade foi renomeada como Heliópolis ('cidade do sol'). Os gobernantes tolomaicos probablemente favoreceron a identificación do deus Baal co deus sol exipcio, Ra, e o deus grego Helios, a fin de construír unha maior fusión cultural dentro dos seus propios territorios.
O patio do templo foi modificado na súa extremidade occidental, iniciandose a construción dun templo de formas gregas para o que se construíu unha xigantesca plataforma (88 por 48 metros). Para esta construción utilizáronse bloques colosais: os tres que constitúen o chamado τρίλιθον ( 'Trilithon' ') pesan preto de 750 toneladas cada un, mentres que un cuarto bloque, de dimensión aínda maiores (21,5 metros de lonxitude, cunha sección de 4,3 metros cadrados de lado), agora coñecida co nome de ﺣﺠﺮ ﺍﻠﺤﺒﻠﻰ (ḥaǧar al-ḥublā ou ‘pedra da xestante’), foi abandonada na canteira.
Período romano
editarLogo da conquista romana da cidade no 64 a.C., a divindade do santuario foi identificada con Xúpiter, aínda mantendo algunhas das características do antigo deus indíxena e asumindo a forma e o nome de Xúpiter Heliopolitano. O deus estaba representado con raios nas súas mans e enmarcado entre dous touros, o animal que acompañaba ao deus Baal. Os outros deuses asociados identificáronse con Venus e Baco. O culto asume un carácter mítico e misterioso, que probablemente favoreceu a súa difusión.
No 15 a.C o santuario converteuse en parte do territorio da Colonia Iulia Augusta Felix Beritus actual Beirut. Emprendeuse novamente a construción do templo sobre a plataforma helenística e conclúe en diversas etapas: o templo propio (Templo de Xúpiter), foi rematado no 60 baixo o goberno de Nerón. Ao mesmo tempo edificouse o altar torre que precede ao templo. Baixo Traxano (98-117) comezou a construción do gran patio. Baixo Antonino Pío (138 - 161) eríxese o templo de Baco. Os traballos, incluídos os do templo de Venus, finalizaron durante a dinastía dos Severos, especialmente durante a administración de Caracalla (211 - 217). Baixo Filipo o Árabe (244 - 249), emperador romano da veciña Damasco construíuse o patio hexagonal do santuario.
Neste momento Heliópolis, elevada por Septimio Severo (193 - 211) ao rango de colonia de dereito itálico co nome de Colonia Iulia Augusta Felix Heliopolis, convértese no principal centro da provincia de Siria-Fenicia, instituída no 194 con capital en Tiro.
Primeiro período cristiá e bizantino
editarCoa chegada do Cristianismo e a promulgación de Edicto de Milán, o santuario comezou un lento declive, probablemente acelerado polos desplomes provocados por terremotos. As primeiras transformación fixéronse baixo Constantino I (306 - 337). Segundo Eusebio de Cesarea institúese un bispado e decídese construír unha igrexa. O emperador Teodosio I (379 - 395) destrúe as estatuas pagãs, fai arrasar o chan do altar-torre para erixir no gran patio unha basílica cristiá e converteu en igrexa o templo de Venus. Algúns estudosos afirman que Baalbek aínda era un centro de culto pagán.
O emperador bizantino Xustiniano (527 - 561) ordenou exportar oito columnas do Templo de Xúpiter, a fin de reutilizalas na Igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.
Período árabe-islámico
editarTras a conquista árabe no 637, por Abū'Ubayda ibn al-Garrah, o santuario transfórmase nunha cidadel fortificado (قلعة, Qal'ah ) e é construída a gran mesquita en estilo omeia, hoxe en ruínas. A cidade pasou despois a fase de omeia e abbásida, baixo a administración fatimí, que a escolle como capital da provincia (Vilaia) no 972, na época do imán al-Muʿizz.
Brevemente ocupada polos bizantinos de Xoán I Tzimisces no 974, Baalbek convértese en 1025 dominio dos mirdasidas, liderads polo emir de Alepo Ṣāliḥ ibn Mirdās, e finalmente polos selxúcidas de Tutuš no 1075. Saladino a conquista en 1175 e permanece baixo o dominio aiúbida ata 1282, cando e conquistada polo Sultán mameluco Sayf al-Dīn Qalāwūn al-Alfī, coñecido como “al-Malik al-Manṣūr”.
A cidade foi saqueada polas tropas mongois lideradas por Hulagu Khan en 1260 e de novo polo exército de Tamerlán en 1401.
Despois de 1516, Baalbek entrou no Imperio Otomán, dentro do Eyalet (provincia) de Damasco. Nos séculos seguintes, como noutras áreas do val de Becá, a poboación, predominantemente musulmáns xiítas divídese en clans chamados ʿašā'īr, suxeitos á autoridade de facto de dúas familias de propietarios de terras, os Ḥamādah e os Harfūš, cuxos privilexios feudais entraron en descomposición, a partir de finais do século XVIII cos intentos de modernización administrativa experimentadas pola autoridade Otomán.
