Saltar ao contido

España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Españolas»)

Modelo:Xeografía políticaEspaña
Reino de España (es) Editar o valor en Wikidata

HimnoMarcha Real (1939) Editar o valor en Wikidata

Lema«Plus Ultra» Editar o valor en Wikidata
EpónimoHispania Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°12′N 3°30′O / 40.2, -3.5
CapitalMadrid Editar o valor en Wikidata
Comunidade autónoma17
Provincia50
Cidade autónoma2
Concello8.124 Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación47.415.750 (2021) Editar o valor en Wikidata (93,71 hab./km²)
Xentilicioespañol, española, españois, españolas Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Relixiónaconfesional Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie505.990 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico, Mar Mediterráneo, Mar Cantábrico e Mar de Alborán Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoTeide (3.718 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLas Cruces (−107 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
14 de marzo de 1516Monarquía causado por Unión dinástica de Aragón e Castela
1715 (<1715)Casa de Borbón-Anjou causado por Decretos de Nueva Planta, Tratado de Baden
19 de marzo de 1812 ↔ 4 de maio de 1814Constitución española de 1812Estado Liberal
9 de decembro de 1931 ↔ 1 de abril de 1939Constitución da República Española de 1931República
29 de decembro de 1978Constitución española de 1978 (Transición Española) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataFilipe de Borbón e Grecia (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno e política de España Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataPedro Sánchez (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCortes Xerais , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.427.380.681.295 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita29.993,06 $ (2019) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.es Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+34 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 061 (en) Traducir e 091 Editar o valor en Wikidata
Código de paísES Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES Editar o valor en Wikidata

Sitio webadministracion.gob.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: 060pag Twitter: 060gobes Youtube: UC4li3bPhK6ImHeWrd0_q7vQ BNE: XX109717 Editar o valor en Wikidata

España[1] (Gl-España.ogg pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España[2][3] (Gl-Reino de España.ogg pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.[4]

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia[5]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.[1]

A economía española é a 14ª economía mundial en termos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.[6]

Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.[7]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Orixe da palabra Hispania

[editar | editar a fonte]
Castelo de Sancti Petri, visto desde Chiclana de la Frontera (Cádiz). Neste lugar achábase o Templo de Hércules Melkart.

O nome de España deriva de Hispania, nome co que os romanos designaban xeograficamente o conxunto da Península Ibérica, termo alternativo ao nome Iberia, preferido polos autores gregos para referirse ao mesmo espazo. Con todo, o feito de que o termo Hispania non é de raíz latina levou á formulación de varias teorías sobre a súa orixe, algunhas delas controvertidas.

«Hispania» provén do fenicio i-spn-ya, un termo cuxo uso está documentado desde o segundo milenio antes de Cristo, en inscricións ugaríticas. Os fenicios constituíron a primeira civilización non ibérica que chegou á península para expandir o seu comercio e que fundou, entre outras, Gadir, a actual Cádiz, a cidade habitada máis antiga de Europa Occidental.[8][9]

Os romanos tomaron a denominación dos vencidos cartaxineses, interpretando o prefixo i como «costa», «illa» ou «terra», con ya co significado de «rexión». O lexema spn, que en fenicio e tamén en hebreo pódese ler como saphan, traduciuse como «coellos» (na realidade damáns, uns animais do tamaño do coello estendidos por África e o Crecente Fértil). Os romanos, xa que logo, déronlle a Hispania o significado de «terra abundante en coellos», un uso recolleito por Cicerón, César, Plinio o Vello, Catón, Tito Livio e, en particular, Catulo, que se refire a Hispania como península cuniculosa (nalgunhas moedas acuñadas na época de Adriano figuraban personificacións de Hispania como unha dama sentada e cun coello aos seus pés), en referencia á vez que viviu na Hispania.

Sobre a orixe fenicia do termo, o historiador e hebraísta Cándido María Trigueros propuxo na Real Academia das Boas Letras de Barcelona en 1767 unha teoría diferente, baseada no feito de que o alfabeto fenicio (do mesmo xeito que o hebreo) carecía de vogais. Así spn (sphan en hebreo e arameo) significaría en fenicio «o norte», unha denominación que tomarían os fenicios ao chegar á Península Ibérica bordeando a costa africana, véndoa ao norte da súa ruta, polo que i-spn-ya sería a «terra do norte». Pola súa banda, segundo Jesús Luis Cunchillos na súa Gramática fenicia elemental (2000), a raíz do termo span é spy, que significa «forxar ou bater metais». Así, i-spn-ya sería a «a terra na que se forxan metais».[10]

Separadamente da teoría de orixe fenicio, que é a máis aceptada malia que o significado preciso do termo segue sendo obxecto de discusións, ao longo da historia propuxéronse diversas hipóteses, baseadas en similitudes aparentes e significados máis ou menos relacionados. A principios da Idade Moderna, Antonio de Nebrija, na liña de Isidoro de Sevilla, propuxo a súa orixe autóctona como deformación da palabra ibérica Hispalis, que significaría a cidade de occidente[11] e que, ao ser Hispalis a cidade principal da península, os fenicios, e, posteriormente os romanos deron o seu nome a todo o seu territorio.[12] Posteriormente, Juan Antonio Moguel propuxo no século XIX que o termo Hispania podería provir da palabra éuscara Izpania que viría significar que parte o mar ao estar composta polas voces iz e pania ou bania que significa «dividir» ou «partir».[13] A este respecto, Miguel de Unamuno declarou en 1902: «A única dificultade que atopo [...] é que, segundo algúns paisanos meus, o nome España deriva do vascuence 'ezpaña', beizo, aludindo á posición que ten a nosa península en Europa».[14] Outras hipóteses supoñían que tanto Hispalis como Hispania eran derivacións dos nomes de dous reis lendarios de España, Hispalo e o seu fillo Hispano ou Hispan, fillo e neto respectivamente de Hércules.[15]

Evolución da Hispania a España

[editar | editar a fonte]
Busto de Traxano, primeiro emperador hispano do Imperio Romano (Gliptoteca de Múnic).

A partir do período visigodo, o termo Hispania, ata entón usado xeograficamente, comezou a empregarse tamén cunha connotación política, como mostra o uso da expresión Laus Hispaniae para describir a historia dos pobos da península nas crónicas de Isidoro de Sevilla.

«Ti es, oh España, sagrada e nai sempre feliz de príncipes e de pobos, a máis fermosa de todas as terras que se estenden desde o Occidente ata a India. Ti, por dereito, es agora a raíña de todas as provincias, de quen reciben prestadas as súas luces non só o ocaso, senón tamén o Oriente. Ti es o honor e o ornamento do orbe e a máis ilustre porción da terra, na cal grandemente gózase e esplendidamente florece a gloriosa fecundidade da nación goda. Con xustiza enriqueceuche e foi contigo máis indulxente a natureza coa abundancia de todas as cousas creadas, ti es rica en froitos, en uvas copiosa, en colleitas alegre... Ti áchaste situada na rexión máis grata do mundo, nin che abrasas no ardor tropical do sol, nin che entumecen rigores glaciais, senón que, cinguida por temperada zona do ceo, nútreste de felices e brandos céfiros... E por iso, con razón, hai tempo que a áurea Roma, cabeza das xentes, desexouche e, aínda que o mesmo poder romano, primeiro vencedor, posuír, con todo, ao fin, a florecente nación dos godos, logo de innumerables vitorias en todo o orbe, con empeño conquistouche e amouche e ata agora gózache segura entre ínfulas rexias e copiosos tesouros en seguridade e felicidade de imperio.»
Historia de los Godos, Vándalos y Suevos de san Isidoro de Sevilla, século VI-VII. Trad. de Rodríguez Alonso, 1975, León, pp. 169 y 171.[16]

A palabra «España» deriva foneticamente de HĬSPANĬA, de xeito regular a través á palatalización do /n/ en /ñ/ ante iode latina -A, a perda do H- inicial (que se dá en latín tardío) e a abertura do Ĭ en posición inicial a /e/. Con todo, España non pode considerarse a tradución ao español da palabra latina Hispania, xa que o uso moderno designa unha extensión diferente.

Uso histórico do termo

[editar | editar a fonte]

Uso do termo España ata a Idade Media

[editar | editar a fonte]

A evolución da palabra España é acorde con outros usos culturais. Ata o Renacemento os topónimos que facían referencia a territorios nacionais e rexionais eran relativamente inestables, tanto desde o punto de vista semántico como do da súa precisa delimitación xeográfica. Así, nos tempos dos romanos «Hispania» correspondía ao territorio que ocupaban na península, Baleares e, no século III, parte do norte de África (a Mauritania Tingitana, que se incluíu no ano 285 na diocese Hispaniarum).

No dominio visigodo, o rei Leovixildo, tras unificar a maior parte do territorio da España peninsular a fins do s. VI, titúlase rei de Gallaecia, Hispania e Narbonensis. Santo Isidoro narra a procura da unidade peninsular, finalmente culminada no reinado de Suintila na primeira metade do s. VII e fálase da nai España. Na súa obra Historia Gothorum, Suintila aparece como o primeiro rei de «Totius Spaniae». O prólogo da mesma obra é o coñecido De laude Spaniae (A respecto da gabanza a España).

Nos tempos do rei Mauregato foi composto o himno O Dei Verbum no que se cualifica ao apóstolo como dourada cabeza refulxente de «Ispaniae» («Oh, vere digne sanctior apostole caput refulgens aureum Ispaniae, tutorque nobis et patronus vernulus»).[17]

Manuscrito da Estoria de España de Afonso X o Sabio.

Coa invasión musulmá o nome de Spania ou España transformouse en اسبانيا, Isbāniyā. O uso da palabra España segue resultando inestable, dependendo de quen o use e en que circunstancias. Algunhas crónicas e outros documentos da alta Idade Media designan exclusivamente con ese nome (España ou Spania) ao territorio dominado polos musulmáns. Así, Afonso I o Batallador (1104–1134) di nos seus documentos que «El reina en Pamplona, Aragón, Sobrarbe e Ribagorza», e cando en 1126 fai unha expedición ata Málaga dinos que «foi ás terras de España». Pero xa a partir dos últimos anos do século XII xeneralízase novamente o uso do nome de España para toda a península, sexa de musulmáns ou de cristiáns. Así se fala dos cinco reinos de España: Granada (musulmán), León con Castela, Navarra, Portugal e coroa de Aragón (cristiáns).

Identificación coas coroas de Castela e Aragón

[editar | editar a fonte]

A medida que avanza a reconquista varios reis proclamáronse príncipes de España, tratando de reflectir a importancia dos seus reinos na península.[18] Trala unión dinástica de Castela e Aragón, comézase a usar nestes dous reinos o nome de España para referirse a ambos, circunstancia que, polo demais, non tiña nada de innovadora; así, xa en documentos dos anos 1124 e 1125, con motivo da expedición militar de Afonso I de Aragón por Andalucía, referíanse ao Batallador -que unificara os reinos de Castela e Aragón tralo seu matrimonio con Urraca I- cos termos «reinando en España» ou reinando «en toda a terra de cristiáns e sarracenos de España».[19]

Evolución independente do xentilicio

[editar | editar a fonte]

O xentilicio «español» evolucionou de forma distinta ao que cabería esperar (cabería esperar algo similar a «hispánico»). Existen varias teorías sobre como xurdiu o propio xentilicio «español»; segundo unha delas, o sufixo «-ol» é característico das linguas romances provenzais e pouco frecuente nas linguas romances faladas entón na península, polo que considera que sería importado a partir do século IX co desenvolvemento do fenómeno das peregrinacións medievais a Santiago de Compostela, polos numerosos visitantes francos que percorreron a península, favorecendo que co tempo se divulgase a adaptación do nome latino hispani a partir do «espagnol», «espanyol», «espannol», «espanhol», «español» etc. (as grafías gn, nh e ny, ademais de nn, e a súa abreviatura ñ, representaban o mesmo fonema) con que eles designaban os cristiáns da antiga Hispania. Posteriormente, sería o labor de divulgación das elites formadas o que promoveu o uso de «español» e «españois»: a palabra «españois» aparece vinte e catro veces no cartulario da catedral de Huesca, manuscrito de 1139-1221[20], mentres que na Estoria de España, redactada entre 1260 e 1274 por iniciativa de Afonso X o Sabio, empregouse exclusivamente o xentilicio «españois».[21]

Artigo principal: Historia de España

Prehistoria e Protohistoria

[editar | editar a fonte]
Réplica do teito da cova de Altamira.

O actual territorio español aloxa dous dos lugares máis importantes para a prehistoria europea e mundial: a serra de Atapuerca (onde se definiu a especie Homo antecessor e achouse a serie máis completa de ósos de Homo heidelbergensis) e a cova de Altamira (onde por primeira vez se identificou a arte paleolítica).

A particular posición da Península Ibérica como «Extremo Occidente» do mundo mediterráneo determinou a chegada de sucesivas influencias culturais do Mediterráneo oriental, particularmente as vinculadas ao Neolítico e a Idade dos Metais (agricultura, cerámica, megalitismo), proceso que culminou nas denominadas colonizacións históricas do I milenio a. C. Tanto pola súa localización favorable para as comunicacións como polas súas posibilidades agrícolas e a súa riqueza mineira, as zonas este e sur foron as que alcanzaron un maior desenvolvemento (Cultura dos Millares, Cultura do Argar, Tartessos, pobos iberos). Tamén houbo continuos contactos con Europa Central (Cultura dos Campos de Urnas, celtización).

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]
Castro de Santa Trega, na Guarda, exemplo de castro celta do norte de España.

Os iberos foron os primeiros pobos dos que se ten constancia escrita de que ocuparon a Península Ibérica. Sábese que había poboacións protoiberas, polos restos arqueolóxicos atopados. Os gregos e fenicios foron os que deixaron os primeiros escritos, aínda que nunca entraron en contacto con eles. Os vascóns entrarían nesta categoría.

Actualmente, defínense os iberos polos seus trazos culturais. Segundo este criterio, os turdetanos ou túrdulos, que ocuparon as terras do antigo reino de Tartessos, considéranse iberos; mentres que, segundo criterios etnográficos ou lingüísticos, non o serían. A bibliografía sobre os iberos adoita achegar datos contraditorios e isto débese ás diferentes adopcións de criterios.

Teatro Romano de Mérida, en Estremadura.

Sobre o ano 1200 a. C., tribos celtas, incluíndo probablemente cántabros e ástures, entraron na península polo norte e establecéronse en gran parte do seu territorio, asentándose e mesturándose cos iberos. As poboacións que ocupaban unha ampla franxa entre estes dous pobos coñécense como celtiberos. Semella que as montañas nas que vivían os vascóns nunca foron completamente romanizadas, polo que se considera incerta a súa orixe, aínda que se considerou a posibilidade de que se tratase dunha poboación protoibérica. Moitos historiadores consideran hoxe en día [22][23][24] que a vasconización foi tardía; os vascóns habitarían a zona da actual Aquitania, chegando á península no final da Idade Antiga, ocupando o antigo solar dos caristios e várdulos.

