Saltar ao contido

Gran Premio da Arxentina de 1997

Modelo:Competición deportivaGran Premio da Arxentina de 1997
Nome oficialXX Gran Premio Marlboro de la Republica Argentina Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio da Arxentina Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1997 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento72 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222 Editar o valor en Wikidata
PaísArxentina Editar o valor en Wikidata
Data13 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Pole positionJacques Villeneuve Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaGerhard Berger Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio da Arxentina de 1997 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un celebrada o 13 de abril de 1997 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires, Arxentina. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1997 e o 600º Gran Premio do Campionato do Mundo desde o seu inicio. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto de Williams Jacques Villeneuve despois de que comezase desde a pole position. Eddie Irvine terminou segundo para o equipo Ferrari e o piloto de Jordan Ralf Schumacher chegou na terceira posición.

Pre-Carreira

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos comentarios antes do gran premio eran sobre Heinz-Harald Frentzen e Eddie Irvine e os seus pobres comezos na tempada. A pesar de saír do negocio, o director do equipo Lola [[Eric Broadley] estaba seguro de que o equipo podería volver a estar funcionando no Gran Premio de San Marino, aínda que cun novo patrocinador principal. O equipo Tyrrell tamén causou un gran revuelo tras chegar ao gran premio con catro novas ás no coche, dúas no morro e outras dúas ao lado da cabeza dos pilotos. Semellaron a á-X e pronto se usou como alcume. A sesión de práctica non trouxo sorpresas cos dous Williams primeiro e segundo.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que na sesión de prácticas, Williams volveu a estar na primeira fila, con Jacques Villeneuve na pole. A primeira sorpresa real do fin de semana foi o desempeño de Olivier Panis no Prost, que conseguiu cualificar no terceiro lugar. Outro rendemento forte foi o quinto lugar de Rubens Barrichello no Stewart. Como era de esperar, os dous McLarens clasificáronse mal, queixándose do mal manexo na superficie accidentada. O tempo máis lento de volta de Pedro Diniz sería suficiente para poñelo na pole na carreira do ano anterior.

Cando se apagaron as luces vermellas, Jacques Villeneuve saíu limpamente da primeira curva e comezou a afastarse dos outros pilotos dianteiros. Michael Schumacher case colisionou con Panis, pero o francés saíuse da trazada para perder uns poucos lugares antes que chocar co Ferrari. Chegando á primeira curva, Michael Schumacher estaba xunto ao seu compañeiro Irvine e Rubens Barrichello. Con todo, Michael entón virou e estrelouse contra a parte traseira do coche de Barrichello facendo que o brasileiro trompeara e Michael se retirara. Barrichello entrou en boxes a cambiar o morro dianteiro e saíu de novo. Pero na melé, Coulthard estrelouse contra a parte traseira do Jordan de Ralf Schumacher, rasgando a súa roda dianteira e deixandoo fóra da carreira. A pista era intransitable e os pilotos tiveron que meterse pola herba para rodear o incidente, polo que saíu o Safety Car. No reinicio logo de 4 voltas, Villeneuve volveu a afastarse de Frentzen e Panis, pero a carreira de Frentzen finalizou na 6ª volta con problemas de aceleración. A oportunidade de vitoria para o Prost terminou na 18ª volta, tamén con problemas de aceleración. Na volta 24 os dous Jordans chocaron e [Giancarlo Fisichella]] tivo que retirrse da carreira. Hill, que chegou ata o cuarto posto, retirouse cun fallo de motor na volta 33. Aínda que nas últimas voltas, Irvine pechou a diferenza con Villeneuve, o canadense mantivo a presión e gañou o sexto premio da súa carreira. Irvine rematou en segundo lugar, o mellor final da súa carreira nese momento, con Ralf Schumacher logrando o seu primeiro podio en terceiro lugar.

Post-carreira

[editar | editar a fonte]

Os comentarios de antes da carreira sobre o futuro de Heinz-Harald Frentzen e Eddie Irvine, se tranquilizaron logo da carreira. A gran carreira do alemán mellorou a relación con Williams, mentres que o segundo de Irvine significou que a prensa italiana xa non pedira o seu despido.