Recuperacións europeas e misións arqueolóxicas
editarNo século XVIII os exploradores europeos redescubriron as ruínas do santuario e reportaron descricións e planos detallados do sitio. En 1751 Robert Wood describe as ruínas como unha das obras máis audaces da arquitectura da antigüidade. Aínda había nove columnas do templo de Xúpiter, pero tres derrubáronse, posiblemente como consecuencia do terremoto de 1759. Outros viaxeiros foron Volney (1871), Cassas (1875), Laborde (1837) e David Roberts (1839).
A primeira expedición científica realizouse en 1873 polo Fondo de Explotación de Palestina, e seguiu unha visita do Emperador Guillerme II de Alemaña que levou á creación dunha misión arqueolóxica Alemá (1898 - 1905), dirixida por Otto puchstein, durante o cal se fixeron as primeiras restauracións. Despois de primeira guerra mundial, establecéronse outras misións durante o Mandato francés, obra de C. Virolleaud, R. Dassaud, S. Ronzevalle, H. Seyrig, D. Schlumberger, F. Anus, P. Coupel e P. Collard. Logo da independencia do Líbano, en 1943 as operacións de restauración e conservación pasaron á xurisdición do Servizo de Antigüidades libanés. En 1984 o sitio de Baalbek entrou na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.
Descrición do santuario
editarPropileos
editarForon construídos no inicio do século III, no momento de Caracalla na parte superior dunha escaleira monumental e foron o acceso a área sagrada do templo de Xúpiter. Orixinalmente formaban parte dunha fachada de 12 columnas, entre dúas torres moi altas, que as que asentábase un frontón.
Na parte restante do muro abríase unha entrada central polo arco e dous pasos laterais, que despois foron tapiados. O muro foi estaba decorado con dous andares de nichos, que orixinalmente albergaban estatuas, enmarcadas por un pequeno santuario con frontóns alternativamente triangulares e arqueados, soportados por lesenas de orde corintia na planta baixa e orde xónica no piso superior.
Patio hexagonal
editarDos Propileos accedíase a un patio hexagonal (metade do século III, baixo Filipo o Árabe), rodeado de pórticos que abría sobre o fondo cun templo ricamente decoradode de exedras rectangulares. O patio sufriu grandes modificacións no momento en que se instalou Capela dedicada á Virxe e, sucesivamente, pola transformación en bastión defensivo da cidadela árabe.
Patio grande
editarO patio (135 x 113 metros), construído baixo Traxano, contiña o grande altar con torre do tempo de Nerón e diques laterais para a choiva. Os pórticos laterais (128 columnas con fuste en granito de Asuán) sostidos por Criptopórticos e sobre o fondo abríanse exedras con planta alternativamente rectangular e semicircular, cubertas por semicúpulas en pedra. Inscricións pintada nalgunhas das exedras testemuñan o seu uso para as comidas sagradas de confraternidade e comunidade que debían formar parte do culto de Heliópolis.
A basílica teodosiana, dedicada a San Pedro, construíuse no patio.
Templo de Xúpiter
editarO templo (construído na primeira metade do século I) que contiña a grande estatua de Xúpiter Heliopolitan, dominaba o enorme patio, levantado sobre unha escalinata con tres ramplas. Foi o templo romano máis grande coñecido, orixinalmente un períptero con dez columnas na fronte e dezanove nos longos laterais. Quedan en pé seis columnas colosais, con fustes de 2,20 metros de diámetro. O entaboamento alcanzaba os 5 metros de altura incluíndo un friso decorado con prótomos (cabezas) de touros e de leóns e con grilandas.
Templo de Baco
editarElevado sobre un podio de 5 metros de altura, mide 69 por 36 metros e é accesible por unha escaleira con 33 pasos. Estaba precedido por un patio porticado cun acceso monumental. Remóntase á metade do século II (Antonino Pío, 128 - 161) é un templo períptero con oito columnas na parte da fronte ("octástilo") e quince nos longos lados, está moi ben preservado (agás o tellado da Cella e parte das columnas laterais). As columnas estriadas alcanzan con base e capitel unha altura de 19 metros e, tamén neste caso, o friso estaba decorado con cabezas de touros e leóns.
O enmarcado do portal de ingreso da cella presenta frisos figurativos e unha decoración que relaciona o templo co deus Baco, aínda que o teito do portal mostra unha aguia con caduceu, atributo característico do deus Mercurio. O culto do deus local, con características semellantes ao grego Adonis, consistía no uso de viño, opio e outros estimulantes para conseguir a éxtase relixiosa.