Ao redor do ano 1100 a. C., os fenicios chegaron á península e fundaron, 80 anos despois da guerra de Troia,[25] Gadir, a Gades romana, no que hoxe en día se atopa a cidade de Cádiz. A súa fundación sitúase no ano 1104 adC polo que é considerada a cidade da Europa Occidental de cuxa fundación se teñen referencias máis antigas, (tendo como referencia a fundación de Cartago sobre o século IX a. C.). Á vez, os gregos fundaron as súas colonias pola costa mediterránea de Iberia, nome que deron á península.

Busto do emperador Adriano, nado en Itálica, actualmente Santiponce, na provincia de Sevilla.

Entre a primeira e segunda das guerras púnicas entre Roma e Cartago, os cartaxineses invadiron a península. As súas colonias máis importantes establecéronas na illa de Eivissa e en Cartagena, nome que fai referencia á nova Cartago e absorberon outras cidades inicialmente fenicias como Cádiz ou Málaga. Derrotada Cartago, Roma iniciaría unha ocupación da península, que se prolongaría ao longo de case 200 anos. Nas primeiras décadas da ocupación os romanos tiveron que facer fronte ao longo sitio de Numancia, cidade celtibera situada nas beiras do río Douro, nas proximidades da actual Soria, que se prolongaría por case 30 anos, e á guerra de guerrillas exposta polo caudillo lusitano Viriato. Trala morte de Viriato (139 a. C.), a loita dos pobos prerromanos contra Roma volveríase máis disgregada e esporádica, aínda que non remataría totalmente ata os tempos do emperador Augusto co relativo sometemento de cántabros e ástures. Relatos desta guerra atopámolos nas páxinas do cronista romano Catón. A ocupación culminaría co pleno dominio da península baixo o poder romano e a súa conversión en provincia baixo o nome de Hispania. O nome de Hispania deriva de Ispania e este á súa vez posiblemente dunha palabra púnica, co significado de terra de coellos, aínda que hai outras posibilidades (ver Etimoloxía no punto 1 deste mesmo artigo). Por primeira vez aparece con sentido histórico en Tito Livio 59 a. C., que fala de Hispania e de hispani (hispanos, con sentido unitario).

Muralla de Lugo, construída no período romano. Patrimonio da humanidade da UNESCO.
Acueduto de Segovia, patrimonio da humanidade da UNESCO.

Os habitantes de Hispania adoptaron a cultura romana, a súa lingua e as súas leis, adquirindo grande importancia dentro do imperio, posto que ata tres emperadores romanos, Traxano, Adriano e Teodosio, ademais do filósofo Lucio Anneo Séneca e outros personaxes importantes, naceron na península.

Casa do século XV en Cuenca, España.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

No ano 409, os suevos, alanos e vándalos invadiron a Península Ibérica. Poucos anos despois, no ano 416, os visigodos entraron en Hispania como aliados de Roma, botando os alanos e vándalos da península, e permanecendo os suevos na Gallaecia.

A primeira idea de Hispania/España como país materialízase coa monarquía visigoda. Os visigodos aspiraban á unidade territorial de toda Hispania e conseguírona coas sucesivas derrotas dos suevos, vascóns e bizantinos. A unidade relixiosa viría coa reconciliación de católicos e arianos e cos concilios da Igrexa visigoda, un órgano no que, reunidos en asemblea, o rei e os bispos de todas as dioceses do reino sometían a consideración asuntos de natureza tanto política como relixiosa, con vocación de lexislar en todo o territorio nacional. Así, Santo Isidoro de Sevilla na súa Historia Gothorum aledábase porque Suintila "foi o primeiro que posuíu a monarquía do reino de toda España que rodea o Océano, cousa que a ningún dos seus devanceiros lle fora concedida...". A monarquía visigoda estableceu ademais unha capital que centralizaba tanto o poder político como o relixioso en Toletum (actual Toledo). Con todo, o carácter electivo da monarquía visigótica determinou case sempre unha enorme inestabilidade política caracterizada por continuas revoltas e asasinatos.

O declive da monarquía visigoda comeza arredor do ano 689, cando o islam chega á África máis noroccidental, e pouco tempo despois a guerra dinástica visigoda que enfrontaba os herdeiros do rei Vitiza co duque Rodrigo. Coa aparente usurpación de Rodrigo, os vitizanos chegan a un pacto cos exércitos musulmáns do norte de África, e así no ano 711, prodúcese un novo conflito bélico, a coñecida como batalla de Guadalete, no que as tropas vitizanas e musulmás lograron depor a Rodrigo. Con este episodio, comeza a entrada do islam na Península Ibérica e a conversión da aristocracia visigoda en Hispania, converténdose esta nun emirato ou provincia do imperio árabe chamada Al-Ándalus con capital na cidade de Córdoba.

O islam avanzou axiña polo sur da península. No ano 712 Toledo -a capital visigoda- caeu baixo gobernadores musulmáns. Dende entón, todas as cidades de Hispania foron capitulando, supoñendo a fin do período visigodo na Península Ibérica. Con todo, alén dos Pireneos, os visigodos resistiron algúns anos máis na Septimania, ata o 719. A partir de entón, os exércitos do emirato dirixiron os seus esforzos cara ao outro lado dos Pireneos, contra o reino Carolinxio. O noroeste da Península Ibérica, a antiga Gallaecia -especialmente a máis setentrional, foi porén a única entidade administrativa na que non penetrou o islam. Descoñécese se a aristocracia galega, asturiana ou vasca mantivo algún tipo de vasalaxe nominal co emirato, ou simplemente era un territorio inicialmente alleo á expansión.

A muralla de Ávila, erixida na Idade Media.

No ano 718 na actual Asturias un nobre chamado Paio sublevouse contra os musulmáns. A sublevación fracasa e é detido. Arredor do 722 volvería intentalo, tendo lugar o que a historiografía denominou a batalla de Covadonga, onde Paio e un grupo de ástures (entre os que se atopaban, segundo algúns historiadores, nobres visigodos; a orixe de Paio é tamén incerta[26]) venceron a unha expedición de castigo musulmá. Este feito serviría para marcar o momento de fundación do Reino de Asturias e dar comezo ao período coñecido como a Reconquista, termo hoxe en día moi discutido,[27] entendido como o restablecemento do poderío cristián na Península Ibérica.

Na parte nororiental da península e na Septimania goda, os godos que fuxiran para o reino dos francos pediron axuda a estes. Así Carlomagno emprendeu unha serie de campañas militares coa intención de establecer un territorio de distensión militar, máis coñecido como marca. A Marca Hispánica constituíuse a comezos do século IX para evitar a penetración dos musulmáns no territorio do Reino dos Francos. Así foi como os francos dividiron ese territorio en diversos condados, onde señores feudais de orixe franca ou goda representaban o rei dos francos; tendo, xa que logo, un desenvolvemento algo diferente ao que experimentaron os reinos cristiáns ibéricos occidentais. Estes condados en pleno proceso de feudalización emanciparíanse de facto do dominio franco logo da crise carolinxia do século IX, ao empezar a transmitirse hereditariamente os condados; aínda que ata 988 os condes de Barcelona renovaron o pacto de vasalaxe cos reis francos.

Interior da Mesquita-Catedral de Córdoba.

Os séculos VIII e IX significarían un crecente poderío musulmán na península, malia a oposición dos núcleos cristiáns do norte. No final do século VIII, o omeia Abd al-Rahman I, fuxido de Siria, fai de Al-Andalus, no político, un emirato independente do califato de Damasco.

Basílica de Santa María A Real de Covadonga, no Principado de Asturias.

No século X, Abd al-Rahman III converte Al-Andalus en califato independente de Damasco, xa con autonomía relixiosa e non só política, como ata entón. É unha época de puxanza cultural, grazas ás innovacións nas ciencias, as artes e as letras; cunha especial atención que dedicaron ao desenvolvemento das cidades. As cidades máis importantes foron Valencia, Zaragoza, Toledo, Sevilla e Córdoba. Esta, durante o século X, con Al-Hakam II, chegou a ser a maior cidade de Europa Occidental, contando con 500.000 habitantes, sendo o maior centro cultural da época. Con todo, a decadencia dos territorios musulmáns comezou no século XI, cando comezaron as loitas entre as distintas familias reais musulmás e o califato se desmembrou nun mosaico de pequenos reinos, chamados taifas.

Mentres tanto, preto dos Pireneos apareceron outros dous reinos cristiáns: o Navarra e o Aragón. Ao avanzar a expansión cristiá pola península, o que ata entón fora o reino de Asturias, coa súa capital fixada en Oviedo dende o reinado de Afonso II o Casto, transformouse no reino de León en 910 con García I ao repartírense os territorios de Afonso III o Magno entre os seus fillos. Anos despois, en 914, morto o rei, sobe ao trono Ordoño II de León, cuxo reino abranguía aos territorios de Galicia, Asturias e León, fixando definitivamente nesta cidade a súa capital e confirmando a súa supremacía como reino de León.

A Catedral de León, símbolo do esplendor da arquitectura gótica francesa española.

O avance das conquistas cara ao sur e a aglutinación ao redor de León dun territorio cada vez máis amplo trouxo consigo o nacemento de «subunidades» político-territoriais no seu interior: é o caso do Castela. Este será adquirido polo rei navarro Sancho III o Maior, quen o deixará á súa morte en herdanza ao seu fillo Fernando. Casado este coa irmá do rei leonés, formaría unha coalición navarro-castelá que, tras unha guerra e a morte do rei de León na batalla de Tamarón permitiríalle acceder ao trono deste. No entanto, á súa morte os territorios volverían ser repartidos entre os seus fillos: son o reino de León, o reino de Galicia, Castela, que tamén adquire o rango rexio e a cidade de Zamora. Ao longo dos séculos seguintes, estes territorios pasarán ás mans do mesmo ou de distintos monarcas en sucesivas ocasións, conformando a coroa de Castela, cunhas únicas Cortes. Os distintos territorios conservaban o seu carácter de reino e diversas particularidades xurídicas (o rei que aglutinaba baixo a súa coroa todos estes territorios titulábase Rei de León, de Castela, de Galicia... engadindo sucesivamente os dos novos territorios que se ían conquistando), sen que, con todo conservasen unha autonomía semellante á da coroa de Aragón. Así mesmo, nacerá de León outra unidade territorial de gran transcendencia posterior: Portugal, que se constituirá como reino. Cabe sinalar, para rematar, como un dos momentos máis destacados os reinados de Afonso VI e Afonso VII en León a adopción do título de emperador, o primeiro como "emperador das dúas relixións", o segundo como "emperador de España".

O devir dos reinos cristiáns peninsulares nas décadas seguintes pasará pola constitución de catro unidades monárquicas: a denominada coroa de Castela, concepto que implica a existencia dun só monarca sobre diversos e distintos reinos e territorios (León e a propia Castela, ademais de Galicia e outros); a coroa de Aragón, que se constituíu mediante a unión dinástica en 1150 do reino de Aragón e o condado de Barcelona; o reino de Navarra e o reino de Portugal. Así como toda unha serie de reinos de taifa musulmáns.

No século XIII, a coroa de Castela, a máis puxante das hispánicas, ampliou os seus dominios cara ao sur peninsular, mentres que a de Aragón engadiría os reinos de Valencia e de Mallorca co rei Xaime I o Conquistador, e posteriormente formarían parte desta coroa: Sardeña, Sicilia e outros territorios do Oriente mediterráneo.

No final deste período, 1402, e en competencia con Portugal, a coroa de Castela iniciou a conquista das Illas Canarias ata entón habitadas exclusivamente polos guanches. A ocupación inicial foi levada a cabo por parte de señores normandos que rendían vasalaxe ao rei Henrique III de Castela. Este proceso de conquista non concluiría ata 1496, sendo culminado pola propia acción da coroa castelá.

A rendición de Granada aos Reis Católicos, de Francisco Pradilla, reconstrución idealizada característica da pintura historiográfica española do século XIX.

Mentres na coroa de Aragón, como resultado da gran mortalidade provocada pola epidemia da Gran Peste de 1348, así como das malas colleitas, que empezaron co ciclo de 1333lo mal any primer»), provocaron unha grande inestabilidade tanto social, como económica. Á morte do Rei Martiño I o Humano (1410), os representantes dos Reinos que constituían a coroa de Aragón, elixiron no Compromiso de Caspe a Fernando de Antequera, da castelá Casa de Trastámara como futuro rei Fernando I en quen recaían por herdanza materna os dereitos dinásticos. Malia a revolta protagonizada polo Conde de Urgell, Fernando I foi coroado e comezou o reinado dos Trastámara na coroa de Aragón. Logo da expansión polo Reino de Nápoles, no período de Afonso V, a coroa de Aragón sufriu unha profunda crise provocada polas disputas entre Xoán II, fillo de Fernando de Antequera, e a Generalitat e o Consell de Cent (Consello de Cen), debida á detención do seu fillo e herdeiro Carlos de Viana, así como polas tensións das clases sociais entre a Busca e a Biga e as revoltas dos campesiños de "Remensa" que coincidiron coa guerra civil catalá (1462 - 1472) acabaron de debilitar a xa débil coroa aragonesa. Coa subida ao trono de Fernando o Católico, segundo fillo e herdeiro de Xoán II, (1479) as tensións sociais reducíronse, coa firma da Sentenza Arbitral de Guadalupe (1486) asentouse unha nova estrutura no campo catalán para acabar coa conflitividade do medio rural.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Imperio Español, Casa de Austria, Casa de Borbón, Ilustración política en España
Monumento a Colón en Madrid.

Ao final da Idade Media, co casamento de Isabel I de Castela e Fernando de Aragón, estas dúas coroas peninsulares aliáronse, conquistando o reino musulmán de Granada en 1492 e, posteriormente, o de Navarra en 1512 que continuou sendo un reino, acuñando moeda de seu e con aduanas no río Ebro ata as guerras carlistas do século XIX. Os reis navarros refuxiáronse nas súas posesións dos Pireneos e posteriormente converteríanse en reis de Francia.

Tamén comezaron unha política matrimonial con Portugal, que culminou en 1580, cando Filipe II de España subiu ao seu trono, unindo por última vez baixo un mesmo soberano toda a Península Ibérica.

En 1492, decrétase a expulsión dos xudeus que non aceptasen a conversión ao cristianismo, imitando a Filipe IV de Francia. Cristovo Colón, en nome dos Reis Católicos, chega por primeira vez a América coas súas naves. Empeza a carreira pola exploración e conquista das terras americanas, á que se unirían posteriormente outros países como Portugal, Francia e Inglaterra, comezando a colonización europea de América partindo a illas do Caribe ata mesoamérica a cargo de Francisco Hernández de Córdoba e despois Hernán Cortés. A Monarquía Española convértese, nun proceso iniciado ao final da Reconquista, na nación máis poderosa e influente do mundo. Durante o reinado dos Reis Católicos iníciase tamén unha tímida expansión norteafricana, conquistándose varias cidades, entre elas Melilla (1497).

