Guaguancó
O guaguancó é un tipo de rumba orixinaria de Cuba, de cando o tempo da abolición da escravitude na illa, contra o 1886. O guaguancó representa unha fusión de varios rituais profanos afro-cubanos coñecidos como rumbas.
Historia
[editar | editar a fonte]Boa parte dos guaguancós eran composicións anónimas. As máis antigas datan de finais da era colonial española na illa e coñécense como "rumbas do tempo de España". A pesar dos seus ritmos netamente africanos, o guaguancó revela certas influencias españolas, especialmente nas súas manifestacións flamencas e das décimas campesiñas nos textos.
Baile
[editar | editar a fonte]Os bailadores do guaguancó móvense ao ritmo dos instrumentos de percusión rodeados dun coro dirixido por un solista, realizando unha coreografía altamente erótica. O home vai na procura da muller con fortes movementos pélvicos moi expresivos. Ela fai por evadilo e rexeitalo, malia que finalmente é sometida aos seus avances. O acto final da danza, significando a conquista realizada, coñécese como o vacunao.