Saltar ao contido

Voltaire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
(Non se amosan 5 revisións feitas por 3 usuarios.)
Liña 1: Liña 1:
{{1000}}
{{1000}}
{{Biografía}}
{{Escritor
|nome_completo = François-Marie Arouet
|soterrado = [[Panteón de París]]
|nacionalidade = francesa
|lingua da escrita = [[lingua francesa|francés]]
|período = [[século XVIII]]
|movemento = [[Ilustración|Século das luces]]
|xéneros = [[Conto]]s, [[teatro]], [[poesía]], [[historia]] e [[panfleto]]
|obras = * ''[[Lettres philosophiques]]'' (1734)
* [[Zadig|''Zadig ou la Destinée'']] (1748)
* ''[[Cándido ou o optimismo]]'' (1759)
* ''[[Dictionnaire philosophique]]'' (1764)
* ''[[L'Ingénu|L’Ingénu]]'' (1767)
|alma_máter = [[Liceo Louis-le-Grand]]
|ocupación = [[Ensaio (literatura)|Ensaísta]], [[escritor]], [[filósofo]]
|premios = Orde do Mérito das Ciencias e das Artes<br/>Membro da Royal Society
}}

'''François-Marie Arouet''', nado en [[París]] o [[21 de novembro]] de [[1694]] e finado na mesma cidade o [[30 de maio]] de [[1778]], foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, [[Filosofía|filósofo]] e historiador [[Ilustración|ilustrado]] francés, máis coñecido co [[pseudónimo]] de '''Voltaire'''.
'''François-Marie Arouet''', nado en [[París]] o [[21 de novembro]] de [[1694]] e finado na mesma cidade o [[30 de maio]] de [[1778]], foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, [[Filosofía|filósofo]] e historiador [[Ilustración|ilustrado]] francés, máis coñecido co [[pseudónimo]] de '''Voltaire'''.


Liña 45: Liña 28:
==== Educación: os xesuítas e a sociedade libertina do Temple ====
==== Educación: os xesuítas e a sociedade libertina do Temple ====
[[Ficheiro:Hoffbauer-Brezet-Temple1734.jpg|miniatura|160px|O cercado do Temple, detalle do plano de [[Michel-Étienne Turgot|Turgot]], 1739. O palacio do gran prior atópase á dereita da porta de entrada]]
[[Ficheiro:Hoffbauer-Brezet-Temple1734.jpg|miniatura|160px|O cercado do Temple, detalle do plano de [[Michel-Étienne Turgot|Turgot]], 1739. O palacio do gran prior atópase á dereita da porta de entrada]]
Arouet pai quería dar ao seu fillo pequeno unha formación intelectual que estivese á altura dos dons que este manifestaba desde a súa máis nova idade. Aos dez anos, entrou nos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] do colexio ''Louis-le-grand'', o establecemento máis frecuentado e máis caro da capital. Os xesuítas ensináronlle latín, grego e [[retórica]], pero querían antes de todo formar persoas de mundo e iniciaban os seus alumnos nas artes sociais: confrontacións oratorias, defensas xudiciais, concurso de versificación e teatro, que ocupaba un amplo espazo na vida do colexio. Alumno brillante, enseguida fíxose soado pola súa facilidade de versificar, Arouet aí aprendeu a agradar e falar de igual a igual cos grandes. Teceu relacións de amizade e relacións precisas que saberá usar toda a súa vida: os irmáns de Argenson, René Louis de Voyer de Paulmy d'Argenson e Marc-Pierre de Voyer de Paulmy d'Argenson, futuros ministros de [[Luís XV de Francia]] e o futuro [[Louis François Armand de Vignerot du Plessis|duque de Richelieu]].
Arouet pai quería dar ao seu fillo pequeno unha formación intelectual que estivese á altura dos dons que este manifestaba desde a súa máis nova idade. Aos dez anos, entrou nos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] do colexio ''Louis-le-grand'', o establecemento máis frecuentado e máis caro da capital. Os xesuítas ensináronlle latín, grego e [[retórica]], pero querían antes de todo formar persoas de mundo e iniciaban os seus alumnos nas artes sociais: confrontacións oratorias, defensas xudiciais, concurso de versificación e teatro, que ocupaba un amplo espazo na vida do colexio. Alumno brillante, enseguida fíxose soado pola súa facilidade de versificar, Arouet aí aprendeu a agradar e falar de igual a igual cos grandes. Teceu relacións de amizade e relacións precisas que saberá usar toda a súa vida: os irmáns de Argenson, René Louis de Voyer de Paulmy d'Argenson e Marc-Pierre de Voyer de Paulmy d'Argenson, futuros ministros de [[Lois XV de Francia]] e o futuro [[Louis François Armand de Vignerot du Plessis|duque de Richelieu]].


