Suráfrica
A República de Suráfrica[1] é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.
Suid-Afrika (af) South Africa (en) uMzantsi Afrika (xh) iNingizimu Afrika (zu) iNingizimu Afrika (ss) iSewula Afrika (nr) Aforika Borwa (tn) Afrika Borwa (st) Afrika Borwa (nso) Afurika Tshipembe (ve) Afrika-Dzonga (ts) | |||||
Himno | Nkosi Sikelel' iAfrika | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unidos na diversidade» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Pretoria Bloemfontein Cidade do Cabo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 62.027.503 (2022) (50,8 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua africáner Lingua ndebele meridional Lingua sotho do norte Lingua sotho Lingua suazi Lingua tsonga Lingua tswana Lingua venda Lingua xhosa Lingua zulú Lingua de sinais surafricana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.221.037 km² | ||||
Bañado por | océano Atlántico sur e Océano Índico | ||||
Altitude | 1.037 m | ||||
Punto máis alto | Mafadi (3.450 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de maio de 1910 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Freedom Day (en) (27 de abril) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Xuventude (16 de xuño) National Women's Day (en) (9 de agosto) Heritage Day (en) (24 de setembro) Dia da Reconciliação (pt) (16 de decembro) Nadal (25 de decembro) Day of Goodwill (en) (26 de decembro) Family Day (pt) (Easter + 1 day (en) ) Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria democracia representativa | ||||
Órgano executivo | governo da África do Sul (pt) | ||||
• Presidente | Cyril Ramaphosa (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da África do Sul (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Corte Constitucional da África do Sul (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 419.015.636.065 $ (2021) | ||||
Moeda | Rand surafricano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .za | ||||
Prefixo telefónico | +27 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | ZA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gov.za | ||||
Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.
Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos dun euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.
Etimoloxía
editarO nome "Suráfrica" provén da situación xeográfica do país no extremo sur do continente africano. Trala constitución do país chamouse Unión Surafricana, reflectindo así a súa orixe pola unión de catro antigas colonias británicas. Dende 1961 a forma longa do nome é "República de Suráfrica". En inglés coñécese como Republic of South Africa, mentres que en neerlandés chamouse Republiek van Zuid-Afrika até 1983, cando foi substituído pola forma en afrikaans Republiek van Suid-Afrika. Dende 1994 a "República de Suráfrica" ten nome oficial en cada unha das súas 11 linguas oficiais, que son os seguintes:
Lingua | Forma longa | Forma curta |
---|---|---|
Afrikaans | Republiek van Suid-Afrika | Suid-Afrika |
Inglés | Republic of South Africa | South Africa |
Sotho do norte | Repabliki ya Afrika-Borwa | Afrika Borwa |
Ndebele do sur | IRiphabliki yeSewula Afrika | iSewula Afrika |
Sotho | Rephaboliki ya Afrika Borwa | Afrika Borwa |
Suazi | iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika | iNingizimu Afrika |
Tsonga | Riphabliki ra Afrika Dzonga | Afrika-Dzonga |
Tswana | Rephaboliki ya Aforika Borwa | Aforika Borwa |
Venda | Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe | Afurika Tshipembe |
Xosa | iRiphabliki yomZantsi Afrika | uMzantsi Afrika |
Zulú | iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika | iNingizimu Afrika |
Mzansi, que deriva do termo xosa uMzantsi e significa "sur", é un nome coloquial para Suráfrica.[2][3]
Historia
editar- Artigo principal: Historia de Suráfrica.
África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xosa e os zulús. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.
Véxase tamén a historia do Apartheid
Política
editarO goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, aínda que o Presidente de Suráfrica é ó mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.
A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu o Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias de África do Sur, alén das grandes cidades.
Cada provincia de África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).
Xeografía
editarÁfrica do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira con Botswana e Zimbabwe.
O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.
A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.
Divisións administrativas
editar- Artigo principal: Organización territorial de Suráfrica.
