Armada Española
Armada Española | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Activa | Dende finais do século XV-actualidade | ||||||
País | España | ||||||
Rama | Naval | ||||||
Tipo | Forza armada | ||||||
Papel | Seguridade exterior e defensa militar de España no ámbito marítimo | ||||||
Tamaño | 20 838 persoas | ||||||
Aniversarios | 16 de xullo | ||||||
Equipamento | 130 naves (91 buques principais e 39 auxiliares) | ||||||
Enfrontamentos | Guerra dos Cen Anos Batalla da illa de Alborán Guerras italianas (1494-1559) Batalla de Lepanto Batalla da illa Terceira Guerra anglo-española (1585-1604) Guerra dos Oitenta Anos Guerra dos Trinta Anos Guerra de Sucesión Española Guerra do Asento Guerra dos Sete Anos Guerra de Independencia dos Estados Unidos Batalla do cabo de San Vicente Batalla de Trafalgar Guerras Napoleónicas Guerras de independencia hispanoamericanas Guerras Carlistas Guerra hispano-suramericana Guerra de África Expedición franco-española a Cochinchina Rebelión cantonal Guerra de Independencia cubana Guerra hispano-estadounidense Guerra do Rif Guerra Civil Española (1936-39) Guerra de Ifni Primeira guerra do golfo Pérsico Guerra de Afganistán (2001-2014) Recuperación da illa Perejil | ||||||
Páxina web | http://www.armada.mde.es | ||||||
Comandantes | |||||||
Comandante actual | Filipe VI de España | ||||||
Aeronaves utilizadas | |||||||
Cazas | AV-8 Harrier II (5) TAV-8 Harrier II (1) Cessna Citation II e VII (3+1) | ||||||
Helicópteros | Agusta-Bell AB 212 (7) SH-3 Sea King (10) Hughes 369 HM (9) SH-60 Seahawk (14) | ||||||
Helicópteros de carga | NH90 | ||||||
65 aeronaves |
A Armada Española é a rama marítima das Forzas Armadas Españolas.[1] Está considerada a sétima máis poderosa do mundo,[2][3] superada pola norteamericana, rusa, británica, francesa, xaponesa e pola italiana. As súas bases principais están en Rota, Ferrol e Cartagena, e a academia xeral de oficiais é a Escola Naval Militar de Marín.
A patroa da Armada Española é a Virxe do Carme, protectora e gardiá da xente do mar, que é denominada Stella Maris (estrela dos mares). A Armada celebra a súa festa o 16 de xullo.
As orixes
[editar | editar a fonte]A Armada Española nace da unión das mariñas de Castela e da Aragón. A mariña da Coroa de Aragón, constituída principalmente por naves catalás, é unha mariña de ámbito mediterráneo e prefire como buque de combate a galera e os seus derivados, mentres que a mariña castelá, atlántica, prefire buques sen remos, con só propulsión eólica. Esta unión prodúcese en tempos dos Reis Católicos[Cómpre referencia]. A súa primeira expedición prodúcese en Italia ao mando de Gonzalo Fernández de Córdoba, chamado Gran Capitán, e nela participan as galeras de Sicilia xunto coas naves cantábricas. Foi á súa primeira operación de guerra.
Nestes primeiros tempos a mariña de guerra española, do mesmo xeito que nos demais países europeos (agás Venecia), non estaba formada por barcos pertencentes ao Estado e especialmente feitos para a guerra. Debido aos corsarios e ás inseguridades da navegación, todos os barcos levaban canóns e armas. Cando eran requiridos polo rei para a guerra, cambiaban as cargas comerciais por cargas militares, e os seus armadores e tripulantes pasaban a ser pagados pola Coroa. Ademais dos buques mercantes militarizados, tamén había particulares que armaban pequenas frotas de combate, dedicándose á pirataría ata que o rei solicitaba os seus servizos.
O rei nomeaba os mandos das escuadras así formadas, nas que embarcaban as súas tropas. O combate naval da época difería pouco do terrestre, xa que se buscaba a abordaxe e o combate corpo a corpo, e facíase relativamente pouco uso da artillaría. Nesa época a Armada Española perde interese nas galeras (aínda que logo as recuperará) en beneficio de naos, carracas e carabelas. A finais do reinado dos Reis católicos, só quedaban catro galeras na costa de Granada para apoiar as demais naves no verán.
