Saltar ao contido

Coia, Vigo

Coia
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°13′02″N 8°44′51″O / 42.217108436683, -8.7476050109906
Poboación28.903 hab. (2020)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Coia[2] é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e a cidade de Vigo. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso[3].

O IGE[4] non inclúe esta parroquia nos seus datos censuais, senón que queda incluída dentro da entidade singular de Vigo. Segundo datos do Concello, en 2020 vivían en Coia uns 28.903 veciños, 13.752 homes e 15.151 mulleres.[5]

Barrios e lugares

[editar | editar a fonte]

Segundo o Nomenclátor de Galicia está composta polos lugares do Adro, O Castro Castriño, O Chouzo e Esturáns[6].

Segundo Iván Sestay Martínez, os barrios históricos da vella parroquia de Coia eran Peniche, O Areal, O Chouso, Os Esturáns, O Cruceiro, O Resío, A Pardaíña, Pelaio, Figueirido, A Espedrigada e Quintela. Estes, á súa vez, estaban compostos por lugares, tales como A Seara, A Barxiela, A Cordoeira, O Adro, A Carballa, O Castriño, As Travesas... A Florida, que tamén foi un destes lugares, rematou erixíndose como parroquia na década de 1950[7]. A zona de Balaídos tamén acadou o rango de parroquia eclesiástica, baixo a advocación de Santa Marta[8].

En 1371 o rei Henrique II de Castela fixo doazón ao bispo tudense Joán de Castro do Couto e bailía de Coia e a parroquia foi ente independente até 1901 en que a Deputación Provincial de Pontevedra incorporouna ao concello de Vigo.[9]

Antigamente nas Travesas atopábanse as cocheiras dos tranvías. En 1941 levantouse na praza de Travesas (actual praza de América) o IES Santa Irene, grazas á doazón de Policarpo Sanz cando morreu a súa muller Irene de Ceballos.

Os primeiros edificios foron construídos pola Promotora Benéfico Popular da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. O proxecto foi para o arquitecto Desiderio Pernas, mais o barrio non se desenvolveu segundo os seus plans.[10] Despois construíronse vivendas promovidas en cooperativa por empresas como Citroën e os estaleiros Vulcano, amais de vivendas de protección oficial.

No seu momento o barrio foi criticado polos excesos urbanísticos, que deron pé á construción de edificios sumamente altos, e pola alta criminalidade e marxinalidade na zona[Cómpre referencia].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Venancio R. Riobó sinálaa como casa dos templarios a partir do ano 1200.[11]

É un barrio residencial con numerosas zonas verdes. É un dos barrios máis poboados da cidade, estruturado en torno á Avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil).

No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidariedade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Voleibol (con sede no Pavillón de Coia) e o C.D. Coya.

O calendario estival acolle en xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.

Instalacións

[editar | editar a fonte]
Polideportivo de Coia.[12]

Na parroquia atópase o Pavillón Polideportivo Coia, lugar en que xoga os seus partidos o Club Vigo Voleibol, equipo profesional de voleibol que milita na Superliga. Tamén se atopa o Complexo Deportivo das Travesas, onde se celebran partidos de fútbol sala, voleibol, hóckey a patíns, baloncesto etc., así coma mitins e outros actos políticos e numerosos concertos de música.

O campo de fútbol da Bouza é o feudo do C. D. Coia e do Club Victoria. Outro club de relevancia é o Balonmán Seis do Nadal-Coia.

O campo de fútbol de Coia acolleu os partidos do Real Club Celta de Vigo até a construción do Estadio de Balaídos. Ademais, en 1922 acolleu a final da Copa do Rei de fútbol.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. DOG do Nomenclátor da Xunta de Galicia
  3. "VIGO-FRAGOSO archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-07. 
  4. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-07. 
  5. Atlántico. "Bouzas y Coia pierden vecinos y vuelven a sus cifras de 2000". Atlántico (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  6. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-07. 
  7. Sestay Martínez, Iván (2008). Toponimia do Val de Fragoso. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. 
  8. "Santa Marta de Vigo". Galiciana. Consultado o 08/09/2023. 
  9. "«Nós, os de Coia»". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-03-24. 
  10. Iglesias, Suso (marzo de 2018). "La Insurgencia". Luzes (54): 76. 
  11. Rolland, Eduardo (2021-07-23). "Cuando Coia era tierra de templarios". VigoÉ (en castelán). Consultado o 2021-08-06. 
  12. "Ficha na web do concello.". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  13. Igrexa parroquial na rúa Baiona, 42°12′54″N 8°45′00″O / 42.214919, -8.749979
  14. Igrexa parroquial na avenida de Castelao, 42°13′05″N 8°44′55″O / 42.218188, -8.748546
  15. Igrexa parroquial na rúa Lalín, 42°13′16″N 8°44′02″O / 42.221145, -8.733999

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Coia

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coia no concello de Vigo (Pontevedra)

O Adro | O Castro Castriño | O Chouzo | Esturáns

Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]