Filipe II.

Trala morte de Sabela a Católica, en 1504, a súa filla Xoana sucedeuna no trono de Castela. Xoana casara con Filipe I, ao que chamaron o Fermoso, fillo do Arquiduque de Austria e Emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Filipe morreu moi novo e a Xoana foi incapacitada por tola.

O seu fillo Carlos I de España herdou as coroas de Castela e Aragón, ademais do sacro Imperio Romano-Xermánico e as posesións da Casa de Borgoña. Na súa madurez, decide retirarse á vida relixiosa, recluíndose no Mosteiro de Yuste (Cáceres) en 1556. O seu fillo Filipe II herdaría a coroa hispánica con todas as súas posesións e o seu irmán Fernando I de Habsburgo o Sacro Imperio Romano Xermánico.

Mosteiro de El Escorial.

Filipe II de España coróase rei de Portugal en 1580 co nome de Filipe I de Portugal. O ordinal «segundo» mantívoo para respectar a vía castelá (Filipe I de Castela foi Filipe o Fermoso). Durante o seu reinado prodúcense a gran vitoria de Lepanto en 1571 coa que se conseguiu frear a expansión dos turcos no Mediterráneo e a desastrosa aventura da Grande e Felicísima Armada en 1588.

España, e en maior intensidade Castela, dada a prohibición de comercio para a coroa de Aragón, segue prosperando baixo a dinastía Habsburgo, grazas ao comercio coas colonias americanas; pero ao mesmo tempo sostén guerras contra Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas.

Mapa anacrónico que amosa as áreas que pertencían ao Imperio Español nalgún momento durante un período de 400 anos.       O Imperio español na súa maior expansión territorial ao redor de 1790       Rexións de influencia (exploradas e/o reclamadas pero nunca controladas) ou colonias en disputa ou de curto control       Posesións do Imperio Portugués gobernadas por España entre 1580-1640 por anexión dinástica       Territorios perdidos en ou despois de 1717 pola Paz de Utrecht       Marrocos e Sáhara Occidental 1884-1975

Cando o derradeiro rei da dinastía dos Habsburgo, Carlos II de España, morreu sen descendencia; Filipe de Borbón, sobriño neto de Carlos II e neto do rei de Francia, Lois XIV, sucedeuno no trono co nome de Filipe V de España, sendo aceptado e xurado por todos os territorios de España. Aos poucos anos de reinado, prodúcese a guerra de sucesión española.

Entre 1707 e 1716, os Decretos de Nueva Planta de Filipe V suprimen ou reducen os foros e costumes dos reinos e territorios que loitaran contra el na guerra de sucesión.

Algúns queren ver nestes decretos unha unificación legal de España, pero, por unha banda, os decretos, ao seren diferentes para Valencia, Aragón (onde primeiro foi igual que o de Valencia, pero logo foi modificado), Baleares e Cataluña, afectaron de xeito diferente a cada territorio, e ademais, tanto Navarra como as Provincias Vascongadas e o Val de Arán, que non faltaran ao seu xuramento de lealdade a Filipe V, seguiron mantendo os seus foros. En 1713, España asina o Tratado de Utrecht co que perde as súas posesións europeas e deixa de ser a primeira potencia mundial.

O resto do século XVIII foi o século da Ilustración. Fernando VI e Carlos III, fillos e sucesores de Filipe V, fan unha política de renovación que modernizou España, no que se coñece como despotismo ilustrado. Neste século, aínda que España continúa sendo unha importante potencia, Francia e o Reino Unido pasan a ocupar un protagonismo cada vez maior na escena internacional.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Guerra da independencia española, Guerra da independencia hispanoamericana, España durante a ocupación francesa, Restauración absolutista en España, Reinado de Sabela II de España, Revolución de 1868, Sexenio Democrático e Restauración borbónica en España
Situación do Imperio Español. En azul os territorios independizados na guerra da independencia hispanoamericana.

A Idade Contemporánea non comezou moi ben para España, en 1805, na batalla de Trafalgar a escuadra hispano-francesa foi derrotada ante Gran Bretaña, chegando o fin da supremacía española nos mares mundiais a favor de Gran Bretaña, mentres Napoleón que tomara o poder despois de triunfar a Revolución Francesa, aproveitando as disputas entre Carlos IV e o seu fillo Fernando, ordenou o envío do seu exército contra España en 1808, impondo o seu irmán Xosé I no trono. Iso ocasionaría a guerra da independencia española, que duraría 5 anos. Nese tempo elaborouse a primeira Constitución española, unha das primeiras do mundo, nas denominadas Cortes de Cádiz. Foi promulgada o 19 de marzo de 1812, festividade de S. Xosé, polo que popularmente foi coñecida como A Pepa. Trala derrota das tropas de Napoleón na batalla de Vitoria en 1813; Fernando VII volvería ao trono de España.

Durante o reinado de Fernando VII a monarquía española experimentaría o paso do vello réxime ao estado Liberal. Coa súa chegada a España, Fernando VII derrogou a Constitución de 1812 e perseguiu os liberais constitucionalistas, dando comezo a un ríxido absolutismo. Mentres tanto a guerra da independencia hispanoamericana continuaba o seu curso, malia o esforzo bélico dos defensores da monarquía española, ao rematar o conflito unicamente as illas de Cuba e Porto Rico, en América, seguirían formando parte do territorio nacional de España, que ao rematar a década ominosa e co apoio liberal á Pragmática Sanción de 1830 á súa vez organizaríase novamente en monarquía parlamentaria. Deste xeito ambos os dous procesos revolucionarios deron orixe aos novos estados nacionais existentes na actualidade, e o final do reinado de Fernando VII sinala tamén a extinción do Absolutismo en todo o mundo hispánico.

A raíña Isabel II de España.

A morte de Fernando VII abre un novo período de forte inestabilidade política e económica, seu irmán Carlos María Isidro apoiado nos partidarios absolutistas, rebélase contra a designación de Isabel II, filla de Fernando VII, como herdeira e raíña constitucional, e contra a derrogación da Lei sálica da dinastía Borbón, que impedía a sucesión de mulleres á coroa, estourando a primeira guerra carlista. O reinado de Sabela II caracterizouse pola alternancia no poder de progresistas e moderados, aínda que esta alternancia motívase máis por pronunciamentos militares de ambos os dous signos que por unha pacífica cesión do poder en función dos resultados electorais.

A revolución de 1868, chamada A Gloriosa, obrigou a Isabel II a abandonar España. Convocáronse daquela Cortes Constituíntes que se pronunciaron polo réxime monárquico e, por iniciativa do Xeneral Prim, ofrécese a coroa a Amadeu de Savoia, fillo do rei de Italia. O seu reinado foi curto polo cansazo provocado polos políticos do momento e o rexeitamento de importantes sectores da sociedade. Proclamouse a I República, que tampouco gozou de longa vida, aínda que si moi axitada: en once meses tivo catro presidentes (Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar); durante este convulso período producíronse graves tensións territoriais, chegándose a producir fenómenos como a declaración da cidade de Cartagena como "Cantón independente" e finalizou cos pronunciamentos dos xenerais Martínez Campos e Pavía, que disolveu o Parlamento.

A Restauración proclama rei a Afonso XII, fillo de Sabela II. España experimenta unha grande estabilidade política debida ao sistema de goberno preconizado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo. Baséase na quenda dos partidos Conservador (Cánovas do Castelo) e Liberal (Sagasta) no goberno. En 1885 morreu Afonso XII e encargouse a rexencia á súa viúva María Cristina ata a maioría de idade do seu fillo Afonso XIII, nado trala morte do seu pai. A rebelión independentista de Cuba en 1895 induce os Estados Unidos a intervir na zona e tralo confuso incidente da explosión do acoirazado Maine o 15 de febreiro de 1898 no porto da Habana, declara a guerra a España. Coa derrota, España perdeu as súas últimas colonias (Cuba, Filipinas, Guam e Porto Rico) en ultramar.

Século XX

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Reinado de Afonso XIII, Ditadura de Primo de Rivera, Segunda República Española, Guerra civil española, Franquismo, Transición Española, Cronoloxía de España no século XX
Afonso XIII e Miguel Primo de Rivera en 1930.

O século XX comeza cunha gran crise económica e a subseguinte inestabilidade política. Hai unha paréntese de prosperidade comercial, propiciada pola neutralidade española na primeira guerra mundial. A sucesión de crises gobernamentais, a marcha desfavorable da guerra no Rif, a axitación social e o descontento de parte do exército, desembocan no Golpe de estado do xeneral Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923. Estableceu unha ditadura militar que foi aceptada por gran parte das forzas sociais e polo propio rei Afonso XIII.

Durante a ditadura suprímense as liberdades e os dereitos. A difícil conxuntura económica e o crecemento dos partidos republicanos volve a situación cada vez máis insostible. En 1930, Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei e marcha a París, onde morre ao pouco tempo. Sucedeuno na xefatura do Directorio o xeneral Dámaso Berenguer e despois, por breve tempo, o almirante Aznar. Este período foi denominado Dictablanda.

Decidido a buscar unha solución á situación política e establecer a Constitución, o rei propicia a celebración de eleccións municipais o 12 de abril de 1931. Estas deron unha rotunda vitoria ás candidaturas republicano-socialistas nas grandes cidades e capitais de provincia, aínda que o número total de concelleiros era maioritariamente monárquico. Houbo manifestacións organizadas esixindo a instauración da República, o que leva o rei a abandonar o país. Unha vez o rei abandona as súas obrigacións proclámase a II República o 14 de abril.

Bombardeo de Gernika, durante a guerra civil española.

Durante a República prodúcese unha grande axitación política e social, marcada por unha acusada radicalización de esquerdas e dereitas. Os líderes moderados son boicoteados e cada parte pretende crear unha España á súa medida. Durante os dous primeiros anos, goberna unha coalición de partidos republicanos e socialistas. Nas eleccións celebradas en 1933, triunfan as dereitas e en 1936, as esquerdas. A crecente onda de violencia inclúe queima de igrexas, a sublevación monárquica de Sanjurjo, a revolución de 1934 e numerosos atentados contra líderes políticos rivais.

O 17 de xullo sublévanse as guarnicións da África Española xunto con certas capitanías e cuarteis peninsulares os días vindeiros, dando comezo á guerra civil. España queda dividida en dúas zonas: unha baixo a autoridade do goberno republicano e outra controlada polos sublevados, na que o xeneral Francisco Franco sería nomeado Xefe de Estado. O apoio alemán e italiano aos sublevados, moito máis firme que o soporte da Unión Soviética e México á España republicana, e os continuos enfrontamentos entre as faccións republicanas, permitiron a vitoria dos sublevados o 1 de abril de 1939.

Franco e Himmler.

A vitoria do xeneral Francisco Franco supuxo a instauración dun réxime autoritario. O desenvolvemento dunha forte represión sobre os vencidos, obrigou ao exilio a miles de españois e condenou outros tantos á morte ou ao internamento en campos de traballo e prisión. A pesar de que Franco mantivo España como país non belixerante na segunda guerra mundial, o seu non disimulado apoio ás potencias do Eixe conduciu a un illamento internacional de carácter político e económico. No entanto, os condicionamentos da guerra fría entre os Estados Unidos e a Unión Soviética e os seus respectivos aliados fixeron que o réxime franquista fose tolerado polas potencias "occidentais" e finalmente recoñecido polas mesmas, rematando o seu illamento, debido ao seu recoñecido anticomunismo. Asínanse entón acordos cos Estados Unidos permitindo a instalación de bases militares conxuntas hispano-norteamericanas en España. En 1956, Marrocos, que fora protectorado español e francés, adquire a súa independencia e ponse en marcha un plan de estabilización económica do país. En 1969, Franco nomea a Xoán Carlos de Borbón, neto de Afonso XIII, príncipe de España, o seu sucesor a título de Rei. Malia o mantemento dunha férrea represión contra calquera oposición política, o desenvolvemento industrial e económico español resultou moi importante durante a ditadura.

O rei Xoán Carlos I.
Primeira bandeira da democracia española. Foi oficial ata 1981 e o escudo é o que aparece na Constitución.

O ditador morreu o 20 de novembro de 1975. Xoán Carlos I é proclamado rei dous días despois. Ábrese entón un período coñecido como Transición. Culminará co establecemento dunha Monarquía parlamentaria en 1978, logo da renuncia aos seus dereitos históricos realizada por Xoán de Borbón, pai do rei. Tralas primeiras eleccións democráticas, Adolfo Suárez, do partido Unión de Centro Democrático (centro-dereita), foi elixido presidente de Goberno. Leva a cabo importantes reformas políticas e inicia as negociacións para a entrada de España na Comunidade Económica Europea. Dimite en 1981. Durante este período a banda terrorista vasca ETA comete un gran número de atentados, especialmente contra membros do exército e das forzas de seguridade, así como outros de carácter indiscriminado. Durante a sesión de votación de investidura do sucesor de Suárez, Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo (UCD), o 23 de febreiro (23-F), tivo lugar un intento de golpe de estado promovido por altos mandos militares. O Congreso dos Deputados é tomado polo tenente coronel Tejero. O intento foi abortado o mesmo día, tendo lugar a intervención do rei Xoán Carlos na defensa da orde constitucional. En 1981 asínase en Bruxelas o protocolo de adhesión á OTAN, dando comezo ao proceso de integración na Alianza, que termina na primavera de 1982, durante o goberno da UCD.

Nas eleccións seguintes (1982), venceu o Partido Socialista Obrero Español, con Felipe González como presidente do goberno. Manteríase no poder durante as tres seguintes lexislaturas. En 1986 España incorpórase á Comunidade Económica Europea, precursora da Unión Europea e nese mesmo ano celébrase un referendo no que se consulta o pobo sobre a permanencia ou non na OTAN. O PSOE defendeu o si. En 1992 España destaca en certo modo no escenario internacional, coa celebración dos Xogos Olímpicos en Barcelona, a declaración de Madrid como Cidade Cultural Europea e a celebración en Sevilla da Exposición Universal EXPO 92.

Durante este período produciuse unha profunda modernización da economía e a sociedade españolas, caracterizada polas reconversións industriais e a substitución do modelo económico tardofranquista por outro de corte máis liberal –o que conduciu a tres importantes folgas xerais–, a xeneralización do pensamento e os valores contemporáneos na sociedade española, o desenvolvemento do estado das autonomías, a transformación das Forzas Armadas e o enorme desenvolvemento das infraestruturas civís. Con todo, houbo tamén unha situación de elevado desemprego e no final do mesmo produciuse un importante estancamento económico, que non iniciaría a súa recuperación ata 1993 –cando a taxa de desemprego descendeu do 23% ao 15%–, e destapouse o caso GAL de terrorismo de estado.