Himno[4]
[editar | editar a fonte]- Soplen serenas las brisas
- ruja amenazas la ola,
- mi gallardía española
- se corona de sonrisas.
- Por ti, Patria, por ti sola
- mi vida a los mares di,
- por ti al peligro ofrecí
- mis obras y pensamientos
- ¡en la Rosa de los Vientos
- me crucifico por ti!
- Por tu sagrada presencia
- que nada turba ni empaña,
- tiene sus horas la hazaña
- y sus horas la obediencia.
- El imperio a España vendrá
- por los caminos del mar.
- Hay que morir o triunfar,
- que nos enseña la Historia
- en Lepanto la victoria
- y la muerte en Trafalgar.
- Soñando victorias, diciendo cantares,
- marinos de España crucemos los mares,
- delante, la gloria, la leyenda en pos,
- debajo las voces de nuestros caídos,
- y arriba el mandato de España y de Dios.
- De España y de Dios, de España y de Dios.
Empregos na Armada Española
[editar | editar a fonte]Os empregos de Oficiais na Armada Española son os da seguinte táboa:
Código OTAN |
OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF 6 | OF-5 | OF-4 | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España |
|||||||||
Capitán Xeneral1 | Almirante Xeneral | Almirante | Vicealmirante | Contraalmirante | Capitán de Navío | Capitán de Fragata | |||
1 Ostentado polo rei de España como parte das súas funcións constitucionais. | |||||||||
OF-3 | OF-2 | OF-1 | OF(D) | Oficias alumnos | |||||
Capitán de Corveta | Tenente de Navío | Alférez de Navío | Alférez de Fragata | Gardamariña 4º Curso |
Gardamariña 3º Curso |
Alumno 2º Curso |
Alumno 1º Curso |
Os empregos de Suboficiais e Mariñaría na Armada Española son os da seguinte táboa.
Código OTAN |
OR-09 | OR-08 | OR-07 | OR-06 | OR-5 | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España |
|||||||||||||||||||
Suboficial maior | Subtenente | Brigada | Sarxento primeiro | Sarxento | Cabo maior | ||||||||||||||
OR-4 | OR-03 | OR-02 | OR-1 | ||||||||||||||||
Cabo de primeira | Cabo | Mariñeiro de primeira |
Mariñeiro |
Buques en activo
[editar | editar a fonte]Tipo | Nome | Entregado | Desprazamento tm |
Eslora | Velocidade kn. |
Autonomía nm. |
Dotación | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Buques de combate | ||||||||
Fragatas F-100 Santa María |
Álvaro de Bazán (F-101) | 2002 | 6.256 | 146,7 | 28,5 | 5.000 | 216 | |
Almirante Juan de Borbón (F-102) | 2003 | 6.256 | 146,7 | 28,5 | 5.000 | 216 | ||
Blas de Lezo (F-103) | 2004 | 6.256 | 146,7 | 28,5 | 5.000 | 216 | ||
Méndez Núñez (F-104) | 2006 | 6.256 | 146,7 | 28,5 | 5.000 | 216 | ||
Cristóbal Colón (F-105) | 2012 | 6.500 | 146,7 | 28,5 | 5.000 | 216 | ||
Santa María (F-81) | 1986 | 3.982 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Victoria (F-82) | 1987 | 3.982 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Fragata Numancia (F-83) | 1988 | 3.982 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Reina Sofía (F-84) | 1990 | 3.982 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Navarra (F-85) | 1994 | 4.017 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Canarias (F-86) | 1994 | 4.017 | 137,7 | 29 | 5.300 | 223 | ||
Submarinos |
S-71 Galerna | 1983 | 1.740 | 67,8 | 20,5 | 8.500 | 60 | |
S-74 Tramontana | 1986 | 1.740 | 67,8 | 20,5 | 8.500 | 60 | ||
Buques anfibios | ||||||||
Asalto Anfibio (LHD) |
