Beade, Vigo
Beade | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santo Estevo. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°11′31″N 8°42′23″O / 42.191944444444, -8.7063888888889 |
Poboación | 5.252 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.252 habitantes (2.544 homes e 2.708 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Beade é un topónimo de posesor medieval. Provén de Beati, xenitivo do antropónimo latino Beatus (Beato 'feliz'). O primeiro testemuño en que rexistramos o nome do concello é un documento de delimitación dos territorios pertencentes ao bispo e ao cabido de Tui datado a mediados do século XII. O documento di así: «in terra de Fragoso ecclesie Sancte Andree de Comesania medietas, Sancti Stephani de Biadi tres partes cum cauto suo, Sancti Iacobi de Benevivere integra cum cauto suo; Sancti Iacobi de Vigo integra cum cauto suo, Sancti Saluatoris de Teix integra cum ipsius regalengo» (1156). A fins do século XII o monarca Fernando II confírmalle ao bispo de Tui Bertrando ou Beltrán a súa posesión dos coutos de Beade e Bembrive: «cautos vestros de Benevivere et de Biady in terra de Fragoso» (1179). Na documentación medieval atopamos as formas: Biade, Biadi, Biady, Viade, Veade.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase no centro do Concello, e, pola súa altura, ofrece unha vista panorámica da cidade e da ría.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro párroco de Beade de nome coñecido é un tal Xoán apelidado Pais, Páez ou Paz (do latín Pelagius 'Paio') e alcumado Corvacho que asina nun documento do mosteiro de Santa María de Oia no ano 1266: «Johannis Pelagii dictus Corvacho clericus de Biade». A pertenza de Beade á xurisdición de Bouzas durou ata o ano 1833, formando parte no concello de Lavadores ata 1941, en que Lavadores foi anexionado a Vigo.[3]
Economía
[editar | editar a fonte]O máis destacable da parroquia é a súa excelente produción de cereixas (principalmente da denominada "de pico" ou "picuda"). No primeiro domingo de xuño (dende 1986) celébrase a Festa-Concurso da Cereixa.[4]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa actual foi construída a finais do século XVII. No seu adro atópase un cruceiro, de orixe descoñecida, que foi emprazado na súa localización actual en 1854.
Música
[editar | editar a fonte]A Banda-Escola de Música de Beade foi fundada a finais do século XX, e conta cun amplo currículo de premios e recoñecementos en certames nacionais e internacionais.
Dende o ano 2011 celébrase no mes de xullo no Parque Forestal o Festival OuBeade, con grupos de música da comarca e de comunidades veciñas como Portugal, sendo un dos festivais gratuítos de maior duración das Rías Baixas.
Festas
[editar | editar a fonte]O 26 de xullo celébrase a festa en honor a Santa Ana.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Beade
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Beade no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abalde | Babío | As Barallas | O Carballo do Pazo | O Coto | As Coutadas | Dornelas | O Facho | Figueirós | A Gándara | Lambeiro | A Pena | O Porto | A Pouleira | As Presas | Quintián | Saa | O Seixo | A Venda |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Toponimia do Val de Fragoso 3: Beade" (PDF). Instituto da Lingua Galega. Consultado o 18 de xuño do 2016.
- ↑ Faro de Vigo (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beade, Vigo |
A Galipedia ten un portal sobre: Vigo |