Castelán peruano
Castelán peruano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español peruano | |
Falado en: | Perú | |
Total de falantes: | 24 millóns (2014) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán peruano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Perú | |
Regulado por: | Academia Peruana da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán peruano é o nome co que se coñece a un conxunto de variedades do castelán falado no Perú. O castelán é falado no país dende a invasión dos conquistadores españois en 1532. Existen catro variedades principais faladas no país, o castelán andino, o castelán costeiro peruano, o castelán andino-costeiro e o castelán amazónico.
Historia
[editar | editar a fonte]A lingua castelá chegou ao Perú coa conquista en 1532 nos seus dialectos estremeño, andaluz e canario da época, recibindo pouco despois forte influencia do castelán da meseta.[1]
Nun principio foi falado só polos españois e os mestizos das cidades, xa que no eido rural andino continuou a falarse o quechua, o aimará e as demais linguas indíxenas por catro séculos, sendo maioritarias até a primeira metade do século XX. Despois diso,[2] a discriminación antiindíxena, a imposición do castelán por parte do goberno peruano, a irrupción dos medios de comunicación masiva e a migración rural a partir de 1940, reconfiguran o mapa dialectal do país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garatea Grau, Carlos. (2010). "Español de América: No una sino varias normas p. 281". Tras una lengua de Papel . El español del Perú. Lima: Fondo Editorial Pontificia Universidad Católica del Perú. ISBN 978-9972-42-923-1.
- ↑ Miranda Esquerre, Luis. (1998). La entrada del español en el Perú p. 101, 111. Lima: Juan Brito/ Editor. ISBN 9972-702-00-6.