As eleccións de 1996 deron a vitoria ao Partido Popular, con José María Aznar como presidente, cargo que exerceu durante dúas lexislaturas, obtendo nas eleccións xerais de 2000 a maioría absoluta.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

O século XXI comeza cos efectos do 11 de setembro do 2001, que levaron a España a implicarse en dous conflitos: a ocupación de Afganistán e a invasión de Iraq. Este último conflito e a xestión do atentado do 11 de marzo de 2004 en Madrid provocaron un distanciamento entre o goberno e parte da opinión pública española. Todo isto desembocou na elección dun novo goberno do PSOE tralas eleccións xerais celebradas o 14 de marzo de 2004.

O euro, moeda oficial na chamada «Zona Euro» de Europa dende 1999, converteuse na moeda de cambio oficial o 1 de xaneiro de 2002, substituíndo a peseta. Os cidadáns comezárono a empregar na vida cotiá, malia as protestas da subida encuberta dos prezos que supuxo o cambio de moeda. Entre 1993 e 2007 produciuse unha importante expansión da economía española, baseada fundamentalmente no sector da construción, que quedou ameazada polas consecuencias globais da crise hipotecaria de 2007 e a crise bolsista de xaneiro de 2008.

No final do século XX, España recibiu unha gran cantidade de inmigrantes de países latinoamericanos, como Ecuador, Colombia, a Arxentina, Bolivia, o Perú ou a República Dominicana, así como de diferentes zonas de África, Asia e a Europa do Leste.

Mariano Rajoy, Presidente do Goberno de España desde 2011 ata 2018.

O forte crecemento económico de tipo expansivo que presentou o país dende 1993 requiriu dunha gran cantidade de man de obra. Segundo anunciou o director do Banco de España en febreiro de 2007, España poderíase situar como a sétima maior economía do mundo.[28]

O Partido Socialista Obrero Español gañou as eleccións celebradas o 14 de marzo de 2004, converténdose José Luis Rodríguez Zapatero no quinto presidente do goberno da democracia. Con Zapatero como Presidente do Goberno produciuse a retirada das tropas españolas que permanecían en Iraq. Iso ocasionou un considerable arrefriado das relacións diplomáticas cos Estados Unidos. Asínase a Constitución Europea e realízase o referendo da Constitución Europea, no que os cidadáns españois aproban o tratado. Tamén se aproba o matrimonio homosexual, entre outras reformas de carácter social prometidas no programa electoral dos socialistas.

O mércores 22 de marzo de 2006 a organización terrorista ETA anunciou o seu segundo alto o fogo, roto o sábado 30 de decembro dese mesmo ano coa colocación dunha furgoneta bomba na recentemente estreada Terminal 4 do Aeroporto de Barajas, atentado no que dúas persoas perderon a vida.

As eleccións do 9 de marzo de 2008 deron a vitoria de novo ao PSOE e renovaron o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. Os socialistas gañaron os comicios con 169 escanos (5 máis que nas eleccións de 2004) fronte aos 154 do Partido Popular (6 máis que nas eleccións de 2004). Os partidos nacionalistas sufriron un importante descenso, agás CiU que mantivo os seus 10 deputados e o BNG que mantivo os seus 2. Esquerda Unida perdeu o seu grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados, ao obter soamente 2 escanos. As eleccións de 2008 consolidaron e reforzaron o bipartidismo[29]

Nas eleccións do 20 de novembro de 2011 resultou gañador o Partido Popular cunha maioría de 186 escanos, deste xeito Mariano Rajoy pasou a ser Presidente do Goberno de España. O PSOE, que vira gobernando ata entón, obtivo 110 deputados, sendo un dos peores resultados da historia deste partido. O goberno de Mariano Rajoy enfrontouse nos seus primeiros meses de goberno á crise económica na que se encontraba o país e a un elevado número de parados.

O 2 de xuño de 2014 o rei Xoán Carlos I anunciou a súa intención de abdicar o trono de España no seu fillo Filipe. A Lei Orgánica que permitía a súa abdicación foi aprobada polas Cortes Xerais e sancionada polo rei o 18 de xuño, entrando en vigor ao día seguinte, pasando a coroa para o seu fillo o rei Filipe VI de España.

Nas eleccións xerais de 2015 chegou a entrada de dous novos partidos: Podemos e Cidadáns, conducindo a un escenario de catro partidos que non conseguiron investir un presidente do Goberno. Rajoy rexeitou ir á investidura e o socialista Pedro Sánchez fracasou no seu intento. En 2016, volveron celebrar eleccións xerais con resultados parecidos. Rajoy, apoiado por Cidadáns, presentouse á investidura pero foi rexeitado. Finalmente, a abstención dun PSOE sumido nunha profunda crise interna permitiu a Rajoy ser investido e formar o seu segundo Goberno, logo de dez meses de Goberno en funcións.

Errado intento de independencia en Cataluña en 2017.

España volveu ser vítima dun atentado xihadista en Cataluña cando nos días 17 e 18 de agosto de 2017, terroristas do Estado Islámico asasinaron 16 persoas en Barcelona e Cambrils.

O 1 de outubro, realizouse un referendo de independencia de Cataluña non recoñecido polo Estado; o Parlament catalán proclamou a independencia o 27 de outubro e o Goberno aplicou o artigo 155 da Constitución e convocou eleccións autonómicas; o president Carles Puigdemont fuxiu do país e foi detido en Alemaña en marzo de 2018, pero a xustiza alemá negou a España a extradición.

O 1 de xuño de 2018, Pedro Sánchez foi investido presidente do goberno tras unha moción de censura a Rajoy. Aínda sen unha maioría parlamentaria estable, o PSOE venceu nas eleccións xerais anticipadas do ano seguinte, pero o fracaso na investidura de Sánchez, volve levar os españois ás urnas (por cuarta vez desde 2015), nunhas eleccións que volve gañar o PSOE. Durante eses meses de goberno en funcións, cabe resaltar a exhumación de Franco do Valle de los Caídos e a sentenza do Tribunal Supremo aos membros do procés que derivaron nunha semana de protestas en Cataluña.

En xaneiro de 2020, Sánchez foi investido presidente e formou o primeiro goberno de coalición desde a Segunda República con Unidas Podemos. No mes de marzo, o país, como o resto do planeta, sufriu a pandemia de coronavirus ou COVID-19, o que provocou a declaración do estado de alarma e limitación do movemento dos cidadáns, que permanecerían semanas en corentena.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Goberno e política de España.

España é un Estado social e democrático de dereito que ten como forma política a monarquía parlamentaria. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.[30]

A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.

División de poderes

[editar | editar a fonte]

O xefe de Estado é o rei, quen arbitra e modera o funcionamento regular das institucións e asume a máis alta representación do Estado español nas relacións internacionais, ademais de simbolizar a unidade e permanencia da nación.[31]​ En calquera caso, non ten iniciativa propia nos seus actos políticos, dado que non é responsable deles e sempre deben estar referendados pola autoridade política competente.

O poder executivo (a política interior e exterior e a administración civil e militar), así como a potestade regulamentaria, son exercidos polo Goberno.[32] O Consello de Ministros é presidido polo presidente do Goberno, que designa os seus ministros e ten as funcións propias dun xefe de Goberno nun sistema parlamentario. É responsable ante as Cortes Xerais. Ao comezo de cada lexislatura, o rei realiza unha rolda de consultas cos líderes dos grupos políticos e propón un candidato á Presidencia do Goberno. O Congreso dos Deputados vota a investidura do presidente do Goberno, que require de maioría absoluta en primeira votación ou de maioría simple en segunda votación. O Congreso dos Deputados pode depoñer o presidente do Goberno mediante unha moción de censura construtiva, na que se determina quen o substitúe no seu posto.

O poder lexislativo é exercido polas Cortes Xerais, o órgano supremo de representación do pobo español.[33] As Cortes Xerais son un parlamento bicameral composto polo Congreso dos Deputados (Cámara Baixa) e o Senado (Cámara Alta).[33] As eleccións xerais celébranse cada catro anos por sufraxio universal, no que teñen dereito ao voto os españois maiores de 18 anos. O Congreso dos Deputados está formado por 350 membros elixidos mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas e bloqueadas. Os escanos repártense entre as candidaturas mediante o sistema D'Hondt. A circunscrición electoral é a provincia. O Senado é a cámara de representación territorial e conta actualmente con 266 membros elixidos mediante un sistema mixto, 208 de elección directa e 58 designados. Os senadores de elección directa son elixidos mediante escrutinio maioritario plurinominal parcial con listas abertas. Os senadores designados son elixidos polos órganos lexislativos autonómicos, en momentos distintos aos das eleccións xerais, tamén por un período de catro anos.

O poder xudicial está formado polo conxunto de xulgados e tribunais, integrado por xuíces e maxistrados, que teñen a potestade de administrar xustiza en nome do rei. Os xuíces son funcionarios de carreira cuxa cúspide son a Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo, o órgano xurisdicional superior a todos os niveis excepto en materia de garantías constitucionais,[34] gobernados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que controla os seus nomeamentos, ascensos, inspección e réxime disciplinario.[35] Os membros desa institución, así como os do Tribunal Constitucional (que como órgano constitucional alleo ao poder xudicial resolve os recursos de inconstitucionalidade e os conflitos de competencia entre o Estado e as comunidades autónomas do país),[36] son elixidos por distintas instancias políticas; o que deveu nunha vinculación implícita de cada un eles ao partido político que os designa, en contradición coa súa teórica independencia, circunstancia explicitamente posta de manifesto polos medios de comunicación e o debate político e intelectual.[37]

Relacións exteriores

[editar | editar a fonte]
Zapatero na Asemblea Xeral da ONU.

España é membro da Unión Europea desde o 1 de xaneiro de 1986.

Ademais forma parte de organizacións internacionais como son a Organización das Nacións Unidas (desde o 14 de decembro de 1955), a Organización do Tratado do Atlántico Norte (desde o 30 de maio de 1982) e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico. Tamén forma parte de organizacións de ámbito europeo como a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, o tratado da Unión Europea Occidental e a Axencia Europea de Defensa. Finalmente forma parte de organizacións que estreitan lazos históricos e culturais do vínculo transatlántico, como a Organización dos Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura, a Unión Latina, a Comunidade Iberoamericana de Nacións, e a ABINIA.

O goberno español contribúe ao financiamento da ONU nun 2,52% do seu orzamento anual (2006)[38].

Forzas Armadas

[editar | editar a fonte]
Un AV-8 Harrier II no portaavións Príncipe de Asturias (R11).
Artigo principal: Forzas Armadas de España.

As Forzas Armadas Españolas son as responsables da defensa nacional, que segundo o establecido no artigo oitavo da Constitución Española, teñen a misión de "garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional".[39]

Estas dividíronse tradicionalmente en tres armas: o Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire. Actualmente, a estas armas súmanse a Garda Real, un corpo protocolario segregado, ao servizo do rei, que realiza labores fundamentalmente de seguridade, e a Unidade Militar de Urxencias, un corpo integrante que ten por misión intervir de forma rápida en calquera lugar do territorio nacional en caso de catástrofe ou outras necesidades públicas, estando ambas formadas por persoal dos tres exércitos principais.

España é unha das nacións máis importantes da EUFOR e do Eurocorpo. Así mesmo, ocupa unha posición destacada na estrutura da OTAN, na que ingresou en 1982. Ademais posúe a sexta frota naval máis poderosa,[40] o corpo de Infantaría de Mariña máis antigo do mundo e as dúas unidades militares permanentes máis antigas do mundo: o Rexemento de Infantaría Inmemorial do Rei nº 1 e o Rexemento de Infantaría Lixeira «Soria» nº 9.[41]

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza aos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), España asinou ou ratificou: En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), España firmou ou ratificou:

España España Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[42]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[43] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[44] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[45] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[46]
Pertenza Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado España recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado España recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Organización territorial

[editar | editar a fonte]

O Estado das autonomías

[editar | editar a fonte]

España é un país organizado territorialmente en 17 comunidades autónomas e 2 cidades autónomas (Ceuta e Melilla). O Título VIII da constitución establece a organización territorial do Estado en municipios, provincias e comunidades autónomas, estas con competencias para xestionar os intereses de seu cun amplo nivel de autonomía, poderes lexislativos, orzamentarios, administrativos e executivos nas competencias exclusivas que o Estado lle garante a través da Constitución e de cada Estatuto de autonomía. Malia que Navarra non se constituíu propiamente como unha comunidade autónoma, sendo de iure unha comunidade foral, e non ten un Estatuto de autonomía, senón que se rexe por un amelloramento dos seus foros tradicionais, é considerada comunidade autónoma a todos os efectos, segundo a interpretación do Tribunal Constitucional.

Cada comunidade autónoma está formada por unha ou varias provincias, facendo un total de 50.

Comunidade autónoma Capital autonómica Provincias
Andalucía Andalucía Sevilla Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén
Aragón Aragón Zaragoza Huesca, Teruel e Zaragoza
Asturias Asturias Oviedo Asturias
Illas Baleares Illas Baleares Palma Illas Baleares
Canarias Canarias As Palmas de Gran Canaria
e Santa Cruz de Tenerife
As Palmas e Santa Cruz de Tenerife
Cantabria Cantabria Santander Cantabria
Castela-A Mancha Castela-A Mancha Toledo Albacete, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo
Castela e León Castela e León Valladolid Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora
Cataluña Cataluña Barcelona Barcelona, Lleida, Tarragona e Xirona
Comunidade de Madrid Comunidade de Madrid Madrid Madrid
Comunidade Valenciana Valencia Alacant, Castelló e Valencia
Estremadura Estremadura Mérida Badaxoz e Cáceres
Galicia Galicia Santiago de Compostela A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra
Navarra Navarra Pamplona Navarra
País Vasco Vitoria Áraba, Biscaia e Guipúscoa
Murcia Rexión de Murcia Murcia Murcia
A Rioxa A Rioxa Logroño A Rioxa

Dende o ano 2003 adoptouse a Nomenclatura das Unidades Territoriais Estatísticas, ou unidades NUTS, de tres niveis, con fins soamente estatísticos baseados nas normativas europeas e fixados polo Eurostat. As cincuenta provincias españolas e as dúas cidades autónomas atópanse clasificadas nos niveis NUTS-3; as 17 comunidades autónomas atópanse clasificadas nos niveis NUTS-2; e para os niveis NUTS-1 creáronse os grupos de comunidades autónomas.

Reclamacións territoriais e territorios en disputa

[editar | editar a fonte]
Posesións de España no norte de África.

España reclama historicamente a retrocesión da colonia (actualmente Territorio Británico de Ultramar) de Xibraltar, aínda que se amosou favorable a fórmulas de soberanía compartida. A reclamación comezou dende o intre no que tropas angloholandesas tomaron a praza en nome do arquiduque Carlos durante a Guerra de Sucesión Española (1704), pasando posteriormente a mans británicas mediante o Tratado de Utrecht (1713). A reclamación, que incluíu operacións militares, foi particularmente intensa durante o século XVIII, minguando durante o século XIX e a primeira metade do XX, sendo levada polo goberno franquista ás Nacións Unidas durante a década de 1960. Alí, encadrada nos procesos descolonizadores, España obtivo o apoio á súa postura ao recoñecer as resolucións para o efecto (2231 e 2353) que o proceso de descolonización debía respectar o dereito á integridade territorial de España e que os intereses, e non os desexos dos xibraltareños, debían ser respectados (Véxase Historia de Xibraltar). España non recoñece, con todo, a soberanía británica sobre o istmo que une o continente co peñón.

