Castelán portorriqueño
Aparencia
Castelán portorriqueño | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español portorriqueño | |
Falado en: | Porto Rico | |
Total de falantes: | 3,3 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán portorriqueño | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Porto Rico | |
Regulado por: | Academia Portorriqueña da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán portorriqueño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Porto Rico, así como polos descendentes de portorriqueños fóra da illa, principalmente nos Estados Unidos de América.[2] Pertence ao grupo do castelán caribeño, e como tal, deriva en gran medida do castelán canario e do andaluz. Fóra de Porto Rico, o castelán portorriqueño é a variedade falada polos migrantes que habitan en cidades como Orlando, Nova York, Filadelfia, Miami, Tampa, Boston, Cleveland ou Chicago. Porén, non tódolos portorriqueños fóra da illa coñecen o castelán, xa que ao contrario que os insulares, falan principalmente inglés.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
- ↑ "U.S. Census, The Hispanic Population in the United States: 2004 Detailed Tables, Section I, Table 1.2". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ Duany, Jorge. "THE PUERTO RICAN DIASPORA TO THE UNITED STATES: A POSTCOLONIAL MIGRATION?" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2020. Consultado o 03 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Navarro Tomás, Tomás (1948). El español en Puerto Rico: Contribución a la geografía lingüística de Hispanoamérica. Río Piedras: Universidad de Puerto Rico.