Cabo Setentrional Noroeste Gauteng Limpopo Mpumalanga | KwaZulu-Natal Cabo Oriental Estado Libre Cabo Occidental |
Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar os antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Suráfrica. Para acabaren con isto, aboliron as catro antigas provincias de Suráfrica (Provincia do Cabo, Provincia de Natal, Estado Libre de Orange e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para dar unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios. cont As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:
Provincia | Antigas provincias | Capital | Área (km²) | Área (mi²) | Poboación (2001) |
---|---|---|---|---|---|
O Cabo Oriental | Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei | Bisho | 169 580 | 65 475 | 6 436 761 |
Estado Libre | Estado Libre de Orange, QwaQwa | Bloemfontein | 129 480 | 49 992 | 2 706 776 |
Gauteng | Transvaal | Xohanesburgo | 17 010 | 6 568 | 8 837 172 |
KwaZulu-Natal | Natal, KwaZulu | Pietermaritzburg | 92 100 | 35 560 | 9 426 018 |
Limpopo | Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu | Polokwane | 123 900 | 47 838 | 5 273 637 |
Mpumalanga | Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa | Mbombela | 79 490 | 30 691 | 3 122 994 |
O Cabo Setentrional | Provincia do Cabo | Kimberley | 361 830 | 139 703 | 822 726 |
Noroeste | Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana | Mafikeng | 116 320 | 44 911 | 3 669 349 |
O Cabo Occidental | Provincia do Cabo | Cidade do Cabo | 129 370 | 49 950 | 4 524 335 |
Total | 1 219 080 | 470 688 | 44 819 768 |
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Suráfrica.
Suráfrica posúe unha economía mixta que é a segunda máis grande de África despois de Nixeria. Tamén ten un Produto Interior Bruto elevado se se compara con outros países da África subsahariana. Malia isto, Suráfrica aínda padece unha alta taxa de pobreza e desemprego, situándose como un dos dez países do mundo con maior desigualdade económica,[4] segundo o Coeficiente de Gini.
Ao contrario da maioría dos países pobres do mundo, Suráfrica non ten unha economía informal importante, xa que segundo as estimacións da OCDE, só un 15% dos empregos de Suráfrica pertencen ao sector informal, unha porcentaxe moi baixa cando se compara co 50% do Brasil e a India ou o 75% de Indonesia. A OCDE atribúe esta diferenza a que Suráfrica ten un sistema de benestar máis xeneralizado.[5] As investigacións do Banco Mundial amosan que Suráfrica ten unha das maiores diferenzas entre o Produto Nacional Bruto per capita e o Índice de Desenvolvemento Humano, fenda só superada por Botswana.[6]
Despois de 1994, as políticas do goberno reduciron a inflación, estabilizaron as finanzas públicas e atraeuse capital estranxeiro, aínda que o crecemento económico estivo por debaixo da media.[7] Dende o 2004 a economía repuntou de modo significativo, cun consecuente incremento do emprego.[7] Porén, os inmigrantes ilegais están implicados principalmente no comercio informal e a economía somerxida, polo que moitos seguen a vivir en malas condicións. Ademais, as políticas migratorias tornaron máis restritivas a partir de 1994.[8]
Suráfrica tamén é un destino turístico popular e unha boa parte dos ingresos do país proveñen do turismo.[9] Os principais países cos que comercia Suráfrica sen contar outros países africanos son Alemaña, os Estados Unidos, a China, o Xapón, o Reino Unido e España.[10]
A agricultura contribúe ao 10% do emprego formal do país, sendo esta unha porcentaxe relativamente baixa en comparanza a outras partes de África. Non obstante, tamén dá traballo a moitos temporeiros e supón o 2,6% do PIB do país.[11] Por mor do clima árido, só o 13,5% do solo pode ser empregado para cultivos e tan só o 3% da terra ten alto potencial de cultivo.[12]
En agosto de 2013 Suráfrica foi posicionado como o mellor país africano para o futuro segundo a revista FDi, tendo en conta o seu potencial económico, o medio laboral, a rendibilidade, as infraestruturas e as estratexias de investimento estranxeiro directo.[13] O Índice de Opacidade Financeira sitúa a Suráfrica como 36º paraíso fiscal máis seguro do mundo, por diante de Filipinas e por detrás das Bahamas.
Demografía
editar- Artigo principal: Demografía de Suráfrica.
