Matthew Bellamy
(2019) | |
Nome orixinal | (en) Matt Bellamy |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Matthew James Bellamy 9 de xuño de 1978 (46 anos) Cambridge, Reino Unido |
Educación | Teignmouth Community School (en) Exeter College, Exeter (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, director de orquestra, compositor de cancións, compositor, cantante, pianista, letrista |
Período de actividade | 1994 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, rock progresivo, música clásica e hard rock |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, piano, teclado, clarinete, Mandolina, keytar (pt) , voz e teclado |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Warner Records |
Familia | |
Cónxuxe | Elle Evans (2019–) |
Parella | Kate Hudson (2010–2014) |
Pai | George Bellamy |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Matthew James Bellamy, nado o 9 de xuño de 1978 en Cambridge, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista, guitarrista, pianista e principal compositor da banda de rock alternativo Muse.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]O seu pai, George Bellamy, era guitarrista no grupo The Tornados, o primeiro grupo do Reino Unido en ser nº 1 nas listas de vendas dos Estados Unidos[1]. A súa nai, Marilyn, naceu en Belfast e mudouse a Inglaterra nos anos 70. No seu primeiro día en Inglaterra coñeceu a George Bellamy, mentres traballaba como taxista en Londres. Mudáronse a Cambridge, onde Paul, o irmán máis vello de Matt, naceu en 1976.
En 1988 mudáronse a Teignmouth, Devon. Con 14 anos os seus pais divorciáronse, e foi vivir coa súa avoa durante un tempo.
"Estábase ben en casa, clase media, tiñamos cartos", dixo Matthew. "Creo que tiña case todo o que quería ata os 14 anos, si. Entón, todo cambiou, os meus pais divorciáronse, fun vivir coa miña avoa, e non había moitos cartos. Teño unha irmá maior ca min, a miña medio irmá: o meu pai tívoa antes de casar, e tamén un irmán menor. Ata os 14, a música era parte da miña vida, e chegouse a converter nunha necesidade"[Cómpre referencia].
Aínda que Matthew probara co piano desde neno nunca lle interesou ata que o seu irmán o obrigou a inscribirse nun concurso, que gañou. Nese momento comezou a aspirar a ser un compositor de música clásica, ata que viu un concerto de Rage Against the Machine e sorprendeuno a actuación de Tom Morello, unha das súas principais influencias para a guitarra[Cómpre referencia]. Con 14 anos fixo unha proba para entrar na banda de Dominic Howard, actual batería de Muse[Cómpre referencia].
Influencias
[editar | editar a fonte]Bellamy usa altas liñas vogais como referencia de Muse. Este falsetto é unha característica principal do grupo. O seu estilo vogal foi comparado ao de Thom Yorke de Radiohead, Freddie Mercury de Queen e ao de Jeff Buckley, ao que Bellamy citou como maior influencia[Cómpre referencia].
As súas composicións no piano foron inspiradas por pianistas como Serguéi Rachmáninov, e como resultado dunha fusión do estilo Romántico con rock naceron moitas cancións de Muse, como "Space Dementia" ou "Butterflies and Hurricanes"[Cómpre referencia]. Esta última contén un pequeno intermedio que recorda a unha composición de Rachmaninoff[Cómpre referencia].
Bellamy citou algúns guitarristas que o influíron, como Jimi Hendrix ou Tom Morello. Deste último nótase especialmente a influencia nos riffs das cancións do segundo álbum de Muse, Origin of Symmetry[Cómpre referencia].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Revelation on stage" en This is London (en inglés)