Juan Carlos I (L-61) | 2010 | 27.079 | 230,8 | 21,5 | 9.000 | 243 | |
Asalto anfibio |
Galicia (L-51) | 1998 | 12.450 | 160 | 19 | 6.000 | 115 | |
Castilla (L-52) | 2000 | 12.450 | 160 | 19 | 6.000 | 115 | ||
Lanchóns desembarco |
L-603 - L-614 (12 unidades) | 2006 - 2008 | 107,6 | 23,3 | 12, 5 | 190 | 4 | |
Buques loxísticos | ||||||||
Aprovisionamento |
A-14 Patiño | 1994 | 17.045 | 165,8 | 20 | 13.440 | 160 | |
A-15 Cantabria[5] | 2010 | 19 500 | 174 | 20 | 6 000 | 164 | ||
Buques contra minas | ||||||||
Cazaminas M30 |
M-31 Segura | 1999 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | |
M-32 Sella | 1999 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | ||
M-33 Tambre | 2000 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | ||
M-34 Turia | 2000 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | ||
M-35 Duero | 2004 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | ||
M-36 Tajo | 2005 | 550 | 54 | 14 | 2.000 | 40 | ||
Patrulleros | ||||||||
Patrulleiros P40 |
P-41 Meteoro | 2011 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | |
P-42 Rayo | 2011 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | ||
P-43 Relámpago | 2012 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | ||
P-44 Tornado | 2012 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | ||
P-45 Audaz | 2018 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | ||
P-46 Furor | 2019 | 2840 | 93,9 | 20,5 | 8700 | 45 | ||
Patrulleiros P75 |
P-76 Infanta Elena | 1980 | 1.666 | 88,8 | 25 | 7.500 | 65 | |
P-77 Infanta Cristina | 1980 | 1.666 | 88,8 | 25 | 7.500 | 65 | ||
Patrulleiros Oceánicos P70 |
P-71 Serviola | 1991 | 1.106 | 68 | 20 | - | 48 | |
P-72 Centinela | 1991 | 1.106 | 68 | 20 | - | 48 | ||
P-73 Vigía | 1992 | 1.106 | 68 | 20 | - | 48 | ||
P-74 Atalaya | 1992 | 1.106 | 68 | 20 | - | 48 | ||
Patrulleiros Oceánicos P60 |
P-62 Alborán | 1997 | 1.428 | 66 | 15 | 20.000 | 46 | |
P-63 Arnomendi | 2000 | 1.428 | 66 | 15 | 20.000 | 46 | ||
P-64 Tarifa | 2004 | 1.428 | 66 | 15 | 20.000 | 46 | ||
Gardacostas P20 | P-22 Tagomago | 1981 | 319 | 44,26 | 15 | - | 27 | |
P-26 Medas | 1981 | 319 | 44,26 | 15 | - | 27 | ||
P-28 Tabarca | 1981 | 319 | 44,26 | 15 | - | 27 | ||
Gardacostas P80 | P-81 Toralla | 1987 | 133 | 28,5 | 20 | 1.000 | 11 | |
P-82 Formentor | 1987 | 133 | 28,5 | 20 | 1.000 | 11 | ||
Gardacostas P110 | P-101 | 1980 | 20,80 | 13,70 | 14 | - | 6 | |
P-114 | 1979 | 20,80 | 13,70 | 14 | - | 6 | ||
Patrulleiro Fluvial P200 | P-201 Cabo Fradera | 1963 | 28 | 17,85 | 10 | - | 9 | |
Buques auxiliares | ||||||||
Transporte lixeiro | A-01 Contramaestre Casado | 1983 | 4.964 | 104,2 | 14 | - | 62 | |
Salvamento e Rescate | A-20 Neptuno | 1999 | 1.860 | 57 | 11 | 6.000 | 51 | |
Hidrográficos | A-31 Malaspina | 1975 | 1.090 | 57,7 | 20 | - | 62 | |
A-32 Tofiño | 1975 | 1.090 | 57,7 | 20 | - | 62 | ||
A-23 Antares | 1974 | 360 | 38,35 | 11,6 | - | 41 | ||
Lanchas Hidrográficas A90 |
A-91 Astrolabio | 2001 | - | - | 30 | - | - | |
A-92 Escandallo | 2004 | - | - | 30 | - | - | ||
A-93 Sondaleza | 2016 | - | - | 10 | - | - | ||
Investigacións Oceanográficas |
A-33 Hespérides | 1991 | 2.738 | 82,5 | 14,7 | 12.000 | 54 | |
A-52 Las Palmas | 1981 | 1.437 | 41,2 | - | 7.000 | 36 | ||
Remolcadores | A-51 Mahón | 1981 | 1.437 | 41,2 | 14 | - | - | |