Dentro da cella as paredes laterais están decorados con nichos sobre dúas ordes, as inferiores son superados por frontóns arqueados e as superiores por frontóns triangulares, os nichos están enmarcados por semicolumnas Corintias. sobre o fondo do templo, un áditon contiña a estatua do deus.
No recuncho sueste do templo construíuse unha torre ao mesmo tempo, que no século XV, na época dos mamelucos, era a residencia do gobernador local.
Templo redondo ou templo de Venus
editarEstá situado entre os outros dous templos. Estaba encerrado nun recinto sagrado que tamén contiña outro pequeno templo, agora en ruínas, coñecido como "Templo das Musas".
O templo, ao que se accede por unha escaleira, estivo orixinalmente precedido por un pronao rectangular octástilo. A cella redonda estaba decorada no exterior por nichos cubertos por cúpulas con forma de cuncha. As columnas que rodeaban a cella tiñan un entaboamento que non seguía as liñas das columnas, encorvándose en cambio ata tocar o muro exterior da cella, creando unha forma de estrela infrecuente e enmarcando os nichos de tal xeito.
O testemuño de Eusebio de Cesarea, que testemuña a continuidade do culto ao comezo da era cristiá, infórmanos da súa natureza orgiástica e da presenza, probablemente, de prostitución sagrada.
O templo transformouse na igrexa de Santa Bárbara, pero quedou fóra da cidadela árabe e todo o complexo foi inmediatamente cuberto por unha serie de aldeas. Os restos do templo foron desmontados e remontados nun espazo libre.
Baalbek na actualidade
editarNos anos posteriores á independencia do Líbano, o Val de Beqaa sufriu unha relativa marxinación económica e política, aínda que Baalbek puido contar cos beneficios procedentes do crecente fluxo de visitantes locais e estranxeiros. Tras comezar a celebrarse esporadicamente espectáculos estivais desde 1922 é a partir de 1955 cando se organiza sistematicamente o Festival de Baalbek, comprendendo o seu programa unha serie de espectáculos de teatro, ópera, concertos de música clásica e lixeira, organizado no marco do gran patio. Directores de orquestras, intérpretes e grupos do calibre de Herbert von Karajan, Mstislav Rostropovich, Fairouz, Umm Kulthum, Ella Fitzgerald ou Joan Baez tiveron memorables concertos neste lugar monumental.
O festival foi interrompido en 1975, pola Guerra Civil Libanesa (1975 - 1990), cando a cidade de Baalbek convértese nun batión das milicias deHezbollah. Ao final da guerra civil en 1990, a situación está volvendo á normalidade aos poucos e hoxe a visita ao sitio arqueolóxico e á cidade é posible, sen perigo. En 1997, retomouse o Festival de Baalbek e en 1998 inaugurouse a colección permanente que constitúe o núcleo do novo museo arqueolóxico.
Notas
editar- ↑ Olausson, Lena (2 August 2006). "The Editors". London: BBC. Consultado o 8 September 2015.
|contribution=
ignorado (Axuda) - ↑ Cook's (1876).
- ↑ Wood (1757).
- ↑ EB (1878), p. 176.
- ↑ "إتحاد بلديات غربي بعلبك [West Baalbeck Municipalities Union]" (en árabe). 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ "Mohafazah de Baalbek-Hermel". Localiban. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ Wolfgang Gockel; Helga Bruns (1998). Syria – Lebanon (illustrated ed.). Hunter Publishing, Inc. p. 202. ISBN 9783886181056.
- ↑ Judith Palmer Harik (2005). Hezbollah: The Changing Face of Terrorism (illustrated, reprint ed.). I.B.Tauris. p. 108. ISBN 9781845110246.
- ↑ CT (2010).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baalbek |
Bibliografía
editarTraducido do italiano que indica a siguiente bibliografía:
- Alouf, Michel, History of Baalbek, San Diego, Book Tree, 1998. ISBN 1-58509-063-8
- Carter, Terry, e Dunston Lara, Líbano, Torino, EDT, 2004. ISBN 88-7063-748-4
- Dussad, René, Topographie historique de la Syrie, París, Paul Geuthner, 1927.
- Fabbri, Patrizia, Baalbek. La città del sole, Firenze, Bonechi, 2000. ISBN 88-476-0631-4
- Salibi, Kamal, The Modern History of Lebanon, Delmar, Caravan Books, 1977. ISBN 0-88206-015-5
- Van Ess, Margarete, e Weber, Thomas, Baalbek. Im Bann römischer Monumentalarchitektur, Mainz, Philipp von Zabern, 1999.
Ligazóns externas
editar- Google Maps satellite view
- Panoramas dos templos en Lebanon 360 e Discover Lebanon
- Archaeological research in Baalbek from the German Archaeological Institute
- A pedra da muller embarazada: un dos monólitos máis grandes da antigüidade
- GCatholic – Latin titular see
- Baalbeck International Festival
- Baalbek Railway Station (2006) en Al Mashriq