En sentido contrario á educación dos xesuítas, a frecuentación da sociedade [[libertinaxe|libertina]] do Temple tivo unha influencia non menos importante sobre o mozo Arouet. [[François de Châteauneuf|O abade de Châteauneuf]], padriño seu e home de letras, introdúceo desde a idade dos doce anos nesta sociedade que se reunía no [[Maison du Temple|Templo]], no hotel de [[Philippe de Vendôme]], gran prior da [[orde de Malta]], con membros da alta nobreza e poetas, [[Epicureísmo|epicúreos]], letrados coñecidos polo seu espírito e a súa amoralidade, afeccionados ás respostas elegantes e ás bebidas secas. O mozo divertíaos facéndolles versos «lixeiros, rápidos, picantes, cheos de referencias antigas, desde fortes ata mordaces, chanceándose sen retención sobre a relixión e a monarquía».<ref>Pierre Lepape ''Voltaire conquerint-lo'', Seuil, 1994, páx.24</ref> Con esta compañía, el deuse conta que nacera un gran señor libertino e que non tiña nada que ver cos Arouet e a xente común.
En sentido contrario á educación dos xesuítas, a frecuentación da sociedade [[libertinaxe|libertina]] do Temple tivo unha influencia non menos importante sobre o mozo Arouet. [[François de Châteauneuf|O abade de Châteauneuf]], padriño seu e home de letras, introdúceo desde a idade dos doce anos nesta sociedade que se reunía no [[Maison du Temple|Templo]], no hotel de [[Philippe de Vendôme]], gran prior da [[orde de Malta]], con membros da alta nobreza e poetas, [[Epicureísmo|epicúreos]], letrados coñecidos polo seu espírito e a súa amoralidade, afeccionados ás respostas elegantes e ás bebidas secas. O mozo divertíaos facéndolles versos «lixeiros, rápidos, picantes, cheos de referencias antigas, desde fortes ata mordaces, chanceándose sen retención sobre a relixión e a monarquía».<ref>Pierre Lepape ''Voltaire conquerint-lo'', Seuil, 1994, páx.24</ref> Con esta compañía, el deuse conta que nacera un gran señor libertino e que non tiña nada que ver cos Arouet e a xente común.
Liña 51: Liña 34:
==== Xuventude ====
==== Xuventude ====
Deixou o colexio aos dezasete anos e anunciou ao seu pai que quería ser un home de letras e non avogado ou titular dun cargo de conselleiro no [[Parlamento]], investimento con todo considerable que este último fixera para el . Ante a oposición paterna, inscribiuse na escola de dereito e continuou frecuentando os libertinos do Temple, cultivando o gusto polo luxo e o exceso. O seu pai afastouno momentaneamente enviándoo a [[Caen]], e logo confiouno o irmán do seu padriño, [[Pierre Antoine de Châteauneuf|marqués de Châteauneuf]], que acababa de ser nomeado embaixador na [[A Haia|Haia]] e que o aceptou como o seu secretario privado. Pero o seu afastamento non duraría. En Nadal de 1713, xa estaba de volta, destituído do seu cargo e expulsado fóra dos Países Baixos por mor dunhas relacións escandalosas cunha dama. Furioso, o seu pai quería envialo os Estados Unidos de América, pero acabouno colocando no estudo dun maxistrado parisiense. Sería salvado por un antigo cliente de Arouet, letrado e moi rico, o [[Louis Urbain Lefebvre de Caumartin|señor de Caumartin]], marqués de Saint-Ange, que o convence de confiarlle o seu fillo para probar o talento poético do mozo rebelde. Voltaire pasou estas vacacións forzadas no [[castelo de Saint-Ange]], preto de [[Fontainebleau]], lendo, escribindo e escoitando os relatos do seu anfitrión <ref>Escribiu acerca disto « Caumartin porte en son cerveau / De son temps l’histoire vivante / Caumartin est toujours nouveau / À mon oreille qu’il enchante » («Caumartin leva no seu cerebro / do seu tempo a historia viva./ Caumartin é sempre novo / ao meu oído que o deleita »)</ref>, que lle servirán para ''La Henriade '' e para ''Le Siècle de Louis XIV''.
Deixou o colexio aos dezasete anos e anunciou ao seu pai que quería ser un home de letras e non avogado ou titular dun cargo de conselleiro no [[Parlamento]], investimento con todo considerable que este último fixera para el . Ante a oposición paterna, inscribiuse na escola de dereito e continuou frecuentando os libertinos do Temple, cultivando o gusto polo luxo e o exceso. O seu pai afastouno momentaneamente enviándoo a [[Caen]], e logo confiouno o irmán do seu padriño, [[Pierre Antoine de Châteauneuf|marqués de Châteauneuf]], que acababa de ser nomeado embaixador na [[A Haia|Haia]] e que o aceptou como o seu secretario privado. Pero o seu afastamento non duraría. En Nadal de 1713, xa estaba de volta, destituído do seu cargo e expulsado fóra dos Países Baixos por mor dunhas relacións escandalosas cunha dama. Furioso, o seu pai quería envialo os Estados Unidos de América, pero acabouno colocando no estudo dun maxistrado parisiense. Sería salvado por un antigo cliente de Arouet, letrado e moi rico, o [[Louis Urbain Lefebvre de Caumartin|señor de Caumartin]], marqués de Saint-Ange, que o convence de confiarlle o seu fillo para probar o talento poético do mozo rebelde. Voltaire pasou estas vacacións forzadas no [[castelo de Saint-Ange]], preto de [[Fontainebleau]], lendo, escribindo e escoitando os relatos do seu anfitrión <ref>Escribiu acerca disto « Caumartin porte en son cerveau / De son temps l’histoire vivante / Caumartin est toujours nouveau / À mon oreille qu’il enchante » («Caumartin leva no seu cerebro / do seu tempo a historia viva./ Caumartin é sempre novo / ao meu oído que o deleita »)</ref>, que lle servirán para ''La Henriade '' e para ''Le Siècle de Louis XIV''.
[[Ficheiro:Picture of the Regent of France, Philippe d'Orléans.gif|miniatura|esquerda|150px|O rexente, Filipe de Orleans]]
[[Ficheiro:Picture of the Regent of France, Philippe d'Orléans.gif|miniatura|esquerda|150px|O rexente, Filipe de Orleáns]]
[[Ficheiro:Chateau-sceaux-colbert.jpg|miniatura|300px|O castelo de Sceaux. A [[Anne-Louise Bénédicte de Bourbon-Condé|duquesa de Maine]] tivo nunha corte case real e esixía aos seus hóspedes falar en verso sobre todo e sobre nada. Nestes xogos, Arouet era un experto de primeira]]
[[Ficheiro:Chateau-sceaux-colbert.jpg|miniatura|300px|O castelo de Sceaux. A [[Anne-Louise Bénédicte de Bourbon-Condé|duquesa de Maine]] tivo nunha corte case real e esixía aos seus hóspedes falar en verso sobre todo e sobre nada. Nestes xogos, Arouet era un experto de primeira]]
En 1715 cando Arouet tiña 21 anos produciuse a [[rexencia]] de [[Luís Filipe II de Orleans|Filipe duque de Orleáns]]. Arouet era tan brillante e tan divertido que a alta sociedade disputábase a súa presenza. Puido facerse amigo do rexente, pero atopábase no campo dos seus inimigos. Invitado ao [[castelo de Sceaux]], o centro máis activo da oposición o novo poder, no que a [[Anne-Louise Bénédicte de Bourbon-Condé|duquesa de Maine]]<ref>A duquesa e os seus amigos serán arrestados en 1718 como parte da [[conspiración de Cellamare]].</ref>, casada co [[Luís Augusto de Borbón|duque de Maine]], bastardo lexitimado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], non pode deixar de facer a insultar os asuntos amorosos do rexente ou a súa filla, a [[Maria Luísa Isabel de Orleans|duquesa de Berry]], que acaba de dar a luz clandestinamente unha filla.
En 1715 cando Arouet tiña 21 anos produciuse a [[rexencia]] de [[Lois Filipe II de Orleáns|Filipe duque de Orleáns]]. Arouet era tan brillante e tan divertido que a alta sociedade disputábase a súa presenza. Puido facerse amigo do rexente, pero atopábase no campo dos seus inimigos. Invitado ao [[castelo de Sceaux]], o centro máis activo da oposición o novo poder, no que a [[Anne-Louise Bénédicte de Bourbon-Condé|duquesa de Maine]]<ref>A duquesa e os seus amigos serán arrestados en 1718 como parte da [[conspiración de Cellamare]].</ref>, casada co [[Lois Augusto de Borbón|duque de Maine]], bastardo lexitimado de [[Lois XIV de Francia|Lois XIV]], non pode deixar de facer a insultar os asuntos amorosos do rexente ou a súa filla, a [[Maria Luísa Isabel de Orleans|duquesa de Berry]], que acaba de dar a luz clandestinamente unha filla.
O 4 de maio de 1716, exiliouse en [[Tulle]].<ref name="détention_de_voltaire">{{Cita libro|lingua=fr|capítulo=Détentions de Voltaire|título=Revue rétrospective|ano=1834|volume=II|id=32861344|url=https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6316610h/f129.image}}.</ref> O seu pai utiliza a súa influencia cos seus antigos clientes para influír no rexente, que substitúe Tulle por [[Sully-sur-Loire]], instalándose no castelo do novo [[duque de Sully]], un coñecido dos seus tempos no Temple e que vivía xunto cos do seu círculo nunha sucesión de bailes, de festíns e de espectáculos diversos. Ao acproximarse o inverno, solicitou a graza do rexente que, sen rancor, perdoouno. O mozo Arouet recomezou a súa vida turbulenta en [[Saint- Ange-le-Viel|Saint-Ange]]<ref>Caumartin é tamén un inimigo do rexente.</ref> e en [[Sceaux (Altos do Sena)|Sceaux]], aproveitando a hospitalidade dos ricos e da comodidade dos seus castelos. Pero, influído polo ambiente, algunhas semanas máis tarde, volve facer das súas. Deste xeito o [[16 de maio]] do [[1717]], é enviado á [[Bastilla]] por [[lettre de cachet]] (orde real). Tiña vinte e tres anos e estivo encarcerado once meses.
O 4 de maio de 1716, exiliouse en [[Tulle]].<ref name="détention_de_voltaire">{{Cita libro|lingua=fr|capítulo=Détentions de Voltaire|título=Revue rétrospective|ano=1834|volume=II|id=32861344|url=https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k6316610h/f129.image}}.</ref> O seu pai utiliza a súa influencia cos seus antigos clientes para influír no rexente, que substitúe Tulle por [[Sully-sur-Loire]], instalándose no castelo do novo [[duque de Sully]], un coñecido dos seus tempos no Temple e que vivía xunto cos do seu círculo nunha sucesión de bailes, de festíns e de espectáculos diversos. Ao acproximarse o inverno, solicitou a graza do rexente que, sen rancor, perdoouno. O mozo Arouet recomezou a súa vida turbulenta en [[Saint- Ange-le-Viel|Saint-Ange]]<ref>Caumartin é tamén un inimigo do rexente.</ref> e en [[Sceaux (Altos do Sena)|Sceaux]], aproveitando a hospitalidade dos ricos e da comodidade dos seus castelos. Pero, influído polo ambiente, algunhas semanas máis tarde, volve facer das súas. Deste xeito o [[16 de maio]] do [[1717]], é enviado á [[Bastilla]] por [[lettre de cachet]] (orde real). Tiña vinte e tres anos e estivo encarcerado once meses.
==== Primeiros logros literarios ====
==== Primeiros logros literarios ====
Liña 63: Liña 46:
A seguir dun duelo cun membro da nobreza, o fidalgo Rohan, Voltaire foi novamente preso na Bastilla. Liberado despois de dúas semanas, co compromiso de saír de [[Francia]]. Puxo rumbo entón a [[Inglaterra]] en [[1726]], onde permaneceu até 1728 ou 1729. Fixo amizade cos escritores [[Alexander Pope|Pope]] e [[Jonathan Swift|Swift]] e familiarizouse coa lingua inglesa e co pensamento de [[Isaac Newton]]. Publicou ensaios sobre [[Poesía]] e [[Historia]] e tornouse admirador do sistema político británico.
A seguir dun duelo cun membro da nobreza, o fidalgo Rohan, Voltaire foi novamente preso na Bastilla. Liberado despois de dúas semanas, co compromiso de saír de [[Francia]]. Puxo rumbo entón a [[Inglaterra]] en [[1726]], onde permaneceu até 1728 ou 1729. Fixo amizade cos escritores [[Alexander Pope|Pope]] e [[Jonathan Swift|Swift]] e familiarizouse coa lingua inglesa e co pensamento de [[Isaac Newton]]. Publicou ensaios sobre [[Poesía]] e [[Historia]] e tornouse admirador do sistema político británico.