Houbo rumores de descontento no equipo Jordan polo choque e o equipo non saltou ao muro de boxes para celebrar o podio de Ralf Schumacher, pero o equipo asegurou que isto foi debido á superstición despois de que Rubens Barrichello perdera o 3º lugar no Gran Premio de Hungría de 1995, aínda que en posteriores carreiras o equipo asomouse á espera dos seus coches no muro de boxes se estaban no top 3.

No podio os organizadores sacaron erroneamente a bandeira de Irlanda en lugar da Union Jack, como se mostraba habitualmente, para Eddie Irvine. Aínda que o propio Irvine, de Irlanda do Norte, se identifícase como irlandés a pesar de ter pasaporte británico, a casa dos seus pais no Condado de Down foi branco dos lealistas do Ulster xa que sentían que foran traizoados polo piloto de Ferrari. Posteriormente, Irvine solicitou unha bandeira branca cun trevo para ser usada se conseguía outro podio. Con todo, a FIA insistiu en que se empregase Union Jack no futuro.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:24.473
2 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 1:25.271 +0.798
3 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 1:25.491 +1.018
4 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:25.773 +1.300
5 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:25.942 +1.469
6 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 1:26.218 +1.745
7 6 Eddie Irvine Ferrari 1:26.327 +1.854
8 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:26.564 +2.091
9 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 1:26.619 +2.149
10 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:26.799 +2.326
11 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 1:27.076 +2.603
12 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 1:27.259 +2.786
13 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 1:27.281 +2.808
14 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 1:27.690 +3.217
15 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 1:28.035 +3.562
16 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 1:28.094 +3.621
17 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:28.135 +3.662
18 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 1:28.160 +3.687
19 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 1:28.224 +3.751
20 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 1:28.366 +3.893
21 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 1:28.413 +3.940
22 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 1:28.696 +4.496
Fonte:[2]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Jacques Villeneuve Williams-Renault 72 1:52:01.715 1 10
2 6 Eddie Irvine Ferrari 72 +0.979 7 6
3 11 Alemaña Ralf Schumacher Jordan-Peugeot 72 +12.089 6 4
4 16 Johnny Herbert Sauber-Petronas 72 +29.919 8 3
5 9 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 72 +30.351 17 2
6 8 Austria Gerhard Berger Benetton-Renault 72 +31.393 12 1
7 7 Francia Jean Alesi Benetton-Renault 72 +46.359 11
8 19 Finlandia Mika Salo Tyrrell-Ford 71 +1 volta 19
9 21 Italia Jarno Trulli Minardi-Hart 71 +1 volta 18
10 23 Dinamarca Jan Magnussen Stewart-Ford 66 Motor 15
Ret 17 Italia Nicola Larini Sauber-Petronas 63 Trompo 14
Ret 2 Pedro Diniz Arrows-Yamaha 50 Motor 22
Ret 15 Shinji Nakano Prost-Mugen-Honda 49 Motor 20
Ret 18 Países Baixos Jos Verstappen Tyrrell-Ford 43 Motor 16
Ret 20 Ukyo Katayama Minardi-Hart 37 Trompo 21
Ret 1 Damon Hill Arrows-Yamaha 33 Motor 13
Ret 12 Italia Giancarlo Fisichella Jordan-Peugeot 24 Colisión 9
Ret 22 Rubens Barrichello Stewart-Ford 24 Hidráulica 5
Ret 14 Francia Olivier Panis Prost-Mugen-Honda 18 Eléctrico 3
Ret 4 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Williams-Renault 5 Embrague 2
Ret 5 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 0 Colisión 4
Ret 10 David Coulthard McLaren-Mercedes 0 Colisión 10
Fonte:[3]

Récords:

  • Ralf Schumacher foi o piloto máis novo do podio.
  • Este foi o 600º Premio na historia de Fórmula Un.

Fitos: Jordan 100ª carreira; Rothmans Williams-Renault 100ª Pole position; Gerhard Berger 20ª Volta rápida.

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1997
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1997
Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1997
Carreira anterior:
Gran Premio da Arxentina de 1996
Gran Premio da Arxentina Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1998
  1. "Irvine refuses to make issue of flag choice". irishtimes.com. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  2. "1997 Argentine GP Qualifying". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-06. 
  3. "1997 Argentine Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Detalles da carreira: "1997 Argentine GP". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-06.