Faro de Melilla

Por outra banda, Portugal non recoñece a soberanía española sobre a comarca pacense de Olivenza, cedida por Portugal a España mediante o tratado de Badaxoz (1801). As resolucións do Congreso de Viena son interpretadas de forma diverxente por ambos os dous países. Mentres que Portugal estima que aquelas obrigaban a España a devolver Olivenza, España opina que se trata dunha simple declaración de bos desexos, sen capacidade resolutiva, razón pola que Olivenza seguiu unida a España.

Tamén a soberanía sobre o deshabitado illote de Perejil atópase disputada con Marrocos. Aínda que desaloxada tras o incidente da illa Perejil (2002), por acordo entre ambos os países non se atopa asentada alí ningunha forza militar ou policial, sen que ningunha das partes renuncie ás súas pretensións de soberanía. Por outra banda, Marrocos reclama informalmente a cesión dos territorios de Ceuta e Melilla, así como as denominadas prazas de soberanía no continente africano. Algúns movementos irredentistas en Marrocos, como o partido Istiqlal, reclaman a inclusión no denominado "Gran Marrocos" das illas Canarias.[47]

O caso do Sáhara

[editar | editar a fonte]
Selo de 1924 dedicado ao Sáhara Español. Para a ONU, o territorio é de iure de soberanía española, a pesar da renuncia española materializada no Acordo Tripartito de Madrid.

En 1975, mediante o Acordo Tripartito de Madrid, o Estado español renunciou formalmente á administración do Sáhara Occidental, territorio non autónomo segundo o Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, pasando esta a ser temporalmente marroquí e mauritana.[48] A propia ONU, no seu documento S/2002/161, establece:

O 14 de novembro de 1975 España, Marrocos e Mauritania emitiron en Madrid unha declaración de principios sobre o Sáhara Occidental (o «Acordo de Madrid»), con arranxo ao cal as facultades e responsabilidades de España, como Potencia administradora do Territorio, transferíronse a unha administración temporal tripartita. O Acordo de Madrid non transferiu a soberanía sobre o Territorio nin conferiu a ningún dos signatarios a condición de Potencia administradora, condición que España, por si soa, non podía transferir unilateralmente. A transferencia da autoridade administrativa sobre o Territorio a Marrocos e Mauritania en 1975 non afectou a condición internacional do Sáhara Occidental como Territorio non autónomo.[49]

Polo tanto, España seguiría sendo a potencia administradora sobre o territorio. Mesmo en 2014, a propia Fiscalía da Audiencia Nacional española, na investigación de dúas causas nas que se investigan posibles crimes de xenocidio e lesa humanidade que cometerían altas autoridades marroquís contra a poboación do territorio, estableceu que «pola legalidade internacional, ese territorio non pode ser considerado marroquí» e, en consecuencia, «España de iure, aínda que non de facto, segue sendo a potencia administradora».[50][51][52][53]

Independentismo

[editar | editar a fonte]

Existen en España diversos movementos políticos de signo independentista. Estes movementos danse en Cataluña, Galicia, Navarra e o País Vasco, onde existen partidos explicitamente independentistas como a Unión do Povo Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Junts per Catalunya, Aralar ou Bildu. Doutra banda, partidos como o Bloque Nacionalista Galego ou o Partido Nacionalista Vasco oscilan entre posturas autonomistas e abertamente independentistas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de España.
Relevo de España peninsular e Baleares.

Situada en Europa Occidental, ocupa a maior parte da Península Ibérica e, fóra dela, dous arquipélagos (o das illas Canarias no océano Atlántico e o das illas Baleares no mar Mediterráneo) e dúas cidades, Ceuta e Melilla, no norte de África.

Ademais, consta de posesións menores non continentais, como as illas Chafarinas, o peñón de Vélez da Gomera e o peñón de Alhucemas, todos fronte á costa africana. A illa de Alborán, as illas Columbretes, as illas Cíes e unha serie de illas e illotes atópanse fronte ás costas peninsulares.

En extensión territorial é o cuarto país de Europa, por detrás de Rusia (que é o maior, ata tendo en conta só o territorio contido en Europa), Ucraína e Francia, e o segundo da Unión Europea.

Os límites físicos de España son os seguintes: ao oeste, Portugal e o océano Atlántico; o mar Mediterráneo ao leste; o estreito de Xibraltar, océano Atlántico e mar Mediterráneo ao sur; e os Pireneos, xunto co golfo de Biscaia e o mar Cantábrico ao norte.

As Médulas, no Bierzo (León).
Artigo principal: Clima de España.

España ten un clima moi diverso ao longo de todo o seu territorio. Predomina o carácter mediterráneo en case toda a súa xeografía. As costas do sur e mediterráneas teñen un clima denominado mediterráneo de costa que tamén posúe o Val do Guadalquivir: temperaturas suaves, precipitacións abundantes case todo o ano excepto no verán.

Ao penetrarmos no interior o clima vólvese máis extremo, atopándose o clima mediterráneo continental, que abarca case toda a Península, con temperaturas baixas no inverno, altas no verán e precipitacións irregulares (dependendo da posición xeográfica). Polo xeral, as comunidades occidentais reciben máis precipitacións que as orientais. Así pois, Galicia e o Cantábrico posúen un clima oceánico, caracterizado pola abundancia de precipitacións durante todo o ano especialmente no inverno, e unhas temperaturas frescas.

Deserto de Tabernas, en Almería.

O clima de montaña pódese observar en altitudes altas, Cordilleira Cantábrica, Pireneos, altos puntos da Cordilleira Ibérica, Sistema Central e Cordilleiras Béticas, así como en altitudes altas nas Canarias, onde se dan temperaturas baixas (invernos fríos ou moi fríos) e precipitacións xeralmente abundantes.

Os climas áridos ou semiáridos (menos de 300 mm anuais) atopámolos en certos puntos peninsulares do leste: Almería, famoso o deserto de Tabernas ou o Cabo de Gata (onde se rexistran menos de 200 mm anuais), Guadix (Granada), Murcia, Alacant e o Val do Ebro onde o efecto Föhn é o principal causante de tan baixas precipitacións.

O carácter subtropical é característico das Illas Canarias, cunhas temperaturas cálidas durante todo o ano e poucas precipitacións (máis abundantes nas illas occidentais). Con todo, este clima tamén se dá nas costas sureñas da península (Málaga, Granada e Almería), onde teñen temperaturas relativamente suaves durante todo o ano, aínda que as precipitacións son algo máis abundantes que nas Canarias.

Sistemas montañosos

[editar | editar a fonte]
O Teide, na illa de Tenerife, é o punto máis alto de España.
O Mulhacén, na provincia de Granada, o punto máis alto da Península Ibérica.
O Aneto, o punto máis alto dos Pireneos.
Artigo principal: Relevo de España.

O relevo de España caracterízase por ser bastante elevado, cunha altitude media de 660 metros, e montañoso se o comparamos co resto de países de Europa, coas excepcións de Suíza, Austria e os microestados de Andorra e Liechtenstein, cunha altitude media bastante maior. Na España peninsular, o relevo articúlase ao redor dunha gran Meseta Central que ocupa a maior parte do centro da Península Ibérica. Fóra da meseta, está a depresión do río Guadalquivir, situada no suroeste da península, e a do río Ebro, no nordés desta. Os principais sistemas montañosos son: Pireneos, sistema Ibérico, cordilleira Cantábrica, sistema Central e cordilleiras Béticas (Subbética e Penibética).

Montes de maior altitude
Posición Monte Sistema Provincia Altitude (m)
1 Teide Illas Canarias Santa Cruz de Tenerife 3.718
2 Mulhacén Cordilleira Penibética Granada 3.482
3 Aneto Pireneos Huesca 3.404
4 Veleta Cordilleira Penibética Granada 3.398
5 Posets ou Llardana Pireneos Huesca 3.375
6 La Alcazaba Cordilleira Penibética Granada 3.371
7 Monte Perdido Pireneos Huesca 3.355
8 Cilindro de Marboré Pireneos Huesca 3.328
9 Perdiguero Pireneos Huesca 3.321
10 La Maladeta Pireneos Huesca 3.308
11 Viñamala Pireneos Huesca 3.299
12 Balaitus Pireneos Huesca 3.146
13 Pica d'Estats Pireneos Lleida 3.143
14 Pico Viejo Illas Canarias Santa Cruz de Tenerife 3.135
Fonte: Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (España)

Medio ambiente

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Medio ambiente en España.
Emisións de CO2 durante a década de 1994 ao 2004
FONTE: Ministerio de Medio Ambiente.

Desde o ano 1996 o índice incrementáronse as emisións de CO2 notablemente, incumprindo de longo cos obxectivos do Protocolo de Kyoto sobre emisións xeradoras de Efecto invernadoiro e contribuíntes do Cambio climático. Os informes de medio ambiente suxeridos polas recomendacións de revisión do inventario español levados a cabo pola Secretaría da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (SCMCC) dan o seguinte resultado de dióxido de carbono (equivalente en xigagramos):

España é un país especialmente afectado polo fenómeno da seca: durante o período 1880-2000 máis da metade dos anos cualificáronse como de secos ou moi secos. Na década dos 80, sete anos consideráronse secos ou moi secos e cinco nos anos 90. O cambio climático preludia para España gravísimos problemas ambientais, agravando os trazos climáticos máis extremos.[54]

Segundo o premio nobel da paz, Al Gore, España é o país europeo máis vulnerable ao cambio climático.[55]

Doutra banda, Ban Ki-moon pediu a España un "liderado aínda máis activo" na loita contra o cambio climático.[56]

Fuso horario

[editar | editar a fonte]

España atópase xeograficamente no fuso horario UTC+0, xa que polo seu territorio cruza o meridiano de Greenwich. Con todo, desde 1940 utiliza o fuso UTC+1, coñecido como hora central europea, excepto nas Canarias, que pola súa localización teñen unha hora menos (UTC+0). Así mesmo, en verán adiántase unha hora (UTC+2).

A utilización dun horario que non é o correspondente por zona xeográfica provén da ditadura de Francisco Franco, que decidiu situar a España na órbita dos seus aliados, Alemaña e Italia.[57]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Densidade de poboación de España (2008).
Artigo principal: Demografía de España.

España contaba con 47 007 367 habitantes a 1 de xaneiro de 2019 segundo o INE. A densidade de poboación, de 93,14 hab/km², é menor que a da maioría doutros países de Europa Occidental e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular: as zonas máis densamente poboadas concéntranse na costa e ao redor de Madrid, mentres que o resto do interior atópase moi debilmente ocupado.

En 2019, 2 municipios tiñan máis de 1 000 000 de habitantes, Madrid e Barcelona, seguidos de Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga, con máis de 500.000. No mesmo ano, 62 municipios tiñan poboacións comprendidas entre os 100.000 e os 500.000 habitantes. Vigo, con 292.986 habitantes, é a primeira cidade sen rango de capital en poboación, seguida de Xixón, L'Hospitalet de Llobregat e Elx, todas elas situadas entre as 20 cidades máis poboadas do país.

Concellos máis poboados

[editar | editar a fonte]
Listaxe Cidade Pob. Provincia Comunidade Autónoma

Madrid

Barcelona

Valencia

Sevilla
1 Madrid 3.141.991 Madrid Comunidade de Madrid
2 Barcelona 1.604.555 Barcelona Cataluña
3 Valencia 786.189 Valencia Comunidade Valenciana
4 Sevilla 693.878 Sevilla Andalucía
5 Zaragoza 664.953 Zaragoza Aragón
6 Málaga 569.130 Málaga Andalucía
7 Murcia 439.889 Murcia Rexión de Murcia
8 Palma de Mallorca 400.578 Illas Baleares Illas Baleares
9 As Palmas de Gran Canaria 379.766 As Palmas Illas Canarias
10 Bilbao 345.141 Biscaia País Vasco
11 Alacant 328.648 Alacant Comunidade Valenciana
12 Córdoba 327.362 Córdoba Andalucía
13 Valladolid 303.905 Valladolid Castela e León
14 Vigo 294.098 Pontevedra Galicia
15 Xixón 274.290 Asturias Asturias
16 L'Hospitalet de Llobregat 252.171 Barcelona Cataluña
17 Vitoria-Gasteiz 243.918 Áraba País Vasco
18 A Coruña 243.870 A Coruña Galicia
19 Granada 237.540 Granada Andalucía
20 Elx 227.312 Alacant Comunidade Valenciana
21 Oviedo 221.870 Asturias Asturias Asturias
22 Cartagena 216.301 Murcia Murcia Rexión de Murcia
23 Badalona 215.654 Barcelona Cataluña Cataluña
24 Terrassa 215.214 Barcelona Cataluña Cataluña
25 Xerez da Fronteira 212.876 Cádiz Andalucía Andalucía
Censo 2015[58]

Distribución da poboación por illas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lista de illas de España.

As illas españolas máis poboadas no ano 2010 segundo o Instituto Nacional de Estadística eran:

  1. Tenerife – 906.854 hab.
  2. Mallorca – 869.067 hab.
  3. Gran Canaria – 845.676 hab.
  4. Lanzarote – 141.437 hab.
  5. Eivissa – 132.637 hab.
  6. Fuerteventura – 103.492 hab.
  7. Menorca – 94.383 hab.
  8. La Palma – 87.324 hab.
  9. La Gomera – 22.776 hab.
  10. El Hierro – 10.960 hab.
  11. Formentera – 9.962 hab.
  12. Arousa – 5.000 hab.
  13. La Graciosa – 660 hab.
  14. Ons – 78 hab.
  15. Tabarca – 68 hab.
  16. A Toxa – 55 hab.

Inmigración en España

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Inmigración en España.

Nos últimos anos España presenta unha considerable diminución na taxa de inmigración neta, deixando de posuír unha das maiores taxas de inmigración de Europa (en 2005, de 1,5% anual só superado na UE por Chipre) Na actualidade a súa taxa de inmigración neta chega só ao 0,99%, ocupando o posto n° 15 na Unión Europea. É ademais, o 9° país con maior porcentaxe de inmigrantes dentro da UE, por baixo de países como Luxemburgo, Irlanda, Austria ou Alemaña. No 2007, o 9,93% da poboación española era de nacionalidade estranxeira, mentres que no 2005 recibiu o 38,6% da inmigración extracomunitaria cara á UE, sobre todo de cidadáns de orixe iberoamericana, doutros países de Europa Occidental, de Europa Oriental e do Magreb. En 2009, un 12% da poboación residente é de orixe estranxeiro, cun maior número de romaneses (796.576 habitantes), marroquís (710.401) e ecuatorianos (413.715). Os cidadáns da Unión Europea representan un 40,5% do total de cidadáns estranxeiros residentes en España.