De volta en Francia proseguiu a actividade literaria e publicou ''Henriade'' (1728-30), ''Histoire de Charles XII'' (1731), ''Zaire'' (1732), ''Temple du Goût'' e ''Lettres philosophiques'' [[1734]]), de exaltación do sistema liberal inglés e condena do [[despotismo]]. Esta última obra, a máis importante deste período, obrigou novamente Voltaire a deixar París e a refuxiarse intermitentemente en Cirey, no ducado da [[Lorena (rexión)|Lorena]], onde gozou da hospitalidade de madame du Châtelet ata a morte desta en [[1751]]. Este foi un período de intensa produción literaria. Con ''Mondain'' (1733) fíxose necesaria unha nova fuga, desta vez aos [[Países Baixos]], onde publicou ''Eléments de la Philosophie de Newton'' (1738) e onde pasou a cartearse con Frederico da Prusia. ''[[Tratado de metafísica]]'' foi composto por volta da metade de [[1734]], sendo retocado varias veces entre [[1734]] e [[1738]]. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire. Aquí fala dos grandes problemas da metafísica. O éxito obtido con ''Mahomet'' ([[1741]]) e ''Mérope'' ([[1743]]), xunto á boa influencia de [[Madame de Pompadour]], motivou que pasase a servir [[Luís XV de Francia|Luís XV]] en misións na [[Prusia]], fose electo Historiador do Reino e membro da [[Academia Francesa]] en [[1746]].
De volta en Francia proseguiu a actividade literaria e publicou ''Henriade'' (1728-30), ''Histoire de Charles XII'' (1731), ''Zaire'' (1732), ''Temple du Goût'' e ''Lettres philosophiques'' [[1734]]), de exaltación do sistema liberal inglés e condena do [[despotismo]]. Esta última obra, a máis importante deste período, obrigou novamente Voltaire a deixar París e a refuxiarse intermitentemente en Cirey, no ducado da [[Lorena (rexión)|Lorena]], onde gozou da hospitalidade de madame du Châtelet ata a morte desta en [[1751]]. Este foi un período de intensa produción literaria. Con ''Mondain'' (1733) fíxose necesaria unha nova fuga, desta vez aos [[Países Baixos]], onde publicou ''Eléments de la Philosophie de Newton'' (1738) e onde pasou a cartearse con Frederico da Prusia. ''[[Tratado de metafísica]]'' foi composto por volta da metade de [[1734]], sendo retocado varias veces entre [[1734]] e [[1738]]. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire. Aquí fala dos grandes problemas da metafísica. O éxito obtido con ''Mahomet'' ([[1741]]) e ''Mérope'' ([[1743]]), xunto á boa influencia de [[Madame de Pompadour]], motivou que pasase a servir [[Lois XV de Francia|Lois XV]] en misións na [[Prusia]], fose electo Historiador do Reino e membro da [[Academia Francesa]] en [[1746]].