A-53 La Graña | 1993 | 663,8 | 32,5 | 14 | - | - | ||
A-101 Mar Caribe | 1989 | 1.860 | 57 | - | - | - | ||
Guerra electrónica | A-111 Alerta | 1992 | 2.292 | 76,5 | - | - | - | |
Buque escola |
A-71 Juan Sebastián Elcano | 1927 | 3.700 | 113,1 | 16,5 | 1.200 | 257 | |
Intermares (A-41) | 2018 (2009) | 1.390 | 79,20 | 15,6 | 20.000 | 73 | ||
Veleiros escola | A-72 Arosa | 1981 | - | - | - | - | - | |
A-73 Blanca | 2013 | |||||||
A-74 La Graciosa | 1988 | - | - | - | - | - | ||
A-75 Sisargas | 1995 | - | - | - | - | - | ||
A-76 Giralda | 1993 | - | - | - | - | - | ||
A-77 Almansa | 2013 (1983) | - | - | - | - | - | ||
A-78 Peregrina | 2007 | - | - | - | - | - | ||
A-79 Aguete | 2014 (2006) | - | - | - | - | - | ||
Lanchas de instrución | A-82 Contramaestre Navarrete | 1983 | - | - | - | - | - | |
A-83 Contramaestre Sánchez Fernández | 1983 | - | - | - | - | - | ||
A-84 Contramaestre Antero | 1984 | - | - | - | - | - | ||
A-85 Contramaestre Lamadrid | 1984 | - | - | - | - | - | ||
A-121 Guardiamarina Barrutia | 2006 | 36 | 20,5 | 24 | 450-550 | 16 | ||
A-122 Guardiamarina Cherequini | 2006 | 36 | 20,5 | 24 | 450-550 | 16 | ||
A-123 Guardiamarina Rull | 2007 | 36 | 20,5 | 24 | 450-550 | 16 | ||
A-124 Guardiamarina Salas | 2007 | 36 | 20,5 | 24 | 450-550 | 16 | ||
A-125 M.M. Bustelo Pavón | 2020 | 20 | 500 | 16 | ||||
A-126 M.M. Pérez Verdú | 2020 | 20 | 500 | 16 |
Forzas aéreas
[editar | editar a fonte]Aeronaves
[editar | editar a fonte]Modelo | Fabricante | Vel. máx. | Teito | Alcance | Entrada en servizo |
Escuadrilla | Unidades |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Avións | |||||||
AV-8 Harrier II |
McDonnell Douglas/Boeing British Aerospace/BAE Systems |
Mach 0,89 | 15 240 m | 2200 km | 1985 | 9a | 12[6] |
TAV-8 Harrier II | McDonnell Douglas/Boeing British Aerospace/BAE Systems |
Mach 0,89 | 15 240 m | 2200 km | 1985 | 9a | 1 |
Cessna Citation II e VII | Cessna/Textron | Mach 0,755 | 13 100 m | 3700 km | 1992 | 4a | 3+1 |
Helicópteros | |||||||
Agusta-Bell AB 212 |
Bell Helicopter/Textron AgustaWestland |
260 km/h | 5305 m | 439 km | 1968 | 3a | 7 |
SH-3 Sea King |
Sikorsky/Lockheed Martin | 267 km/h | 4481 m | 1000 km | 1966 | 5a | 9 |
Hughes 369 HM |
Hughes Helicopters/MD Helicopters | 282 km/h | 4875 m | 430 km | 1972 | 6a | 6 |
SH-60 Seahawk |
Sikorsky/Lockheed Martin | 268 km/h | 5790 m | 704 km | 1988 | 10a | 14 |
Vehículos non tripulados | |||||||
Boeing Insitu ScanEagle | Boeing | 148 km/h | 5950 m | 24+ horas | 2015 | 11a | 8 |
Fitos da Armada Española
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
- A Armada Española é herdeira das mariñas de Castela e Aragón, e nas orixes cos mariños cántabros, vén sendo unha das máis antigas do mundo.[Cómpre referencia]
- A primeira en ter regulamentos e normas para cada buque de guerra que daban unidade ao funcionamento da frota.[Cómpre referencia]
- A que fixo posible cruzar o Atlántico e descubrir América en 1492.[Cómpre referencia]
- A creadora do concepto moderno de convoi naval (Frota de Indias), no século XVI.[Cómpre referencia]
- A primeira en circunnavegar a Terra: Expedición de Magalhães-Elcano (1519-1522).[Cómpre referencia]
- A descubridora da ruta transpacífica entre Asia e América: Tornaviaxe de Andrés de Urdaneta en 1565 e o establecemento do Galeón de Manila.[Cómpre referencia]