Relixión

[editar | editar a fonte]
Fachada da Catedral de Santiago de Compostela (A Coruña).
Artigo principal: Relixión en España.

O artigo 16.3 da Constitución Española vixente define o país como un Estado aconfesional: "Ningunha confesión terá carácter estatal". Con todo, garante a liberdade relixiosa e de culto dos individuos e asegura relacións de cooperación entre os poderes públicos, e todas as confesións relixiosas.

O catolicismo é a relixión predominante no país. A Igrexa católica é a única mencionada expresamente na Constitución, no mesmo artigo 16.3: "... e manterán as consecuentes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións". O 77,3% dos españois considerábanse católicos, segundo un estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas realizado en 2007. Seguindo aos católicos, os ateos ou agnósticos supón o 18,9% e outras relixións minoritarias o 1,7%.[59] No entanto, a porcentaxe de practicantes é moito menor. Segundo o mesmo estudo, só un 18,5% acode á misa de forma regular. Un 2,3 acode á misa varias veces por semana, e un 16,2 os domingos e festivos. Este grupo cumpre as disposicións da propia Igrexa católica sobre asistencia á eucaristía. Un 11,3 adicional acode algunha vez por mes. Por outra banda, segundo un estudo do 19 de abril de 2005 do New York Times, só o 18% dos españois acode á misa de forma regular.

Fachada da Sagrada Familia, en Barcelona.

Entre os menores de 30 anos, esa porcentaxe redúcese ao 14%. O 46% dos mozos españois de 15 a 24 anos din ser agnósticos, ateos ou indiferentes, o que indica o declive da relixiosidade da poboación.

En canto a membros, a segunda relixión en importancia é a musulmá. Calcúlase que hai uns 800.000 fieis, procedentes fundamentalmente das recentes ondas de inmigración. Séguenlles os Testemuñas de Xehová con 103.784 fieis. Hai tamén varias igrexas protestantes, que suman preto de 50.000 seguidores (a estatística propia dos protestantes en España indica 1 200 000, dos cales 400.000 son españois e o resto son estranxeiros que residen en España máis de seis meses),[60] así como uns 20.000 mormons; pola súa banda, a comunidade xudía en España non supera os 15.000 fieis.

En España existe o concepto de relixión de notorio arraigamento, un status concedido polo Ministerio de Xustiza a través da Dirección Xeral de Asuntos Relixiosos tras o informe correspondente da Comisión Asesora de Liberdade Relixiosa. Alén do catolicismo, teñen o carácter de relixións de notorio arraigamento as seguintes (por orde de acordo): protestantismo, xudaísmo, islam (todas dende 1992), mormóns, testemuñas de Xehová e budismo, esta última aceptada en 2007.

Artigo principal: Idiomas de España.
LINGUAS OFICIAIS
     Castelán ou Español (oficial e falada en todo o territorio)      Catalán / Valenciano (cooficial)      Galego (cooficial)      Éuscaro (cooficial)      Aranés (variante do Occitano, cooficial co catalán)
LINGUAS NON OFICIAIS
     Asturleonés      Aragonés

O idioma oficial e o máis falado no conxunto de España, por un 99% da poboación, é o español ou castelán, lingua materna do 89% dos españois.[61]

Ademais fálanse outras linguas que, de acordo co establecido pola Constitución, poden ser oficiais nas súas rexións se así o establecen os seus Estatutos de Autonomía. Ordenadas por número de falantes nativos, estas linguas son:

Tamén se falan patrimonialmente outras linguas ou dialectos románicos que non teñen status de lingua oficial aínda que, nalgúns casos, si diferentes graos de recoñecemento legal:

  • Asturleonés:
  • Aragonés, falado na zona norte da provincia de Huesca.[66] A Lei de Linguas de 2009 e a Lei de Linguas de 2013 regulan o uso, a protección e a promoción do aragonés, dando á lingua dereitos como o seu uso na educación, así como dirixirse con ela nas administracións aragonesas. Defínese como «lingua propia, orixinal e histórica» da comunidade autónoma, aínda que sen chegar a concederlle o grao de cooficialidade.

Outras linguas autóctonas, non recoñecidas oficialmente e con poucos falantes son o portugués, falado en localidades fronteirizas de Estremadura, practicamente desaparecido; o bérber, falado na cidade autónoma de Melilla e o árabe, falado na cidade autónoma de Ceuta.

Economía

[editar | editar a fonte]
Fachada do Banco Español de Crédito, en Barcelona.
Artigo principal: Economía de España.

España é actualmente a novena potencia económica mundial e chegou a ser a sétima, segundo o PIB nominal. Tradicionalmente España foi un país agrícola e aínda é un dos maiores produtores de Europa Occidental, pero desde mediados da década de 1950 o crecemento industrial foi rápido e pronto alcanzou un maior peso que a agricultura na economía do país. Unha serie de plans de desenvolvemento, que se iniciaron en 1964, axudaron a expandir a economía, pero a finais da década de 1970 comezou un período de recesión económica debido á subida dos prezos do petróleo, e un aumento das importacións coa chegada da democracia e a apertura de fronteiras. Con posterioridade, incrementouse o desenvolvemento das industrias do aceiro, estaleiros, téxtiles e mineiras. Na actualidade, a terciarización da economía e da sociedade española queda clara tanto no produto interior bruto (contribución en 2005: un 67%) como na taxa de emprego por sectores (65%). Os ingresos obtidos polo turismo permiten equilibrar a balanza de pagamentos. Desde que España ingresou como membro de pleno dereito na Unión Europea as políticas económicas evolucionaron en función desta grande organización supranacional (PAC, IFOP, ...).

Agricultura

[editar | editar a fonte]
Viñedos da Rioxa.

A agricultura foi ata a década de 1960 o soporte principal da economía española, pero actualmente emprega só ao redor do 5% da poboación activa. Os principais cultivos son trigo, cebada, remolacha azucreira, millo, patacas, centeo, avea, arroz, tomates e cebola. O país ten tamén extensos viñedos e hortos de cítricos e oliveiras. En 2005 a produción anual (expresada en toneladas) de cereais foi de 14 millóns; dos cales 3,8 foron de trigo, 8,3 de cebada, 4 de millo e 126.100 t de centeo. A produción anual doutros importantes produtos era: 6,7 millóns de toneladas de remolacha azucreira, 2,6 millóns de patacas, 5,9 millóns de uvas, 3,9 millóns de tomates, case 3 millóns de laranxas, e algo menos de 1 millón de cebolas.

As condicións climáticas e topográficas fan que a agricultura de secaño sexa obrigatoria nunha gran parte de España. As provincias do litoral mediterráneo teñen sistemas de regadío desde hai tempo, e este cinto costeiro que anteriormente era árido converteuse nunha das áreas máis produtivas de España, onde é frecuente atopar cultivos baixo plástico. No val do Ebro pódense atopar proxectos combinados de regadío e hidroeléctricos. Grandes zonas de Estremadura están irrigadas con augas procedentes do río Guadiana por medio de sistemas de rega que foron instalados grazas a proxectos gobernamentais (Plan Badaxoz e regadíos de Coria, entre outros). As explotacións de regadío de pequeno tamaño están máis estendidas polas zonas de clima húmido e pola horta de Murcia e a horta de Valencia.

Cartel publicitario dun Touro de Osborne, imaxe iconográfica do touro de lida nada como publicidade dunha compañía adegueira e convertida en imaxe cultural de España.

Gandaría

[editar | editar a fonte]

En especial a ovina e a porcina, ten unha importante transcendencia económica. En 2005 a facenda gandeira contaba con 22,7 millóns de cabezas de gando ovino, 25,1 millóns de gando porcino, 6,5 millóns de gado vacún, 3 millóns de gando caprino, 240.000 cabezas de gado cabalar e 131 millóns de aves de curral. En España producíronse preto de 32 millóns de kg de mel no ano 2001.

Silvicultura e pesca

[editar | editar a fonte]

A cortiza é o principal recurso forestal de España e en 2001 a produción foi de 57.581 toneladas. A produción de polpa de papel e madeira dos bosques españois é insuficiente para cubrir as necesidades do país.

A industria pesqueira é menos importante hoxe para a economía española que en tempos pasados, a pesar de que ocupa os primeiros postos entre os países europeos tanto polo volume da súa frota como o das capturas. A captura anual ascendeu a 1,2 millóns de t en 2004 e estaba formada principalmente por atún, luras, pescada, sardiñas (Vigo e Isla Cristina), anchoas (portos do Cantábrico), xarda, pixota e mexillóns. Desde hai unhas décadas a acuicultura (mariña e continental) tivo un gran desenvolvemento, destacando a cría de dourada, robaliza, mexillón, troitas, rodaballo e salmón; a produción total en 2003 foi de 311.287 toneladas. A maior parte desta captura dáse en Galicia.

Monumento ao mineiro en Riotinto, Huelva.

A minería española desde 1996 estivo marcada pola redución progresiva e obrigada na extracción de carbóns, un certo estancamento na minería metálica e o crecemento constante dos minerais e rocas industriais (celestina, sulfato sódico, sepiolita, fluorita, xeso, feldespato, xisto, mármore, granito...) cada vez con maior peso no sector mineiro. En 2003 a produción mineira anual (en toneladas) englobaba uns 20,6 millóns de carbón e lignito, 265.000 de mineral de ferro, 70.000 de concentrados de cinc, 2.000 de chumbo, 6,5 millóns de xeso, e 2 409 554 barrís de petróleo cru ao ano.

En 2001 os principais produtos mineiros enerxéticos foron o lignito e a hulla; entre os minerais metálicos destacou o cinc e entre as rocas e minerais industriais, o sal común e as arxilas especiais. As principais minas de carbón están en Asturias e no norte da provincia de León; os principais depósitos de mineral de ferro atópanse ao redor de Santander e Bilbao; Almadén (Cidade Real) foi moi produtiva na extracción de mercurio; e Andalucía destaca pola minería metálica, con máis da metade da produción do país.

Industria

[editar | editar a fonte]

En España prodúcense, entre outros, téxtiles, ferro e aceiro, vehículos de motor, produtos químicos, confección, calzado, barcos, refino de petróleo e cemento, destacando polo seu valor os sectores industriais da alimentación e bebidas e do material de transporte. España é un dos primeiros produtores mundiais de viño; a produción en 2003 foi duns 30 millóns de hectolitros. A industria siderúrxica, antes da súa reconversión da década de 1990, estivo concentrada en Bilbao, Santander, Oviedo e Avilés.

Central de enerxía solar en Sanlúcar la Mayor (Sevilla).
Parque eólico da Capelada.
Artigo principal: Enerxía en España.

O sector enerxético en España supón aproximadamente un 5% do Produto interior bruto do país, a súa importancia vai máis aló da súa participación na produción total, ao constituír un sector de carácter estratéxico do que necesitan todas as ramas da actividade económica, sendo a enerxía considerada necesaria para calquera clase de produción de bens e servizos. Un dos elementos máis destacados do sector enerxético en España, nos dous últimos séculos, foi a escaseza e pobreza dos recursos enerxéticos existentes no territorio nacional. Esta escaseza condenou tradicionalmente ao sistema enerxético nacional a unha situación de déficit e dependencia exterior. O grao de autoabastecemento exterior cífrase en 2008, nun 25% que se deriva dun consumo de enerxía primaria en 2008 de 142.070 quilotoneladas equivalentes de petróleo (Ktep), cun descenso do 3,1% sobre o de 2007 e unha produción de só 30.348 Ktep.[67]

A demanda enerxética en España desde o ano 2002 foi crecendo en torno ao 3,5% anual, con algunhas variacións, como no ano 2003 cun crecemento próximo ao 7%. Cun incremento de consumo desde os 211.500 GWh do 2002 aos 253.600 do ano 2006.[68]

En 2003, o 48,9% da enerxía producida en España foi de orixe nuclear [69] (16.422 Ktep ou miles de toneladas equivalentes de petróleo) e o 21,7% xerouse en centrais térmicas de carbón. A produción de enerxía hidráulica e doutras renovables, como a eólica e solar, aumenta de ano en ano.

Segundo un informe de Ernst&Young de outubro de 2008, España era o quinto país do mundo máis atractivo para investir en enerxías renovables, tras Estados Unidos, Alemaña, India e China.[70]

En enerxías renovables, España é o primeiro produtor de enerxía solar e o segundo de enerxía eólica do mundo.

Tras o "boom" de instalación de paneis fotovoltaicos en España durante o 2008, a potencia real de produción de enerxía solar podería chegar aos 3.130 MW, superando a Alemaña que era o primeiro produtor, segundo datos da Comisión Nacional da Enerxía (CNE)[71].

Desde hai uns anos en España é maior a capacidade teórica de xerar enerxía eólica que nuclear e é o segundo produtor mundial de enerxía eólica, despois de Alemaña, e chegou a ser o primeiro no 2003[72]. España e Alemaña tamén chegaron a producir en 2005 máis electricidade desde os parques eólicos que desde as centrais hidroeléctricas.

Artigo principal: Turismo en España.
Cala Galdana, Menorca.

O turismo é un dos principais motores da economía española. No ano 2017, España foi o segundo país do mundo en afluencia de turistas estranxeiros, segundo datos da Organización Mundial do Turismo, por detrás de Francia e pasando aos Estados Unidos, o que supón o quinto ano consecutivo con récord de turistas. No total recibiu 82 millóns de turistas, case un 9 % máis que o ano 2016. Desde 2012, España conseguiu un aumento de 30 millóns de turistas.

Donostia.

Entre as comunidades autónomas, Cataluña foi a comunidade que máis turistas recibiu con 18,2 millóns. A esta séguenlle as Illas Baleares con 13,7 millóns, as Illas Canarias con case 13 millóns e Andalucía con 11 millóns. A Comunidade Valenciana e a Comunidade de Madrid recibiron 8,5 e 6,2 millóns de turistas respectivamente, mentres que as comunidades autónomas do País Vasco, Castela e León e Galicia aproximáronse aos 1,5 millóns. As rexións menos turísticas foron as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e A Rioxa, sendo, ademais, as únicas que perderon turistas con respecto ao ano anterior.

A Organización Mundial do Turismo ten a súa sede en Madrid.

Moeda e banca

[editar | editar a fonte]

A unidade monetaria é o euro, emitido polo Banco de España en coordinación co Banco Central Europeo. Desde o 1 de xaneiro de 1999, o euro vinculouse ao valor da peseta, cun cambio fixo de 166,386 pesetas por euro. O 1 de xaneiro de 2002, a peseta deixou de circular, sendo o euro a única moeda de curso legal, aínda que os cidadáns en posesión de pesetas sempre poderán cambialas por euros no Banco de España.