Mudouse para [[Potsdam]] en [[1751]], onde desempeñou o cargo de axudante de cámara e guía literario de [[Frederico II de Prusia|Frederico o Grande]]. Mais incompatibilizouse co rei da Prusia en 1753 e levou logo unha vida errante até 1755, ano en que se estabeleceu nunha propiedade que batizara ''Délices'', próxima de Xenebra. En 1756 publicou ''La loi naturelle'', ''Le désastre de Lisbonne'' e ''Essai sur les moeurs''. En 1759 o conto filosófico ''Candide'', seguindo ''Traité sur la tolérance'' (1760), ''Dictionnaire philosophique portatif'' (1764).
Mudouse para [[Potsdam]] en [[1751]], onde desempeñou o cargo de axudante de cámara e guía literario de [[Frederico II de Prusia|Frederico o Grande]]. Mais incompatibilizouse co rei da Prusia en 1753 e levou logo unha vida errante até 1755, ano en que se estabeleceu nunha propiedade que batizara ''Délices'', próxima de Xenebra. En 1756 publicou ''La loi naturelle'', ''Le désastre de Lisbonne'' e ''Essai sur les moeurs''. En 1759 o conto filosófico ''Candide'', seguindo ''Traité sur la tolérance'' (1760), ''Dictionnaire philosophique portatif'' (1764).
Liña 99: Liña 82:
* {{ Cita libro | autor = Voltaire| título = Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo | ano =2005| localización = Santiago de Compostela | editorial= Edicións Laiovento | id = ISBN 84-8487-071-5 }}[https://web.archive.org/web/20171231051546/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=6000 Ficha] en Bitraga.
* {{ Cita libro | autor = Voltaire| título = Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo | ano =2005| localización = Santiago de Compostela | editorial= Edicións Laiovento | id = ISBN 84-8487-071-5 }}[https://web.archive.org/web/20171231051546/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=6000 Ficha] en Bitraga.
* {{Cita libro | autor = Voltaire| título = [[Tratado de metafísica]] | ano = 2002| localización = Santiago de Compostela | editorial = Unidixital, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela | id = ISBN 84-932470-5-7 }}
* {{Cita libro | autor = Voltaire| título = [[Tratado de metafísica]] | ano = 2002| localización = Santiago de Compostela | editorial = Unidixital, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela | id = ISBN 84-932470-5-7 }}
* {{ Cita libro | autor = Voltaire| título = [[Micromegas]] | ano = 2013| localización = Santiago de Compostela | editorial = Hugin e Munin | id = ISBN 84-932470-5-7 }}[http://www.huginemunin.com/libros/libros/micromegas/ Ficha] na páxina web da [[editorial Hugin e Munin]].
* {{ Cita libro | autor = Voltaire| título = [[Micromegas]] | ano = 2013| localización = Santiago de Compostela | editorial = Hugin e Munin | id = ISBN 84-932470-5-7 }}[http://www.huginemunin.com/libros/libros/micromegas/ Ficha] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20171230230231/http://www.huginemunin.com/libros/libros/micromegas/ |date=30 de decembro de 2017 }} na páxina web da [[editorial Hugin e Munin]].
* Voltaire (2023). ''O filósofo ignorante'' (ed. bilingüe francés-galego). Noia. [[Editorial Toxosoutos]].
* Voltaire (2023). ''O filósofo ignorante'' (ed. bilingüe francés-galego). Noia. [[Editorial Toxosoutos]].



