Carl Spitteler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Carl Friedrich Georg Spitteler 24 de abril de 1845 Liestal, Suíza (pt) |
Morte | 29 de decembro de 1924 (79 anos) Lucerna, Suíza |
Lugar de sepultura | Friedhof Friedental (en) |
Relixión | Reformed (en) |
Educación | Universidade de Zürich |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, teólogo |
Xénero artístico | Poesía, Prosa e obra de teatro |
Pseudónimo literario | Carl Felix Tandem Felix Tandem |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Marie op der Hoff |
Pai | Karl Spitteler |
Irmáns | Adolf Spitteler |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шпиттелер Карл) Obálky knih, |
Carl Spitteler, nado en Liestal, Suíza, o 24 de abril de 1845 e finado en Lucerna o 29 de decembro de 1924, é un escritor suízo en lingua alemá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 24 de abril de 1845 na cidade de Liestal, poboación situada no cantón de Basilea. Estudou dereito na Universidade de Zürich, institución na que se graduou en 1863, posteriormente estudou teoloxía en Zürich, Heidelberg e Basilea.[1] Durante vinte anos foi preceptor privado en Rusia e Finlandia, retornou en 1871 como mestre de escola en Berna e La Neuveville.
Morreu o 29 de decembro de 1924 na cidade de Lucerna.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]En 1881 iniciou a súa actividade literaria co pseudónimo de Carl Felix Tandem publicando un poema alegórico en prosa Prometheus und Epimetheus, posteriormente o ano 1924 publícao co seu nome xa co título de Prometheus der Dulder. Entre 1900 e 1905 escribiu o poema épico-alegórico Olympischer Frühling e en 1906 a novela autobiográfica Imago. En 1919 foi galardoado co premio Nobel de Literatura.
Obra publicada
[editar | editar a fonte]- 1881 Prometheus und Epimetheus
- 1883 Extramundana
- 1887 Ei Ole
- 1887 Samojeden
- 1887 Hund und Katze
- 1887 Olaf
- 1888 Bacillus
- 1889 Das Bombardement von Åbo
- 1889 Schmetterlinge
- 1889 Der Parlamentär
- 1890 Das Wettfasten von Heimligen
- 1891 Friedli der Kolderi
- 1891 Gustav
- 1892 Literarische Gleichnisse
- 1892 Der Ehrgeizige
- 1893 Jumala. Ein finnisches Märchen
- 1896 Balladen
- 1897 Der Gotthard
- 1898 Conrad, der Leutnant
- 1898 Lachende Wahrheiten
- 1900 Die Auffahrt
- 1901 Hera die Braut
- 1903 Die hohe Zeit
- 1904 Ende und Wende
- 1905 Olympischer Frühling
- 1906 Imago, autobiografía
- 1906 Gras und Glockenlieder
- 1907 Die Mädchenfeinde
- 1920 Meine frühesten Erlebnisse
- 1924 Prometheus der Dulder
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tyler Wasson, Gert H. Brieger, ed. (1987). Nobel Prize Winners: An H.W. Wilson Biographical Dictionary 1. H.W. Wilson. p. 1000. ISBN 9780824207564.
In 1863 Spitteler acceded to his father's wishes and entered the University of Zurich, where he studied law. Between 1865 and 1870 he studied theology in Zurich, Heidelberg, and Basel in preparation for the ministry
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía oficial (en inglés)