O país conta cun potente sistema bancario, con gran número de bancos comerciais e caixas de aforros, que en total alcanzan unha capitalización 189 621 000.000 €.[73] Dous bancos españois sitúanse entre os 30 primeiros do mundo por capitalización bolsista: Santander Central Hispano (11º) e BBVA (29º)[74]

Comercio exterior

[editar | editar a fonte]
Principais países cos que comercia España
Exportacións a Importacións de
País Euros País Euros
Francia 34 777 210 Alemaña Alemaña 25 546 139
Alemaña Alemaña 21 885 503 Francia 25 124 741
Portugal Portugal 15 880 085 China 15 820 283
Italia Italia 15 242 822 Italia Italia 13 372 382
Reino Unido Reino Unido 14 637 401 Estados Unidos de América Estados Unidos 9 240 438
Estados Unidos de América Estados Unidos 7 968 864 Reino Unido Reino Unido 9 061 048
Países Baixos Países Baixos 6 212 683 Portugal Portugal 9 045 252
Bélxica Bélxica 5 697 004 Países Baixos Países Baixos 8 959 881
Outros Outros
Fonte: ICEX[75], 2013

No 2012 España importou produtos por valor de 253.401 millóns de euros e as exportacións ascenderon a 222.643 millóns de euros, cun saldo comercial negativo de -30.757 millóns de euros.[76] Entre as principais importacións e exportacións se encontraban: medio ambiente e produción enerxética, tecnoloxía industrial, industria química (produtos químicos), moda, materias primas, manufactureiras e produtos intermedios, entre outros.[76][76] Os principais intercambios comerciais de España tiveron lugar cos demais países da Unión Europea (salientando Francia, Alemaña, Italia, Portugal, o Reino Unido e os países do Benelux), os Estados Unidos, Marrocos e Turquía.[77] Os ingresos por turismo rozaron os 56.000 millóns de euros e o número de persoas que visitou o país nese mesmo ano foi duns 57.7 millóns; mentres que os españois gastaron nas súas viaxes ao exterior uns 24.000 millóns de euros, cunha diferenza favorable de 32.000 millóns de euros que axudaron a compensar o déficit da balanza comercial española.[78]

Ciencia e tecnoloxía

[editar | editar a fonte]
Gran Telescopio Canarias, pertencente ao Instituto de Astrofísica das Canarias.

España está ben equipada en termos de infraestrutura tecnolóxica e industrial, habendo proliferado nos últimos anos os parques tecnolóxicos nas principais áreas industriais, así como ao redor das Universidades e Centros de Investigación e Desenvolvemento (I+D). Actualmente existen 41 parques tecnolóxicos (12 en funcionamento e 29 en proxecto). Nestes parques están establecidas 1080 empresas, 108 Centros de I D e 12 incubadoras. A investigación científica e tecnolóxica en España esta regulada pola Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación de 11 de xuño de 2011 e o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación para o período entre 2013 e 2016[79]

Artigo principal: Vivenda en España.

España tiña un parque de 24 677 227 vivendas a finais do ano 2006, segundo datos do Banco de España, sobre un total de 16,03 millóns de fogares españois. Estas cifras indican unha media de 1,54 vivendas por fogar español. Segundo as mesmas fontes, o 85% das vivendas en España son de propiedade, e só un 15% gózanse en réxime de alugueiro.

O prezo medio da vivenda nova baixou dos 228.600 no 2012 aos 203.900€ no 2013, segundo os datos da Sociedad de Tasación.[80] O prezo da vivenda, porén, varía ostensiblemente en función das comunidades autónomas e as capitais de provincia, encontrándose a de maior valor en Cataluña 292.590€, en contraposición ás de Estremadura e a Rexión de Murcia.[80]

Transporte

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Transporte en España.
Avión A320 de Iberia, primeira compañía aérea de bandeira española, fundada en 1927.

España conta con 51 aeroportos situados nas distintas rexións, dos que 46 están xestionados por Aena. Deles 33 son internacionais, onde operan máis de 250 liñas aéreas, sendo o máis importante o aeroporto de Madrid-Barajas. Tras a súa ampliación, este pretende ser un dos aeroportos de conexión máis importantes do mundo e ter unha capacidade para 70 millóns de viaxeiros, case 30 millóns máis que no 2005. Barajas realiza un importante papel de "hub" ou conexión entre capitais de provincia e o estranxeiro, principalmente entre Europa e Latinoamérica. O aeroporto de Barcelona-El Prat, non queda atrás, e tras a inauguración da nova Terminal T1 en 2008, será o segundo aeroporto do sur de Europa máis importante, con 60 millóns de pasaxeiros ao ano, uns 30 millóns máis que no 2005.

As vías e estacións da rede de largo ibérico son xestionadas por Adif. Nelas ofrece os seus servizos a compañía ferroviaria estatal Renfe Operadora (que antigamente formaba con Adif a compañía RENFE). Ademais, existen diversas redes de largo internacional (FGC) e algunhas liñas de largo métrico (FEVE). O sistema ferroviario español é fundamentalmente radial con centro en Madrid. A cidade de Barcelona permite conectar España con París e outras cidades francesas.

Tren de alta velocidade (AVE).

Os servizos de Alta Velocidade Española (AVE) prestados por Renfe Operadora reducen á metade o tempo de desprazamento en coche e alcanzan máis de 250 km/h. A velocidade máxima comercial dos seus trens é de 300 km/h e a súa velocidade punta é de 356,8 km/h. Para 2020 o Goberno de España ten previsto contar coa maior rede de alta velocidade ferroviaria do mundo, con 2.230 km, superando a países como o Xapón ou Francia.[81]

A rede de metro está dispoñible en oito cidades: Alacant, Barcelona, Bilbao, Madrid, Málaga, Palma, Sevilla e Valencia. Está en construción na cidade de Granada, e proxectado para Santander. Outras cidades como Zaragoza contan con redes de tranvía. A máis extensa e con maior número de pasaxeiros ao ano é a de Madrid (324 km; 634 millóns de viaxeiros en 2011), seguida pola de Barcelona (123 km; 432 millóns de viaxeiros en 2011).

A rede de estradas española está formada por uns 370.000 km. Esta rede comprende autoestradas de peaxe, autoestradas libres, autovías, estradas de dobre calzada e estradas convencionais. Nesta cifra non están incluídas as estradas e rúas no medio urbano, nin as estradas ou camiños agrícolas ou forestais. Pero referíndose a autoestradas soamente, ten unha rede que case chega aos 13.200 km, sendo o terceiro país do mundo nese aspecto, por detrás dos Estados Unidos e a China.

Un dos Ferrys que realiza o traxecto Alxeciras-Ceuta.

Así mesmo, España goza de excelentes comunicacións marítimas con máis de 53 portos internacionais nas costas atlántica e mediterránea. Cabe destacar o porto de Alxeciras, o único de España considerado de primeira orde mundial polo seu elevado movemento de viaxeiros e mercancías, así como o porto de Vigo, sendo tamén un dos máis activos en canto a tráfico de mercancías, capturas vivas de peixe e conxelados. O porto de Sevilla é o único de carácter netamente fluvial que existe no país, pois aínda que a cidade está no interior, ten saída ao mar a través do río Guadalquivir. O veciño porto de Cádiz é un punto estratéxico para o embarque de mercancías cara ao arquipélago atlántico das Canarias. O porto de Barcelona, por ser líder do Mediterráneo en tráfico de cruceiros, e o segundo en ámbito mundial, así como o porto de Tarragona.

Telecomunicacións

[editar | editar a fonte]
Palacio de Comunicacións na Praza Cibeles de Madrid.

Finalmente, España posúe unha boa rede de telecomunicacións; á extensa rede de cable de fibra óptica convencional hai que engadir unha das maiores redes de cable submarino e conexión vía satélite cos cinco continentes.

O operador maioritario en telefonía e acceso a Internet é a multinacional Telefónica, con sede en Madrid, que opera tanto en telefonía fixa como móbil, e procede do monopolio estatal da telefonía. Con todo, o mercado de telecomunicacións está aberto á competencia en todos os seus sectores desde a ruptura do monopolio, en 1994 para a telefonía móbil coa aparición de Airtel e en 1998 en fixa coa saída ao mercado de Retevisión.

En telefonía fixa e acceso a Internet, na actualidade existe un mercado de acceso por cable organizado por demarcacións na maior parte das cales opera ONO, ademais dalgunhas empresas de ámbito rexional nas súas respectivas demarcacións. Ademais, o operador dominante (Telefónica) está obrigado a permitir a terceiras empresas a prestación de servizos na súa rede mediante o alugueiro dos pares de cobre da súa propiedade e de espazo nas súas centrais.

En telefonía móbil, existen catro operadores con rede propia e un número considerable de operadores móbiles virtuais que se reparten un mercado no que, desde 2006, hai oficialmente máis liñas que habitantes. España é un dos países da Unión Europea con maior extensión e calidade de cobertura; segundo un estudo do Ministerio de Industria de 2006, o 98% do territorio español conta con cobertura GSM, por diante de países como Francia, Italia ou Alemaña.[82]

Crise económica

[editar | editar a fonte]

Xunto coa crise económica de 1981 que levou á reconversión industrial e ao desmantelamento de gran parte da industria pesada en España, pasando o sector servizos a ser unha parte máis importante da economía. A crise económica mundial de 2008-2013 tivo consecuencias especialmente graves en España. Un dos motivos é que entre 1998 e 2008, a economía de país experimentara unha burbulla inmobiliaria moi importante, polo que unha gran parte do emprego dependía do sector da construción e sectores relacionados.

Inicialmente produciuse un gran desemprego, un estancamento posterior e unha nova caída a partir do último trimestre de 2012. Como consecuencia dese proceso alcanzáronse taxas históricas de desemprego. A difícil situación da economía levou a unha caída dos ingresos fiscais e a un aumento de certos gastos financeiros, o cal levou os gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero primeiro e Mariano Rajoy despois a aplicar os recortes orzamentarios máis drásticos desde a instauración da democracia no país en 1978. Isto foi acompañado de gran conflitividade social, un aumento da pobreza e a desigualdade no país.

Artigo principal: Cultura de España.

Festas oficiais

[editar | editar a fonte]

O calendario de festas oficiais fíxase cada ano, dependendo da distribución semanal. O repertorio de festas comúns para toda España son as seguintes:

Data Festa Observacións
1 de xaneiro Aninovo -
6 de xaneiro Epifanía Día dos Reis Magos
marzo ou abril
(Semana Santa)
Venres Santo -
1 de maio Día do Traballador -
15 de agosto Asunción de María -
12 de outubro Festa Nacional de España Data do Descubrimento de América
e festividade de Nosa Señora do Pilar
1 de novembro Día de Tódolos Santos -
6 de decembro Día da Constitución Data de aprobación da Constitución de 1978
8 de decembro Inmaculada Concepción Patroa de España para a Igrexa católica[83]
25 de decembro Día de Nadal Nacemento de Xesús

Segundo o Real Decreto Lexislativo 2/2015, catro días festivos son fixos e de ámbito estatal: Aninovo, o Día do Traballador, a Festa Nacional de España e o Día de Nadal. Son non laborables sempre nos seus respectivos días, excepto cando caen en domingo, neste caso son traspasados ao luns.[84] Ademais de dez festividades de ámbito estatal, cada comunidade autónoma pode fixar dous festivos, á parte da festividade da comunidade autónoma, e cada municipio outros dous, de tal forma que o máximo de días festivos en cada localidade non exceda de catorce.

Festividades relixiosas de ámbito público

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Semana Santa en España.

A relixión católica foi a predominante en España ao longo da Historia. Así pois, é significativo e transcendente o papel festivo que desempeñan nalgunhas cidades como Granada, León, Málaga, Sevilla ou Valladolid entre outras.

As festividades relixiosas de ámbito público que destacan son aquelas relacionadas coa Semana Santa (como as de Cartagena, Cuenca, Elx, Hellín, León, Lorca, Málaga, Salamanca, Sevilla, Valladolid e Zamora) e a Pascua, especialmente a Pentecoste e o Corpus Christi (como en Béjar, Ponteareas, Tarragona ou Valencia).

La Granja de San Ildefonso (Segovia).
Artigo principal: Arte de España.

Os diferentes pobos que pasaron por España ao longo da Historia, a situación fronteiriza da Península entre dous continentes con tradicións culturais moi diversas, o longo período de influencia política da monarquía hispánica, e a expansión da mesma no continente americano, determinaron que o acervo cultural, artístico e patrimonial de España sexa un dos máis ricos, variados e influentes de Occidente. Destaca a gran riqueza patrimonial que conserva España, tanto en sitios arqueolóxicos, templos, palacios, fortalezas, xardíns históricos, conxuntos urbanos monumentais, patrimonio etnográfico ou museos, entre os que están varios dos máis coñecidos e visitados do mundo, como o Museo do Prado ou o Museo Raíña Sofía[85], como noutra serie de manifestacións culturais.

España foi berce de grandes autores en practicamente todas as disciplinas artísticas, sendo singularmente relevante a achega española ao campo da pintura, con xenios de signficación universal, como Velázquez, Goya, Pablo Picasso ou Salvador Dalí, e da literatura, que deu os nomes imprescindibles de Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Calderón de la Barca, Quevedo, Galdós ou Lorca, entre outros moitos.

Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Alhambra de Granada.
Casas Colgadas, en Cuenca.
Alcázar de Segovia.
Baía da Concha, en Donostia.
Muralla de Lugo.
Acueduto de Segovia.
Igrexa de San Clemente de Taüll, en Lleida.
Casco antigo de Cáceres.