Revisión actual feita o 2 de maio de 2024 ás 09:40

Modelo:BiografíaVoltaire

(1718) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) François-Marie Arouet Editar o valor en Wikidata
21 de novembro de 1694 Editar o valor en Wikidata
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1778 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de París (1791–) 48°50′46″N 2°20′46″L / 48.846198, 2.3461054
Abbaye de Sellières (en) Traducir (1778–1791) Editar o valor en Wikidata
Cadeira 33 da Academia Francesa
2 de maio de 1746 – 30 de maio de 1778
← Jean Bouhier de Savigny (pt) TraducirJean-François Ducis (pt) Traducir →
Historiographer of France (en) Traducir
1744 – 1750
← Johann Daniel Schöpflin (pt) TraducirCharles Pinot Duclos (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor de ciencia ficción, poeta avogado, Enciclopedista, epistológrafo, politicólogo, autor de diarios, dramaturgo, poeta, autobiógrafo, historiador, ensaísta, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor en Wikidata
MovementoPensamento libre, Ilustración e Deísmo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioVoltaire
Bénédictin Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaÉmilie du Châtelet Editar o valor en Wikidata
PaisFrançois d'Arouet Editar o valor en Wikidata  e Marguerite d’Aumard Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1),
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0901806 IBDB: 96525
Galiciana: 33086 BNE: XX960938 iTunes: 209869371 Musicbrainz: 571170e9-bb0c-4d12-a9ad-9c926fb784a8 Discogs: 768347 IMSLP: Category:Voltaire WikiTree: Arouet-1 Find a Grave: 1519 Editar o valor en Wikidata

François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire.

Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento. Foi elixido membro da Academia Francesa en 1746.

Símbolo da Ilustración, xefe de fila do partido filosófico, o seu nome está asociado ao seu combate polo progreso, a tolerancia e contra «a infamia», nome que deu ao fanatismo relixioso. Era, con todo, deísta e o seu ideal era o dunha monarquía moderada e liberal, ilustrada polos «filósofos». Actuou, por outra banda, coas elites avanzadas da Europa da Ilustración servíndose da súa inmensa notoriedade e tomando, el só, a defensa das vítimas da intolerancia relixiosa e da arbitrariedade en asuntos que se fixeron soados (asunto Calas, Sirven, o cabaleiro de Várrea , conde de Lally ...).

Da súa impoñente obra literaria, lense hoxe esencialmente os seus escritos «filosóficos» en prosa: contos e novelas ( Cándido é a súa obra máis soada), Cartas inglesas, Dicionario filosófico e unha correspondencia monumental da que coñecemos máis de 15 000 cartas dun total estimado ás veces en 40.000.[1] O seu teatro, as súas poesías épicas, as súas obras históricas, que fixeron del un dos escritores franceses máis soados no século XVIII, son hoxe amplamente esquecidas ou ignoradas. A reputación de Voltaire parece, como o seu estilo, marcada pola elegancia e a precisión, e a miúdo ao servizo dunha ironía mordaz.

Ao longo da súa vida, Voltaire frecuentou "os grandes" e afagou os monarcas, sen disimular o seu desprezo polo pobo, pero tamén estivo suxeito á inxerencia do poder, que a acabaría encarcerando na Bastilla e obrigouno ao exilio en Inglaterra ou nos arredores de París. O 1749, despois da morte de Émilie du Châtelet, con quen mantivera unha relación axitada de quince anos, foi ao tribunal de Prusia, pero, decepcionado nas súas esperanzas de xogar un gran papel con Frederico o Grande en Berlín, enfadouse con el despois de tres anos, e deixou Berlín en 1753. Refuxiouse un pouco máis tarde nas Delicias, en Suíza, preto de Xenebra, antes de gañar en 1759 unha herdanza en Ferney, na fronteira francoxenebrina, ao abrigo dos poderosos. Sacou proveito da propiedade e fixo de Ferney un centro de cultura prezado en toda Europa. Non volveu a París ata 1778 onde foi ovacionado polo pobo. Morreu aos 84 anos.

Voltaire era un amante do luxo, os praceres da mesa e da conversación, que consideraba, xunto co teatro, como unha das formas con maior éxito da vida en sociedade. Preocupado pola súa capacidade material para garantir a súa liberdade e a súa independencia, acumulou unha fortuna considerable en operacións especulativas, o que lle permitiu instalarse en 1759 no castelo de Ferney rodeado dunha corte de bos espíritos. Era, con todo, un busca-razoes, e ás veces feroz, contra os seus adversarios, por exemplo con Jean-Jacques Rousseau e con Crébillon.

Considerado pola Revolución Francesa -co seu adversario Jean-Jacques Rousseau- como un precursor (entrou no Panteón en 1791, o segundo despois de Mirabeau), foi adulado pola Terceira República Francesa. Durante o século XIX, o seu pensamento alimentou as paixóns antagonistas dos adversarios e defensores da laicidade do estado e da escola pública, máis aló do espírito da Ilustración.

O pseudónimo «Voltaire»

[editar | editar a fonte]

Existen varias hipóteses achega do pseudónimo Voltaire. Unha versión moi aceptada di que deriva do apelativo Petit Volontaire (o pequeno voluntario) que usaban os seus familiares para referirse a el de neno. Con todo, parece ser que a versión máis verosímil é que Voltaire sexa o anagrama de Arouet L(e) J(eune) (Arouet, o mozo), utilizando as maiúsculas do alfabeto latino.

