John Kendrew
John Cowdery Kendrew, nado o 24 de marzo de 1917 en Oxford (Inglaterra) e finado o 23 de agosto de 1997 en Cambridge, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde se licenciou en 1939.
Durante a segunda guerra mundial prestou servizos no Ministerio de Produción Aeronáutica, inicialmente na súa investigacións acerca da cinética das reaccións e posteriormente no desenvolvemento do radar.
En 1940 alistouse nas investigacións operacionais da Royal Air Force (R.A.F.) inglesa, conseguindo o grao de comandante do aire da R.A.F.
Durante os anos da guerra, interesouse nos problemas bioquímicos e decidiu traballar nas estruturas das proteínas.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Adxunto de Max Ferdinand Perutz no Laboratorio de Bioloxía Molecular do Britain's Medical Research Council, colaborou con el no estudo da estrutura das proteínas dos glóbulos vermellos, realizando investigacións paralelas ás de Perutz sobre a proteína muscular denominada mioglobina. Os diagramas de difracción de raios X nas cadeas peptídicas que constitúen a molécula da mioglobina e na cal fixáronse previamente átomos pesados de ouro ou mercurio, permitíronlle dilucidar a estrutura espacial desta molécula en 1959. En 1962 compartiu con Perutz o Premio Nobel de Química por estes traballos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1962 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1962 (en inglés)
Predecesor: Melvin Calvin |
Premio Nobel de Química 1962 con Max Ferdinand Perutz |
Sucesor: Karl Ziegler e Giulio Natta |