John E. Walker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Ernest Walker 7 de xaneiro de 1941 (83 anos) Halifax, Reino Unido (pt) |
Educación | St Catherine's College (en) Rastrick High School (en) |
Director de tese | Edward Abraham (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | biólogo molecular, químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Wisconsin-Madison Universidade de Cambridge Universidade de Oxford |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Doutorando | Joel R. Meyerson (en) |
Outro | |
Título | Knight Bachelor (1999–) |
Premios | |
|
John Ernest Walker, nado o 7 de xaneiro de 1941 en Halifax, Inglaterra, é un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física, química e matemáticas no St Catherine's College, dependente da Universidade de Oxford, onde se doutorou en 1965.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a súa estancia en Oxford iniciou a súa colaboración con Edward Abraham acerca dos péptidos como antibióticos, así como tamén se interesou na bioloxía molecular. Logo de traballar entre 1969 e 1971 na Universidade de Wisconsin-Madison e dunha estancia en Francia entre aquel ano e 1974, entrou a traballar na Universidade de Cambridge. Alí coñeceu a Frederick Sanger e Francis Crick. Á beira destes realizou análise de secuencias de proteínas e puido descubrir o código xenético modificado da mitocondria, e en 1978 decidiu aplicar métodos químicos da proteína ás mesmas proteínas da membrana.
En colaboración co químico estadounidense Paul D. Boyer desenvolveu métodos para estudar a síntese química das encimas que catalitzan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos.
En 1997 foi galardoado, xunto con Paul D. Boyer, coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato. A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento da encima transportadora de iones de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Motivos Walker, motivos estruturais das proteínas que levan o seu nome.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1997 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1997 (en inglés)
- Perfil de John E. Walker en NNDB (en inglés)
Predecesor: Harold Walter Kroto, Robert Curl e Richard Errett Smalley |
Premio Nobel de Química 1997 con Paul D. Boyer e Jens Christian Skou |
Sucesor: Walter Kohn e John Pople |