Tamén existen outras hipóteses: pode tratarse do nome dunha pequena facenda que posuía a súa nai; díxose que pode ser o sintagma verbal que significaba en francés antigo que el voulait faire taire (‘desexaba facer calar’, de aí vol-taire), por mor do seu pensamento innovador, que poden ser as sílabas da palabra re-vol-tair (‘revoltoso’) noutra orde. En calquera caso, é posible que a elección que o mozo Arouet adopta, tras a súa detención en 1717, sexa unha combinación de máis dunha destoutras hipóteses.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do notario François Arouet, François-Marie Arouet naceu o 21 de novembro do 1694; pero, en varios escritos, o mesmo Voltaire afirmaba nacer en realidade nove meses antes, o 19 ou 20 de febreiro de 1694 en Châtenay-Malabry. O seu bautizo, o 22 de novembro en París na igrexa de Saint-André des-Arts, sería atrasado como consecuencia da pouca esperanza de supervivencia do bebé. Arouet cuestionaba, mesmo, a súa paternidade.[2]

Os Arouet

[editar | editar a fonte]

Por parte do pai os Arouet son orixinarios dunha pequena vila do norte de Poitou, Saint-Loup-Lamairé, preto de Airvault, onde exercerón durante os séculos XV e XVI unha actividade de curtidores, que enriquece os antepasados de Voltaire, os Arouet eran un exemplo da ascensión social na burguesía no século XVI. O primeiro Arouet foise da súa provincia e instalouse en París en 1625, onde abriu unha tenda de vendedor de sabas e de seda. Casou coa filla dun rico comerciante de teas e enriqueceuse o suficiente como para comprar, para o seu fillo, o pai de Voltaire, un cargo de notario en Châtelet en 1675, asegurando ao seu titular o acceso á pequena nobreza de toga. Este último, traballador austero e honesto nas relacións importantes, redondea máis a fortuna familiar, casou coa filla dun secretario penal do parlamento parisiense e vendeu o seu estudo en 1696 para gañar un cargo de conselleiro do rei, recadador das especies no Tribunal de contas. Tiña un irmán máis vello, Armand Arouet (1685-1745), avogado do parlamento, católico rigoroso e xansenista obstinado e solteiro, de quen Voltaire herdou os bens, e unha irmá, Marie Arouet (morta o 15 de outubro do 1726), esposa de Pierre François Mignot, corrector na Cámara das contas e única persoa da súa familia que lle manifestou afecto. A irmá tivo dous fillos, un deles o abade Mignot, e dúas mozas, señora de Fontaine e Marie Louise Mignot, a futura señora Denis. Contrariado e triste, o pai de Voltaire dicía: «Teño por fillos dous tolos, un en prosa e outro en verso».

Educación: os xesuítas e a sociedade libertina do Temple

[editar | editar a fonte]
O cercado do Temple, detalle do plano de Turgot, 1739. O palacio do gran prior atópase á dereita da porta de entrada

Arouet pai quería dar ao seu fillo pequeno unha formación intelectual que estivese á altura dos dons que este manifestaba desde a súa máis nova idade. Aos dez anos, entrou nos xesuítas do colexio Louis-le-grand, o establecemento máis frecuentado e máis caro da capital. Os xesuítas ensináronlle latín, grego e retórica, pero querían antes de todo formar persoas de mundo e iniciaban os seus alumnos nas artes sociais: confrontacións oratorias, defensas xudiciais, concurso de versificación e teatro, que ocupaba un amplo espazo na vida do colexio. Alumno brillante, enseguida fíxose soado pola súa facilidade de versificar, Arouet aí aprendeu a agradar e falar de igual a igual cos grandes. Teceu relacións de amizade e relacións precisas que saberá usar toda a súa vida: os irmáns de Argenson, René Louis de Voyer de Paulmy d'Argenson e Marc-Pierre de Voyer de Paulmy d'Argenson, futuros ministros de Lois XV de Francia e o futuro duque de Richelieu.

En sentido contrario á educación dos xesuítas, a frecuentación da sociedade libertina do Temple tivo unha influencia non menos importante sobre o mozo Arouet. O abade de Châteauneuf, padriño seu e home de letras, introdúceo desde a idade dos doce anos nesta sociedade que se reunía no Templo, no hotel de Philippe de Vendôme, gran prior da orde de Malta, con membros da alta nobreza e poetas, epicúreos, letrados coñecidos polo seu espírito e a súa amoralidade, afeccionados ás respostas elegantes e ás bebidas secas. O mozo divertíaos facéndolles versos «lixeiros, rápidos, picantes, cheos de referencias antigas, desde fortes ata mordaces, chanceándose sen retención sobre a relixión e a monarquía».[3] Con esta compañía, el deuse conta que nacera un gran señor libertino e que non tiña nada que ver cos Arouet e a xente común.

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Deixou o colexio aos dezasete anos e anunciou ao seu pai que quería ser un home de letras e non avogado ou titular dun cargo de conselleiro no Parlamento, investimento con todo considerable que este último fixera para el . Ante a oposición paterna, inscribiuse na escola de dereito e continuou frecuentando os libertinos do Temple, cultivando o gusto polo luxo e o exceso. O seu pai afastouno momentaneamente enviándoo a Caen, e logo confiouno o irmán do seu padriño, marqués de Châteauneuf, que acababa de ser nomeado embaixador na Haia e que o aceptou como o seu secretario privado. Pero o seu afastamento non duraría. En Nadal de 1713, xa estaba de volta, destituído do seu cargo e expulsado fóra dos Países Baixos por mor dunhas relacións escandalosas cunha dama. Furioso, o seu pai quería envialo os Estados Unidos de América, pero acabouno colocando no estudo dun maxistrado parisiense. Sería salvado por un antigo cliente de Arouet, letrado e moi rico, o señor de Caumartin, marqués de Saint-Ange, que o convence de confiarlle o seu fillo para probar o talento poético do mozo rebelde. Voltaire pasou estas vacacións forzadas no castelo de Saint-Ange, preto de Fontainebleau, lendo, escribindo e escoitando os relatos do seu anfitrión [4], que lle servirán para La Henriade e para Le Siècle de Louis XIV.

