Aeroporto de Lión-Saint Exupéry
O aeroporto de Lión-Saint Exupéry (IATA: LYS, ICAO: LFLL), anteriormente coñecido como aeroporto de Lión-Satolas, é o aeroporto internacional de Lión, a terceira cidade máis grande de Francia e un importante centro de transporte para toda a rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Atópase en Colombier-Saugnieu, a 20 km ao sueste do centro de Lión. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 10 280 192 pasaxeiros.[1]
Aeroporto de Lión-Saint Exupéry Aéroport Lyon-Saint Exupéry
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Aéroport de Lyon | ||
Cidade/Illa | Lión | ||
Localización | Colombier-Saugnieu | ||
Elevación (msnm) | 250 metros / 821 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17R/35L | 4 000 | 13 124 | asfalto |
17L/35R | 2 670 | 8 760 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 10 280 192[1] |
Historia
editarPrimeiros anos
editarO aeroporto foi inaugurado polo presidente Valéry Giscard d'Estaing o 22 de abril de 1975 e abriuse para os pasaxeiros unha semana despois. Deseñouse para substituír o antigo aeroporto de Lión-Bron, que non podía ampliarse xa que estaba situado nunha área urbana.
No ano 1994 a liña de alta velocidade LGV Ródano-Alpes comezou a dar servizo ao aeroporto, proporcionándolle trens directos a París e Marsella. Dende 1997 vén sendo unha cidade focal para a aeroliña Air France.
Desenvolvemento dende os anos 2000
editarO aeroporto inicialmente chamouse aeroporto de Lión-Satolas, pero no ano 2000 tanto o aeroporto como a estación de tren bautizáronse na honra do pioneiros da aviación e escritor lionés Antoine de Saint-Exupéry ao cumprirse o centenario do seu nacemento.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Algérie Cargo | Alxer, Orán |
ASL Airlines Belgium | Liexa, Tunes |
ASL Airlines France | París-Charles de Gaulle |
DHL Aviation operado por DHL Air UK |
Leipzig/Halle |
Emirates SkyCargo | Dubai-Al Maktoum |
FedEx Express operado por ASL Airlines Ireland |
Marsella, París-Charles de Gaulle |
UPS Airlines operado por Star Air |
Colonia/Bonn, Tolosa |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Union des aéroports français (ed.). "Statistiques annuelles - Aéroport de Lyon-Saint Exupéry". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Air Info (ed.). "Nouvelair ouvre Lyon-Monastir". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ S7 Airlines (ed.). "Франция, Лион, Лионский аэропорт им. Сент-Экзюпери (LYS)Поменять местамиРоссия, Санкт-Петербург, Пулково (LED)". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Routes Online (ed.). "Smartwings adds various French routes in S17". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "TUI Belgium outlines S17 new French / Italian routes". Consultado o 5 de marzo de 2018.