<1 /km2 1–3 /km2 3–10 /km2 10–30 /km2 30–100 /km2 | 100–300 /km2 300–1000 /km2 1000–3000 /km2 >3000 /km2 |
Segundo o último censo de poboación de 2011, Suráfrica contaba con preto de 52 millóns de habitantes con diferentes orixes, culturas, linguas e relixións. Nunha estimación realizada en 2014 o número ascendía a 54 millóns.[14]
Suráfrica tamén é fogar duns 5 millóns de inmigrantes ilegais, dos que arredor de 3 millóns son do veciño Cimbabue.[15] O 11 de maio de 2008 producíronse unha serie de disturbios violentos contra os inmigrantes, sendo o foco a cidade de Alexandra, preto de Xohanesburgo. Nas seguintes semanas a violencia espallouse pola provincia de Gauteng e nas cidades costeiras de Durban e Cidade do Cabo.[16][17]
Na elaboración do censo, o Servizo Nacional de Estatística de Suráfrica pregunta á poboación que se describa a si mesma segundo cinco grupos raciais.[18] No censo de 2011, os datos amosaron unha composición da poboación na que o 79,2% da poboación era de orixe negra africana, o 8,9% de orixe europea, outro 8,9% de orixe mixta, o 2,5% da India ou do sueste asiático e un 0,5% que se definiu como Outro/Sen especificar.[19] O primeiro censo que se realizou en Suráfrica foi en 1911, e nel amosábase que a poboación de ascendencia europea ascendía ao 22%, baixando até un 16% en 1980.[20]
Suráfrica tamén acolle un número importante de refuxiados e persoas que precisan asilo político. Segundo o World Refugee Survey 2008, publicado polo Comité dos Estados Unidos de América para refuxiados e inmigrantes, está poboación ascendía a 144.700 persoas en 2007.[21] Os diferentes grupos de refuxiados e solicitantes de asilo ascenden a máis de 10.000 persoas, nos que se inclúen 48.400 de Cimbabue, 24.800 da República Democrático do Congo e 12.900 de Somalia.[21] A meirande parte viven en Xohanesburgo, Pretoria, Durban, Cidade do Cabo e Porto Elizabeth.[21] Algúns refuxiados tamén comezaron a establecerse e vivir en zonas rurais como Mpumalanga, KwaZulu-Natal e Cabo Oriental.
Cultura
editarLinguas
editarSuráfrica ten 11 linguas oficiais: inglés, afrikaans, zulú, suazi, ndebele do sur, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana, venda e xosa.
O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele do norte, phuthi, lingua de signos surafricana, khoe, nama e san. Estas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.
Educación
editarSuráfrica posúe un sistema educativo que se estrutura en tres etapas diferentes. A primeira delas e a educación primaria, seguida da educación secundaria e a educación universitaria. Hai doce cursos na educación obrigatoria, que van dende o grao 1 até o 12. O Grao R é previo á educación primaria.[22] A educación primaria posúe sete cursos[23] e a secundaria cinco.
As universidades públicas de Suráfrica están divididas en tres tipos: as universidades tradicionais, que ofrecen graos universitarios orientados á teoría; as universidades tecnolóxicas, que ofrecen diplomas e graos vocacionais; e universidades integrais, que ofrecen ámbolos dous tipos de cualificación. Hai 23 universidades públicas en Suráfrica: 11 tradicionais, 6 tecnolóxicas e 6 integrais.
Durante o apartheid, as escolas para os negros eran suxeito de discriminación por medio de financiamentos insuficientes e un programa de estudos chamado Acta de Educación Bantú, que estaba deseñado para ofrecerlles aos estudantes unha formación como traballadores.[24]
No ano 2004 o país comezou a reformar a súa educación superior, incorporando pequenas universidades en institucións meirandes e renomeando todas as institucións de ensino superior como "universidade" para corrixir estes desequilibrios.
Entre os anos 2002 e 2005 Suráfrica destinou o 5,4% do seu PIB á educación[25] e a taxa de alfabetización en adultos era do 88,7% en 2007.[26]
Saúde
editarSegundo o Instituto Surafricano de Relacións Raciais, a esperanza de vida no 2009 era de 71 anos para os surafricanos brancos e de 48 para os surafricanos negros. O investimento en sanidade no país supón o 9% do PIB e, aínda así, só o 16% da poboación está cuberta nos plans de saúde.[27] Un 20% da poboación recorre á sanidade privada e o resto paga do seu peto ou utiliza plans de caixa hospitalaria.[28] Os tres grupos hospitalarios dominantes, Mediclinic, Life Healthcare e Netcare, controlan en conxunto o 75% do mercado e un 84% da poboación depende do sistema público de saúde, que está condicionado por unha escaseza crónica de recursos humanos e materiais.[29]
VIH/SIDA
editarDe acordo co informe de 2013 da ONUSIDA, Suráfrica tiña uns 6,3 millóns de habitantes afectados polo VIH, moitos máis que calquera outro país no mundo.[30] Do total de afectados, uns 360.000 eran menores de 14 anos.
