Tánxer
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
طنجة (ar) ⵟⴰⵏⵊⴰ (tzm) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Monarquía constitucional | Marrocos | |||
Rexión | Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | |||
Prefectura | Tânger-Azilal (pt) | |||
Capital de | Tânger-Tetuão (pt) Tânger-Azilal (pt) Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma Zona Internacional de Tânger (pt) (1923–1940) Zona Internacional de Tânger (pt) (1945–1956) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 947.952 (2014) (4.751,64 hab./km²) | |||
Número de fogares | 362.062 (2024) | |||
Lingua usada | árabe magrebí Língua gomara (pt) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 199,5 km² | |||
Altitude | 56 m-80 m | |||
Creación | século V a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 90000, 90010, 90020, 90030, 90040, 90050, 90060, 90070, 90080, 90090 e 90100 | |||
Fuso horario | ||||
ISO 3166-2 | MA-TNG | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Bizerta (pt) Pasadena Moulins Bombai Saint-Denis Beaugency Aartselaar Metz Alxeciras Casablanca Cádiz Faro Liexa (2006–) Sint-Joost-ten-Node (2014–) | |||
Tánxer[1][2] (en árabe: طنجة Ṭanjah; en bérber: ⵟⴰⵏⵊⴰ Ṭanja) é unha cidade ao norte de Marrocos, capital da rexión de Tánxer-Tetuán. Está situada na costa norteafricana, á entrada do estreito de Xibraltar. Contaba en 2004 cunha poboación de 669.680 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada por colonizadores cartaxinenses a comezos do século V a.C. O seu nome posiblemente deriva da deusa berber Tinjis (ou Tinga). No primeiro século a.C., pasou a estar gobernada polos romanos. No mandato de Augusto, a colonia foi a capital da provincia de Mauretania Tingitana. No século V, os vándalos conquistaron e ocuparon "Tingi". Un século despois pasou a formar parte do Imperio bizantino, pouco antes de estar controlada e islamizada polos árabes da dinastía Omeia no 702.
Na Baixa Idade Media, Tánxer pasou a pertencer, desde 1471, a Portugal, despois de varios intentos errados, até que en 1661 pasou a Carlos II de Inglaterra como parte do dote da infanta portuguesa Catarina de Braganza. Non obstante, o dominio inglés sobre a cidade durou pouco tempo. En 1679 o sultán Moulay Ismail de Marrocos tentou sen éxito ocupar a cidade, pero mantivo un gran bloqueo que finalmente levou á retirada inglesa o día 6 de febreiro de 1684.
Século XX
[editar | editar a fonte]Xa no século XX, Tánxer estivo na base dunha crise internacional que precede á I Guerra Mundial, debido a que o káiser Guillerme II quixo establecer alí intereses alemáns, indo contra os intereses de Francia, que tentaba tamén controlar o sultanato.
Tras converterse Marrocos nun protectorado francés en 1912, a cidade acabou por ser declarada zona internacional, administrada polo Reino Unido, España, Francia, a partir de 1923 tamén por Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Estados Unidos e, desde 1945, Unión Soviética. Foi despois unida ao reino de Marrocos, cando a independencia deste en 1956.
Economía
[editar | editar a fonte]Tánxer é o segundo centro industrial máis importante de Marrocos, despois de Casablanca, con industrias téxtil, química, metalúrxica e naval. Actualmente, a cidade posúe dous parques industriais, que teñen o estatuto de zona Franca.
A economía de Tánxer baséase fortemente no turismo. O número de resorts á beira do mar vén aumentando, con proxectos patrocinados por investimentos estranxeiros. Compañías do sector inmobiliario e do sector de construción civil están investindo cada vez máis na infraestrutura turística.
O comercio artesanal na cidade vella (Medina) especializouse principalmente en produtos de coiro, manufacturas de madeira e prata, roupas tradicionais, e calzado. A agricultura da área basicamente produce cereais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tanxerino.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tánxer |