O rexente, Filipe de Orleáns
O castelo de Sceaux. A duquesa de Maine tivo nunha corte case real e esixía aos seus hóspedes falar en verso sobre todo e sobre nada. Nestes xogos, Arouet era un experto de primeira

En 1715 cando Arouet tiña 21 anos produciuse a rexencia de Filipe duque de Orleáns. Arouet era tan brillante e tan divertido que a alta sociedade disputábase a súa presenza. Puido facerse amigo do rexente, pero atopábase no campo dos seus inimigos. Invitado ao castelo de Sceaux, o centro máis activo da oposición o novo poder, no que a duquesa de Maine[5], casada co duque de Maine, bastardo lexitimado de Lois XIV, non pode deixar de facer a insultar os asuntos amorosos do rexente ou a súa filla, a duquesa de Berry, que acaba de dar a luz clandestinamente unha filla. O 4 de maio de 1716, exiliouse en Tulle.[6] O seu pai utiliza a súa influencia cos seus antigos clientes para influír no rexente, que substitúe Tulle por Sully-sur-Loire, instalándose no castelo do novo duque de Sully, un coñecido dos seus tempos no Temple e que vivía xunto cos do seu círculo nunha sucesión de bailes, de festíns e de espectáculos diversos. Ao acproximarse o inverno, solicitou a graza do rexente que, sen rancor, perdoouno. O mozo Arouet recomezou a súa vida turbulenta en Saint-Ange[7] e en Sceaux, aproveitando a hospitalidade dos ricos e da comodidade dos seus castelos. Pero, influído polo ambiente, algunhas semanas máis tarde, volve facer das súas. Deste xeito o 16 de maio do 1717, é enviado á Bastilla por lettre de cachet (orde real). Tiña vinte e tres anos e estivo encarcerado once meses.

Primeiros logros literarios

[editar | editar a fonte]
Voltaire faise famoso aos 24 anos grazas ao éxito da súa traxedia Èdip (1718)

Na súa primeira saída da prisión da Bastilla, consciente de desperdiciar o seu tempo e talento anteriormente, quere dar un novo rumbo á súa vida e facerse famoso nos xéneros máis nobres da literatura do seu tempo: traxedia e poesía épica.

Nos once meses de prisión concluíu a súa primeira traxedia, Oedipe (levada á escena no ano seguinte) e iniciou un poema épico sobre Henrique IV. Este sería publicado anonimamente en Xenebra co título de Poème de la ligue (1723).

A seguir dun duelo cun membro da nobreza, o fidalgo Rohan, Voltaire foi novamente preso na Bastilla. Liberado despois de dúas semanas, co compromiso de saír de Francia. Puxo rumbo entón a Inglaterra en 1726, onde permaneceu até 1728 ou 1729. Fixo amizade cos escritores Pope e Swift e familiarizouse coa lingua inglesa e co pensamento de Isaac Newton. Publicou ensaios sobre Poesía e Historia e tornouse admirador do sistema político británico.

De volta en Francia proseguiu a actividade literaria e publicou Henriade (1728-30), Histoire de Charles XII (1731), Zaire (1732), Temple du Goût e Lettres philosophiques 1734), de exaltación do sistema liberal inglés e condena do despotismo. Esta última obra, a máis importante deste período, obrigou novamente Voltaire a deixar París e a refuxiarse intermitentemente en Cirey, no ducado da Lorena, onde gozou da hospitalidade de madame du Châtelet ata a morte desta en 1751. Este foi un período de intensa produción literaria. Con Mondain (1733) fíxose necesaria unha nova fuga, desta vez aos Países Baixos, onde publicou Eléments de la Philosophie de Newton (1738) e onde pasou a cartearse con Frederico da Prusia. Tratado de metafísica foi composto por volta da metade de 1734, sendo retocado varias veces entre 1734 e 1738. Ocupa un lugar capital no pensamento de Voltaire. Aquí fala dos grandes problemas da metafísica. O éxito obtido con Mahomet (1741) e Mérope (1743), xunto á boa influencia de Madame de Pompadour, motivou que pasase a servir Lois XV en misións na Prusia, fose electo Historiador do Reino e membro da Academia Francesa en 1746.

Mudouse para Potsdam en 1751, onde desempeñou o cargo de axudante de cámara e guía literario de Frederico o Grande. Mais incompatibilizouse co rei da Prusia en 1753 e levou logo unha vida errante até 1755, ano en que se estabeleceu nunha propiedade que batizara Délices, próxima de Xenebra. En 1756 publicou La loi naturelle, Le désastre de Lisbonne e Essai sur les moeurs. En 1759 o conto filosófico Candide, seguindo Traité sur la tolérance (1760), Dictionnaire philosophique portatif (1764).

Regresou a París en 1778 e foi iniciado masón no día 7 de abril de 1778, na loxa masónica "Les Neuf Soeurs", da cidade de París. Morreu ese mesmo ano.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

A razón da súa celebridade son as súas obras literarias e filosóficas. Os seus textos caracterízanse pola leveza de linguaxe, fuxindo de calquera tipo de grandilocuencia. Mestre da ironía, utilizouna como arma superior do individuo civilizado para atinxir os seus inimigos, frecuentemente por el parodiados, demostrando en todos os momentos un finísimo sentido de humor.

Son coñecidas as súas diverxencias con Montesquieu sobre o dereito dos pobos á guerra. Voltaire non ve oposición entre unha sociedade alienante e un individuo oprimido, idea defendida por Rousseau, mais antes cre nun sentimento universal e innato da xustiza, que ten que observarse nas leis de todas as sociedades. A vida en común exixe unha convención, un contrato social para preservar o interese de cada un. O instinto e a razón do individuo lévano a respectar e promover tal pacto. O propósito da Moral é ensinarnos os principios desta convivencia frutífera. O traballo do home é tomar o seu destino nas súas mans, mellorar a súa condición mediante a ciencia e a técnica e dar beleza á vida a través da Arte.

A súa filosofía práctica prescinde de Deus, aínda que Voltaire non sexa ateo; porén, como o reloxo presupón o reloxeiro, o universo implica a existencia dun "eterno xeómetra" (Voltaire é teísta). Porén, non cre na intervención divina nos asuntos humanos e denuncia o providencialismo en Cándido.