- A creadora da primeira ruta comercial de escala mundial (entre Cádiz, Acapulco e Manila): A Frota de Indias no Atlántico, e o Galeón de Manila no Pacífico.[Cómpre referencia]
- A creadora e a primeira en utilizar a infantaría de mariña (1537).[Cómpre referencia]
- A primeira en utilizar fragatas, a finais do século XVI durante a guerra dos Oitenta Anos.[Cómpre referencia]
- A creadora e primeira en utilizar a lancha canoneira (Antonio Barceló en 1779)[Cómpre referencia]
- Primeira en organizar unha misión sanitaria internacional, Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1806).[Cómpre referencia]
- Primeira volta ao mundo por parte dun navío blindado levada a cabo pola fragata blindada Numancia (1865-1867).[Cómpre referencia]
- A primeira en contar cun destrutor en servizo (1887). O Destrutor, que deu nome a toda unha saga, foi deseñado polo oficial naval español Fernando Villaamil en 1885.[Cómpre referencia]
- A primeira en dispoñer dun submarino torpedeiro inventado por Isaac Peral en 1888 (submarino Peral).[Cómpre referencia]
- Creadora do concepto moderno de desembarco anfibio (con carros de combate e un mando unificado para as forzas navais, terrestres e aéreas) posto en práctica no desembarco de Alhucemas, resultando un éxito absoluto e poñendo fin á guerra do Rif (1925).[Cómpre referencia]
- A primeira armada do mundo en utilizar avións de engalaxe vertical, en concreto o Harrier AV-8A «Matador» no portaavións, neste caso no Dédalo (R-01) (ex-USS Cabot). Esta práctica se estendeu despois a outros países: Estados Unidos, Rusia, Reino Unido, Italia, India e Tailandia.[Cómpre referencia]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Juan Carlos I (L-61), é o meirande buque da Armada.
-
F101 Álvaro de Bazán.
-
S-73 Mistral.
-
L-51 Galicia.
-
L-52 Castilla.
-
L-613 e L-603.
-
A-14 Patiño.
-
P-23, P-24 e P-30 inmobilizados en Ferrol.
-
P-82 Formentor e P-81 Toralla.
-
Remolcador A-51 Mahón.
-
A-52 Las Palmas.
-
A-121, A-122, A-123 e A-124, en Marín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Armada é o único nome oficial, segundo o artigo 8.1 da Constitución española de 1978.
- ↑ "Las Armadas del mundo. ¿Cuáles son las más poderosas?". Revista Naval. abril de 1999. Consultado o 29 de agosto de 2010.
- ↑ "El almirante jefe del Arsenal de Ferrol asegura que la Armada española es la cuarta o quinta del mundo". Galiciaé. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2011.
- ↑ Himno da Armada (en Youtube)
- ↑ "Resolución 600/11447/2010, de 7 de julio, del Almirante Jefe de Estado Mayor de la Armada, por la que causa alta en la Lista Oficial de Buques de la Armada y se le asigna la marca de identificación de costado «A-15» al buque de aprovisionamiento de combate «Cantabria»." BOD. 142 (en castelán)
- ↑ "La Armada da de baja el 25 por ciento de los cazas Harrier por los recortes". 6 de enero de 2014. Consultado o 7 de enero de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Armada Española |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LOBA 2016 Lista Oficial de Buques de la Armada 2016
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da Armada Española (en castelán) (Ministerio de Defensa).
- Revistanaval.com (en castelán), páxina web non oficial.desactualizada