Hartmut Michel
Hartmut Michel, nado o 18 de xullo de 1948 en Ludwigsburg (Alemaña) é un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1988.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bioquímica na Universidade de Tubinga, ampliando os seus estudos na Universidade de Würzburg, onde se doutorou en 1977. En 1979 integrouse no equipo investigador do Departamento de Bioquímica do Instituto Max Planck de Martinsried e desde 1987 é profesor de bioquímica na Universidade Johann Wolfgang Goethe
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]En 1985, en colaboración con Johann Deisenhofer e Robert Huber, descubriu a estrutura completa da proteína que se atopa na base do proceso de fotosíntese, a cal é capaz de converter a enerxía luminosa en enerxía química e que denominaron centro de reacción fotosintético. Mediante o uso da cristalografía de raios X conseguiron determinar a estrutura química dos máis de 10.000 átomos que compón o complexo desta proteína, conseguindo recrear a súa imaxe tridimensional. A súa investigación aumentou a comprensión xeral dos mecanismos da fotosíntese e revelaron parecidos entre os procesos fotosintéticos das plantas e das bacterias.
En 1988 foi galardoado, xunto aos seus compatriotas Deisenhofer e Huber, co Premio Nobel de Química pola determinación da estrutura tridimensional do centro da reacción fotosintética.
En 1986, recibiu o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz do Deutsce Forschungsgemeinschaft (Consello de Investigación Alemán), o maior galardón da investigación alemá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1988 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1988 (en inglés)
- Hartmut Michel en Biografías y vidas (en castelán)
- Perfil de Hartmut Michel en NNDB (en inglés)
Predecesor: Charles J. Pedersen, Jean-Marie Lehn e Donald James Cram |
Premio Nobel de Química 1988 con Johann Deisenhofer e Robert Huber |
Sucesor: Sidney Altman e Thomas Cech |