Foi un opositor da Igrexa católica que, segundo el, era un símbolo da intolerancia e da inxustiza. Con todo, revelou en 2 de marzo de 1778, en contrapartida á súa postura ideolóxica acerca da Igrexa, a súa profesión de fe á relixión Católica, nun texto asinado por el mesmo, publicado no tomo XII da revista francesa Correspondance Littéraire, Philosophique et Critique (1753-1793), nas páxinas 87-88. Neste texto, o pensador francés pide perdón a Deus polas faltas cometidas e por ter escandalizado a Igrexa por anos. Empeñouse, tamén, na loita contra os erros xudiciais e na axuda ás súas vítimas. A burguesía liberal e anticlerical fixo del o seu ídolo. Voltaire contribuíu de maneira notable a fixar o concepto de tolerancia relixiosa. Foi un loitador contra a intolerancia e a superstición e sempre defendeu a convivencia pacífica entre persoas de diferentes crenzas e relixións.

Elémens de la philosophie de Neuton, 1738

Tratado sobre a tolerancia

[editar | editar a fonte]

En Tratado sobre a tolerancia (1769) Voltaire fala de modo directo e xogando coas comparacións, do mundo das sociedades clásicas anteriores ás cronolóxicas da era cristiá, impulsado polo seu espírito de denuncia sobre o modo de facer xustiza no século XVIII. Así, na Grecia antiga a xustiza era levada a cabo con moito máis rigor e nun conxunto máis democrático e de consideración para o reo, polo que considera que se deu un retroceso na historia coa imposición da moral e poder absolutista das relixións monoteístas, en contraposición co antigo paganismo e o culto a varios deuses.

Parece que, cando se trata dun parricidio e de condenar un pai de familia ao máis espantoso suplicio, o xuízo debería ser unánime, porque as probas dun crime tan inaudito deberían ser unha evidencia perceptible para todo o mundo: a menor dúbida nun caso semellante debe bastar para facer tremer a man dun xuíz que se dispón a asinar unha sentenza de morte. A debilidade da nosa razón e a insuficiencia das nosas leis séntense todos os días, pero, en que ocasión se descobre mellor a súa defectuosidade que cando a preponderancia dun só voto fai morrer no suplicio da roda a un cidadán? En Atenas necesitábase unha maioría de cincuenta votos para ousar ditar unha sentenza de morte. Que se deduce disto? Que sabemos, moi inutilmente, que os gregos eran máis sensatos e máis humanos que nós

.

Noutra parte do libro Voltaire volve fornecer o xogo da dialéctica literaria nun marco comparativo, neste caso nun crebo de identificacións entre dous filósofos da historia, comparando de forma simétrica as diferentes formas de entender a ensinanza do vivir, o espírito que dimana da conciencia firme e a procura no coñecemento compartido.

Se ousamos comparar o sagrado co profano e a un Deus cun home, a súa morte, humanamente falando, ten moita relación coa de Sócrates. O filósofo grego morreu a causa do odio dos sofistas, os sacerdotes e os principais do pobo; o lexislador dos cristiáns sucumbiu ao odio de escribas, dos fariseos e dos sacerdotes. Sócrates puido evitar a morte e non quixo: Xesús Cristo ofreceuse voluntariamente. O filósofo grego non só perdoa os seus calumniadores e os seus xuíces inicuos, senón que lles pediu que tratasen un día aos seus propios fillos como a el mesmo, se estes eran o bastante afortunados para merecer o seu odio, como a el. O lexislador dos cristiáns, infinitamente superior, pediu ao seu Pai que perdoase os seus inimigos. Se Xesús Cristo parecía temer a morte, se a angustia que sentiu foi tan extremada que lle produciu unha suor mesturada con sangue, o que constitúe o síntoma máis violento e máis raro, é porque se dignou rebaixarse a todas as debilidades do corpo humano que foran revestidas. O seu corpo tremía e a súa alma era inquebrantable; ensinábanos que a verdadeira forza, a verdadeira grandeza, consisten en soportar uns males baixo os que sucumbe a nosa natureza. Hai un valor extremado en correr cara á morte teméndoa. Sócrates tratara os sofistas de ignorantes e deixáraos como convictos de mala fe; Xesús, usando dos seus dereitos divinos, trata a escribas e aos fariseos de hipócritas, de insensatos, de cegos, de malvados, de serpes, de raza de víboras
  1. Voltaire, Lettres choisies, édition de Nicholas Cronk, 2017, Préface, p.7.
  2. Voltaire non discutía só a súa data de nacemento senón tamén a súa filiación. Desde 1750, a miúdo facíase chamar fillo do Señor de Rochebrune, procedente dunha familia nobre de Haute-Auvergne e antigo cliente de François Arouet. En 1756, por ocasión dunha visita de Alembert ás Delices, Jean Louis du Pan, testemuña da escena, refire as súas palabras (recollidas por René Pomeau, Voltaire al seu temps, tomo I, páx.132): «Creo tan certo que d'Alembert é o fillo de Fontenelle, como eu o son de Roquebrune. (…) Voltaire insinuaba que a honra da súa nai consistira en preferir un home de espírito como era Roquebrune, mosqueteiro, oficial, autor, antes que seu pai, ao que el consideraba un home moi común; e explicaba que ela sempre se xactara do seu nacemento, atribuíndo a responsabilidade a Roquebrune. »Non existe ningunha certeza máis aló de que a idea dun nacemento ilexítimo e dunha relación de sangue coa nobreza de espada non desagradaba a Voltaire.
  3. Pierre Lepape Voltaire conquerint-lo, Seuil, 1994, páx.24
  4. Escribiu acerca disto « Caumartin porte en son cerveau / De son temps l’histoire vivante / Caumartin est toujours nouveau / À mon oreille qu’il enchante » («Caumartin leva no seu cerebro / do seu tempo a historia viva./ Caumartin é sempre novo / ao meu oído que o deleita »)
  5. A duquesa e os seus amigos serán arrestados en 1718 como parte da conspiración de Cellamare.
  6. "Détentions de Voltaire". Revue rétrospective (en francés) II. 1834. 32861344. .
  7. Caumartin é tamén un inimigo do rexente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Obras traducidas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]