Por outra banda, un estudo realizado no 2008 amosou que a infección de VIH/SIDA na poboación surafricana estaba moi diferenciada en liñas raciais: o 13,6% do surafricanos negros tiña VIH positivo, mentres que tan só o 0,3% dos surafricanos brancos o tiñan.[31] A maioría das mortes danse en persoas en idade laboral, o que supón que moitos orfos da SIDA dependan do estado para subsistir.[32]
A relación entre o VIH, un virus espallado principalmente por contacto sexual, e a SIDA foi negada durante moito tempo polo agora expresidente Thabo Mbeki e pola súa ministra de saúde Manto Tshabalala-Msimang, quen insistía en que moitas das mortes do país se producían por mor da malnutrición e a pobreza, e non polo VIH.[33]
Foi no 2007 cando o goberno comezou a facer esforzos para combater a SIDA, principalmente grazas á presión internacional.[34] Tralas Eleccións Xerais en Suráfrica de 2009, o presidente Jacob Zuma nomeou o doutor Aaron Motsoaledi como novo ministro de saúde e comprometeuse a aumentar o financiamento e ampliar o tratamento da SIDA.[35]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surafricano.
- ↑ Achille, Sarah (2008). Johannesburg: The Elusive Metropolis. Durham: Nuttall e Mbembé. p. 283. ISBN 9780822381211.
- ↑ "Mzansi DiToloki". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Distribution of family income – Gini index". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2013.
- ↑ "South Africa's economy: How it could do even better". The Economist. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "DEPWeb: Beyond Economic Growth". Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 "Economic Assessment of South Africa 2008: Achieving Accelerated and Shared Growth for South Africa". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ Mattes, Robert; Crush, Jonathan e Richmond, Wayne. "The Brain Gain: Skilled Migrants and Immigration Policy in Post-Apartheid South Africa". Southern African Migration Project, Queens College, Canada. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2005. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "SA Economic Research – Tourism Update" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2008. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "South Africa". The World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ Unequal protection the state response to violent crime on South African farms. Human Rights Watch. 2001. ISBN 1-56432-263-7.
- ↑ Mohamed, Najma (2000). Ben Cousins, ed. At the Crossroads: Land and Agrarian Reform in South Africa Into the 21st Century. ISBN 978-1-86808-467-8.
- ↑ "African Countries of the Future 2013/14". fDiIntelligence.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ ""Mid-year population estimates 2014"" (PDF). Statistics South Africa. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ Hurd, Emma. "Escape From Mugabe: Zimbabwe's Exodus". SkyNews. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "South African mob kills migrants". BBC. 12 de maio de 2008. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ Bearak, Barry (23 de maio de 2008). "Immigrants Fleeing Fury of South African Mobs". The New York Times. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ Lehohla, Pali (5 de maio de 2005). "Debate over race and censuses not peculiar to SA". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ Census 2011: Census in brief (PDF). Statistics South Africa. 2012localización=Pretoria. ISBN 9780621413885. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ =Study Commission on U.S. Policy toward Southern Africa (U.S.) (1981). South Africa: time running out: the report of the Study Commission on U.S. Policy Toward Southern Africa. p. 42. ISBN 0-520-04547-5.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "World Refugee Survey 2008". 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "A parent's guide to schooling". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Education in South Africa". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Bantu Education Act". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Human Development Report 2009– South Africa". Hdrstats.undp.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "National adult literacy rates (15+), youth literacy rates (15–24) and elderly literacy rates (65+)". UNESCO Institute for Statistics. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "What does the demand for healthcare look like in SA?" (PDF). Mediclinic Southern Africa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Motsoaledi to reform private health care". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "South Africa". ICAP at Columbia University. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "HIV and AIDS estimates (2013)". ONUSIDA. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "South Africa HIV & AIDS Statistics". AVERT.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "AIDS orphans". Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Sack SA Health Minister – world's AIDS experts". Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Situation Analysis. HIV & AIDS and STI Strategic Plan 2007–2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2013. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Zuma announces AIDS reforms". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suráfrica |
A Galipedia ten un portal sobre: Suráfrica |