Saltar ao contido

Erik Axel Karlfeldt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErik Axel Karlfeldt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1864 Editar o valor en Wikidata
Folkärna, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Engelbrekt church parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFolkärna Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Swedish Academy permanent secretary (en) Traducir
1913 – 1931
← Carl David af Wirsén (pt) TraducirPer Hallström (pt) Traducir →
Seat 11 of the Swedish Academy (en) Traducir
20 de decembro de 1904 – 8 de abril de 1931
← Clas Theodor Odhner (en) TraducirTorsten Fogelqvist (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeGerda Karlfeldt Editar o valor en Wikidata
ParellaAagot Vilhelmine Klaveness Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Academia Sueca, lang: lingua sueca Editar o valor en Wikidata
BNE: XX985482 Musicbrainz: 4ae85bb8-fbc6-4930-900d-52d188b0edc9 Discogs: 1493392 IMSLP: Category:Karlfeldt,_Erik_Axel WikiTree: Eriksson-3483 Find a Grave: 7900475 Editar o valor en Wikidata

Erik Axel Karlfeldt, nado en Karlbo o 20 de xullo de 1864 e finado en Estocolmo o 8 de abril de 1931, foi un poeta sueco, secretario da Academia Sueca e premio Nobel de Literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia de mineiros, estudou na Universidade de Uppsala e, máis tarde, deu clases nunha escola de Djursholm, suburbio de Estocolmo, e nunha escola para adultos. Traballou para a Biblioteca Real de Suecia, en Estocolmo.

En 1904, Karlfeldt foi escolleito membro da Academia Sueca, ocupando a cadeira número 11. En 1905 foi elixido membro do Instituto Nobel da Academia e, en 1907, do Comité Nobel. En 1912 foi escollido para secretario permanente da Academia, posto que mantivo até a morte.

A Universidade de Uppsala, alma máter de Karlfeldt, galardoouno co título de Doctor honoris causa en 1917. En 1931 foi galardoado co premio Nobel de Literatura, honra que rexeitara en 1918.[1]

Como poeta, acadou desde o principio gran popularidade, figurando hoxe en día como un dos máis poetas suecos máis importantes, dotado cun gran sentido do humor e da fantasía, como se reflicte en Fridolins visor (Baladas de Fridolín, 1898), en Fridolins lustgård (O xardín de Fridolín, 1901), Flora och Pomona (1906) e Flora och Bellona (1918). A natureza e a vida no campo acostuman ser os temas principais das súas obras.

  • Vildmarks- och kärleksvisor (1895)
  • Fridolins visor och andra dikter (1898)
  • Fridolins lustgård och Dalmålningar på rim (1901)
  • Flora och Pomona (1906)
  • Flora och Bellona (1918)
  • Hösthorn (1927)
  1. Karlfeldtsamfundet Arquivado 26 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. (en sueco)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Clas Theodor Odhner
Membro electo da Academia Sueca,
Asento N° 11

1904-1931
Sucesor:
Torsten Fogelqvist