Palas de Rei
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Palas de Rei | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.346 (2023) (16,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 199,68 km² | ||||
Altitude | 534 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pablo José Taboada Camoira | ||||
Eleccións municipais en Palas de Rei | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27040 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2023 tiña 3.346 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».
Demografía
[editar | editar a fonte]2014 | 2022[1] | |
---|---|---|
Censo total | 3.601 | 3.319 |
Menores de 15 anos | 274 (7.6 %) | 257 (4,2% |
Entre 15 e 64 anos | 1.944 (53.98 %) | 1.823 |
Maiores de 65 anos | 1.383 (38.40 %) | 1.239 |
Toponimia
[editar | editar a fonte]O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis[2][3] por ser Witiza, o rei visigodo que, segundo a tradición, mataría a Fáfila, duque de Galicia e pai de Don Pelaio (Paio de Asturias),[4] nestas terras de Palas de Rei, onde, ao mesmo tempo, tería o seu pazo. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calcarios.[5] Son máis as voces que ven no Palas unha orixe non latina. Así,[6] Vázquez Rodríguez destaca que a orixe do termo podería estar nas palabras do galego común pala e, polo tanto, preindoeuropea, mentres que Edelmiro Bascuas considera que o primeiro elemento podería ser un derivado da raíz indoeuropea *pel-, "encher, verter, fluír", polo que podería ser, na realidade, un Río de Rei.
Historia
[editar | editar a fonte]No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.
Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.
Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467. Dise que en Palas residiu a raíña Dona Urraca.[7]
Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.
O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.[8]
As terras de Palas de Rei serviron de fonte de inspiración e escenario literario a escritores como López Ferreiro, Emilia Pardo Bazán, que ambientou na vila Os pazos de Ulloa, ou Álvaro Cunqueiro.[7]
Industria e ambiente
[editar | editar a fonte]A industria e o medio ambiente en Palas de Rei atópase en 2024 nun punto de inflexión debido ao proxecto de Altri para construír unha nova fábrica de celulosa. Este plan, declarado estratéxico pola Xunta en 2022, provocou un intenso debate sobre as súas consecuencias ambientais, especialmente en canto ao uso de auga e o impacto na biodiversidade.[9][10] A preocupación céntrase no cultivo intensivo de eucalipto e os posibles efectos na pesca e marisqueo da ría de Arousa debido á captación de auga no río Ulla.[11] O período dun mes para as alegacións ao proxecto foi aberto en marzo de 2024.[10][12]
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense. Por outro lado, Palas de Rei está conectada coa cidade de Lugo a través da A-54, autovía que será previsiblemente rematada no 2025 e que permitirá unha conexión máis rápida coa cidade de Santiago de Compostela e arredores.
Lugares de Palas de Rei
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Palas de Rei vexa: Lugares de Palas de Rei.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Palas de Rei.
-
Casa do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Palas de Rei". ige.gal. Consultado o 22 de novembro de 2023.
- ↑ González Garcés (1987), p. 462.
- ↑ Langtry Caínzos & Barajas Martínez (1996), pp. 187-195
- ↑ Risco, Vicente (1952). Historia de Galicia. Galaxia. p. 60.
- ↑ Cabeza Quiles (1992), p. 328
- ↑ "Origen de Palas de Rei". Toponimia de Galicia.
- ↑ 7,0 7,1 "Concello de Palas de Rei; Historia". concellopalasderei.es. Consultado o 2024-03-06.
- ↑ Mogo, Arturo (10/02/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5.
- ↑ Brocos, Gonzalo (2022-05-16). "Seis cuestións que abre a planta de Altri en Palas: pros, contras e oportunidades". Campo Galego. Consultado o 2024-03-06.
- ↑ 10,0 10,1 Diario, Nós (2024-03-01). "Altri proxecta en Palas de Rei unha celulosa dez veces maior que Ence: así sería a planta de fibras téxtiles". Nós Diario. Consultado o 2024-03-06.
- ↑ "A futura planta de celulosa en Palas de Rei enerva a veciñanza: nin “bio” nin sustentable". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-03-06.
- ↑ Diario, Nós (2024-03-04). "Aberto durante o próximo mes o prazo de alegacións ambientais á planta de Altri en Palas: así sería o proxecto". Nós Diario. Consultado o 2024-03-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palas de Rei |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabeza Quiles, Fernando (1992). Os nomes de lugar. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 8475076882. LCCN 93200554. OL 1515734M.
- González Garcés, Miguel (1987). Historia de La Coruña: edad media (en castelán). A Coruña: Caixa Galicia, Obra Social. ISBN 84-505-6783-1.
- Langtry Caínzos, Carlos J.; Barajas Martínez, Luís A. (1996). "Recorriendo la Toponimia del Camino". En Leira López, José (coord.). Aulas no camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago. O Camiño Francés (en castelán). Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. pp. 187–195. ISBN 84-89694-12-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antón Santamarina en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 3.12.2023)