España é o terceiro país do mundo tras Italia e a China con máis monumentos Patrimonio da Humanidade. Na actualidade hai 44 bens declarados, xunto cos Pireneos que comparte con Francia[86] Por outra banda, España conta con 11 bens culturais inmateriais, o que a converte no segundo país de Europa co maior número de bens declarados na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, só por detrás de Croacia.[87]

Patrimonio da Humanidade en España
Ano Nome Localización
1984 Parc Güell, Palau Güell e Casa Milà Barcelona
Mosteiro e Real Sitio de El Escorial El Escorial (Madrid)
Catedral de Burgos Burgos
Alhambra, El Generalife e Albaicín Granada
Centro histórico de Córdoba Córdoba
1985 Monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias Asturias
Cova de Altamira e Arte rupestre paleolítica do norte de España Santillana del Mar (Cantabria)
Asturias, Cantabria e País Vasco
Cidade vella de Segovia e o Acueduto Segovia
Cidade vella de Santiago de Compostela Santiago de Compostela (A Coruña)
Cidade vella de Ávila e igrexas extramuros Ávila
1986 Arquitectura mudéxar de Aragón Aragón
Parque Nacional de Garajonay La Gomera (Santa Cruz de Tenerife)
Cidade vella de Cáceres Cáceres
Cidade histórica de Toledo Toledo
1987 Catedral, Reales Alcázares e Arquivo de Indias Sevilla
1988 Cidade vella de Salamanca Salamanca
1991 Mosteiro de Poblet Vimbodí i Poblet (Tarragona)
1993 Conxunto arqueolóxico de Mérida Mérida (Badaxoz)
Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe Guadalupe (Cáceres)
Camiño de Santiago Galicia, Castela e León,
A Rioxa, Navarra e Aragón
1994 Parque Nacional de Doñana Almonte e Hinojos (Huelva) e Aznalcázar (Sevilla)
1996 Cidade histórica fortificada de Cuenca Cuenca
Lonxa da seda de Valencia Valencia
1997 Palau de la Música Catalana e Hospital de Sant Pau Barcelona
As Médulas Carucedo (León)
Mosteiros de San Millán de Yuso e de Suso San Millán de la Cogolla (A Rioxa)
Pireneos-Monte Perdido Bielsa, Broto, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin e Torla (Huesca)
1998 Arte rupestre do Arco Mediterráneo da Península Ibérica Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha,
Cataluña, Comunidade Valenciana e Murcia
Universidade e recinto histórico de Alcalá de Henares Alcalá de Henares (Madrid)
1999 Eivissa, biodiversidade e cultura Eivissa (Illas Baleares)
San Cristóbal de la Laguna San Cristóbal de la Laguna (Santa Cruz de Tenerife)
2000 Sitio Arqueolóxico de Atapuerca Ibeas de Juarros (Burgos)
Palmeiral de Elx Elx (Alacant)
Igrexas románicas catalás de La Vall de Boí La Vall de Boí (Lleida)
Muralla romana de Lugo Lugo
Conxunto arqueolóxico de Tarraco Tarragona
2001 Misterio de Elx Elx (Alacant)
Paisaxe cultural de Aranjuez Aranjuez (Madrid)
Construcións, arte e historia de Aragón Aragón
2003 Conxuntos monumentais renacentistas de Baeza e Úbeda Baeza e Úbeda (Xaén)
2005 Portal da Natividade da Sagrada Familia e Cripta da Colonia Güell Barcelona
2006 Ponte de Biscaia Portugalete e Getxo (Biscaia)
2007 Parque Nacional do Teide Tenerife (Santa Cruz de Tenerife)
2009 Torre de Hércules A Coruña
2012 Minas de Almadén Almadén (Cidade Real)

Tauromaquia

[editar | editar a fonte]
Praza de touros de Málaga.

En boa parte de España consérvase a tradición de realizar diversos espectáculos taurinos, tales como encerros ou corridas de touros, que son obxecto de moitas festas populares, como os populares Sanfermines de Pamplona.[88]

As prazas de touros con maior afluencia, así como transcendencia na tempada taurina son a de Las Ventas en Madrid, a Monumental en Pamplona, e La Maestranza en Sevilla, así como a praza de touros de Valencia. Outras prazas destacadas son La Monumental en Barcelona e as prazas de touros de Córdoba, Málaga, Bilbao, Zaragoza e Donostia.

Existen por outra banda grupos antitaurinos que consideran que o toureo é unha práctica cruel e o encadran dentro da tortura animal, fundamentándoo en que atenta contra os dereitos dos animais, e que non pode ser considerada nin unha manifestación cultural, artística nin deportiva.[89]. Nas Canarias están prohibidos os espectáculos taurinos e en Cataluña no ano 2010 prohibiuse a celebración das touradas, por vía parlamentaria. Así mesmo, algúns municipios de Galicia, un dos territorios do Estado con menor afección á tauromaquia,[90] aprobaron mocións prohibíndoas, como son os casos de Cangas, Vedra, Dodro, A Pobra do Brollón e Teo.[91]

A selección española de fútbol celebra a consecución do Campionato Europeo de seleccións nacionais de 2008.
O tenista Rafael Nadal é un dos deportistas máis aclamados de todos os tempos.

O deporte en España é dominado, principalmente, polo fútbol (desde o século XX), o baloncesto, o ciclismo, o tenis, o balonmán, e polos deportes de motor, sendo o atletismo o máis practicado. Hoxe en día, España, tivo un relativo éxito no ámbito deportivo, sobre tamén ten destacado a nivel internacional nas artes marciais, especialmente karate, taekwondo e judo.

España tivo campións do mundo en deportes tan dispares como: fútbol sala, pádel, balonmán, hóckey patíns, wáter-polo, vela, karate, judo, taekwondo, boxeo, tenis, atletismo, ximnasia, trial, enduro, tríatlon, natación, windsurf, golf, motociclismo, rally, ciclismo e, máis recentemente, Fórmula 1, baloncesto e fútbol.

En España celébrase anualmente no verán a Volta ciclista a España.

En 2010 España gañou a Copa Mundial de Fútbol FIFA de seleccións nacionais, tras vencer 1-0 aos Países Baixos na final, converténdose na oitava selección mundial que consegue esta competición.

Deportes Deportes nos que España tivo un grande éxito
Títulos da Selección española Títulos individuais ou de clubs españois
España nos Xogos Olímpicos:
  • XX.OO. de Verán: 37 Ouros, 59 Pratas, 35 Bronces. (131 en total). Mellor posto no medaleiro: 6º nos XX.OO. de Barcelona 92
  • XX.OO. de Inverno: 1 Ouro, 1 Bronce. (2 en total)
Atletismo:
  • Olimpíadas: 2 Ouros, 4 Pratas, 5 Bronces, (11 en total).
  • Mundiais: 7 Ouros, 15 Pratas, 16 Bronces, (38 en total). Mellor posto no medaleiro: 7º en Stuttgart 93.
  • Europeos: 20 Ouros, 17 Pratas, 27 Bronces, (64 en total). Mellor posto no medaleiro: 2º en Múnic 2002.
Automovilismo:
Baloncesto masculino
feminino
Balonmán (masculino)
Ciclismo (masculino)
Fútbol (masculino)
Fútbol sala (masculino)
Golf
  • Mundial (Dunhill cup): 2
Hóckey a patíns masculino
feminino
Motociclismo
Natación sincronizada (feminino)
  • Olimpíadas: 3 Pratas, 1 Bronce
  • Mundial: 1 Ouro, 16 Pratas, 16 Bronces
  • Europeo: 5 Oros, 13 Pratas, 3 Bronces
Tenis Masculino:
Feminino:

Vela

Voleibol (masculino)

Wáter-polo Masculino
  • Olimpíadas: 1 Ouro, 2 Pratas
  • Mundial: 2 Ouros, 3 Pratas, 1 Bronce
  • Europeo: 1 Prata, 3 Bronces
Feminino
Ximnasia rítmica (feminino)
  • Olimpiadas: 1 Oro, 1 Prata
  • Mundial: 5 Ouros, 11 Pratas, 16 Bronces
  • Europeo: 2 Ouros, 3 Pratas, 15 Bronces

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

A televisión é o principal medio de comunicación do país. Os tres principais operadores de televisión do país son a sociedade mercantil estatal Radio Televisión Española e os operadores privados Atresmedia Corporación e Mediaset España. As principais canles do país son La 1, Antena 3, Cuatro, Telecinco e laSexta, que acaparan algo máis do 50 % da cota de pantalla. A lista complétase co conxunto de cadeas dixitais e canles públicos autonómicos agrupados na FORTA. Tras efectuarse en 2010 o «apagamento analóxico», o único sistema de transmisión do sinal é o dixital. A este respecto, existen tanto canles de pago como canles gratuítas.

Os principais xornais de pago non deportivos de circulación nacional son El País e El Mundo, ós que se suman La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Periódico e ABC, ademais do gratuíto 20 minutos. Na prensa deportiva destacan Marca, As, Mundo Deportivo e Sport.

En canto a emisoras de radio cabe destacar Cadena SER, COPE, Onda Cero e Radio Nacional de España (RNE) como radios xeralistas nacionais, e Los 40 Principales ou Cadena 100 como radios temáticas.

En canto ao Terceiro Sector da Comunicación (medios de comunicación sen ánimo de lucro, principalmente locais, e dedicados a dar un servizo á súa comunidade) moitos deles están agrupados na Rede de Medios Comunitarios,[92] con sede en Cuac FM (A Coruña).

  1. 1,0 1,1 Título preliminar Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine. da Constitución española
  2. "Oficina de Publicaciones — Libro de estilo interinstitucional — 7.1. Países — 7.1.1. Denominaciones y siglas preceptivas". publications.europa.eu. Consultado o 2020-01-04. 
  3. Nas outras linguas oficiais: en castelán: Reino de España; en catalán: Regne d'Espanya; en éuscaro: Espainiako Erresuma; en aranés (occitano): Regne d'Espanha
  4. Ditas facerías non son estritamente un acordo de co-soberanía, xa que afectan a territorio español, se non un acordo de aproveitamento compartido dos recursos.
  5. Casaquistán e Turquía teñen parte do seu territorio en Europa e son maiores que España, ao igual que Rusia. Tívose en conta só a parte europea dos países con todo a parte do seu territorio en Europa.
  6. "GDP per inhabitant in the member states - First estimates for 2011.". Eurostat. 2011. Consultado o 2011. 
  7. "Informe sobre Desenvolvemento Humano 2013" (PDF). Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. 2013. Consultado o 2013. 
  8. Espinosa, P. (2006). "Hallado en Cádiz un muro de 3.000 años". Cádiz: El País. Consultado o 30 de setembro de 2007. 
  9. Segundo o proxecto de arquitectura protohistórica ibérica Arquivado 08 de xuño de 2007 en Wayback Machine..
  10. Linch, John (director), Fernández Castro, María Cruz (del segundo tomo), Historia de España, El País, volumen II, La península Ibérica en época prerromana, pg. 40. Dossier. La etimoloxía de España; ¿terra de coellos?, ISBN 978-84-9815-764-2.
  11. "La verdadera etimoloxía de Hispania, como lo establece el sabio Antonio de Nebrija, proviene de Hispalis: ili: ciudad, en el idioma ibérico, y Spa, Occidente. Hispalis significa, por lo tanto ciudad de occidente." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2006. Consultado o 27 de setembro de 2006. 
  12. Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX. Capítulo primero. Tiempos primitivos, Mario Méndez Bejarano (1857-1931), Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX [1927] Biblioteca Filosofía en español, Oviedo 2000]
  13. 'Historia y geografía de España ilustradas por el idioma vascuence de Juan Antonio Moguel, reditada en La gran enciclopedia vasca ISBN 84-248-0017-6
  14. «El islote es tan modesto y apocado que es difícil hallarlo», El País, 25 de xullo de 2002.
  15. Transcripción y Edición del Catálogo Real de Castilla Arquivado 20 de setembro de 2014 en Wayback Machine., autógrafo inédito de Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés. Universidade de California.
  16. Andrew H. Merrill, Historia y Geografía en la Antigüedad Tardía, Cambridge University Press, 2005, pag. 185-96
  17. «Oh verdaderamente digno e má Santo Apóstolo que refulge como áurea cabeza de España, o noso protector e patrón nacional, evitando a peste, se de o ceo salvación, afasta toda enfermidade, calamidade e crime. Móstrache piadoso, protexendo ao rabaño a ti encomendado, se manso pastor para o rei, o clero e o pobo, que coa túa axuda gocemos dos gozos do alto, que nos revistamos da gloria do reino conquistado, que por ti nos libremos do inferno eterno.»
  18. Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela, R. A. Fletcher.
  19. LEMA PUEYO, José Ángel, Alfonso I el Batallador, rey de Aragón y Pamplona (1104-1134), Gijón, Trea, 2008, pág. 199. ISBN 978-84-9704-399-1.
  20. Benito Ruano, Eloy, 1997. España, reflexiones sobre el ser de España, pg. 25, Real Academia de la Historia, ISBN 84-89512-04-3
  21. José Álvarez Junco, Mater Dolorosa: la idea de España en el siglo XIX, cap. 1 Antecedentes remotos: de «Hispania» a «España». pags.35-45, Ed. Taurus, Madrid, 2002, ISBN 84-306-0441-3
  22. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  23. Basque and its neighbors in anquity. pag 53
  24. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  25. Así o afirma, por exemplo, Veleyo Patérculo en Historia Romana 1:2,1-3 e Tito Livio en Historia de Roma desde su fundación (ISBN 978-84-249-1428-8).
  26. Joseph Pérez, Historia de España, ISBN 84-8432-091-X, pg.39:
    A resistencia aos sarracenos enmarcouse nesta tradición de resistencia ao estranxeiro, quenquera que fose, por parte de grupos montañeses afeitos a viviren illados, espontaneamente remisos a todo poder procedente do exterior. Uníronselles nobres visigodos fuxitivos da derrota do reino de Toledo e dirixidos por Paio (segundo unha tradición, os musulmáns encargaron a Oppas, bispo de Sevilla, que gañase para a súa causa a Paio, un nobre visigodo refuxiado en Asturias). É o que suxiren algúns historiadores.
  27. García Fitz, F. (2009). La Reconquista: un estado de la cuestión Clío & Crimen, 6, 142-215.
  28. El País, ed. (1 de febreiro de 2007). "España es ya la séptima economía mundial, según el Banco de España". 
  29. ROMERO, JOSÉ MANUEL (2008-03-10). "Zapatero repite victoria con más fuerza". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-04. 
  30. Cortes Xerais 1978, art. 1.
  31. Cortes Xerais 1978, art. 56.1.
  32. Cortes Xerais 1978, art. 97.
  33. 33,0 33,1 Cortes Xerais 1978, art. 66.
  34. Cortes Xerais 1978, art. 123.
  35. Cortes Xerais 1978, art. 122.
  36. Cortes Xerais 1978, art. 161.
  37. Andrés de Blas, El gobierno del poder judicial en Teoría del Estado I. El Estado y sus instituciones, UNED, 2013, ISBN 84-362-6648-X, pxs. 289-291.
  38. PAYMENTS TO THE UN REGULAR BUDGET FOR 2006
  39. Cortes Xerais 1978, art. 8.
  40. "Military Power Review - Global Defense". www.militarypower.com.br (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  41. "Defensa. El Rey conmemora los 500 años del Regimiento Soria el más antiguo de Europa". La Razón. EFE. 12 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  42. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  43. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  44. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  45. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  46. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  47. Juan José Téllez (4 de setembro de 2012) Diario Público
  48. "Declaración de principios entre España, Marrocos e Mauritania sobre o Sáhara Occidental". Madrid: Association de soutien à un référendum libre et régulier au Sahara Occidental. 14 de novembro de 1975. 
  49. "Carta de data 29 de xaneiro de 2002 dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade polo Secretario Xeral Adxunto de Asuntos Xurídicos, Asesor Xurídico" (PDF). Consello de Seguridade das Nacións Unidas. 
  50. "La Fiscalía españoliza el Sáhara". El Mundo. 11 de abril de 2014. 
  51. "La Fiscalía y acusaciones dicen no al archivo de los crímenes del Sáhara". La Voz de Galicia. 11 de abril de 2014. 
  52. "Protestas para que la ONU salvaguarde los derechos humanos en el Sáhara Occidental". eldiario.es. 17 de abril de 2014. 
  53. "Rabat lleva siete años sin responder a la Audiencia Nacional por el genocidio en el Sáhara". El Mundo. 20 de abril de 2014. 
  54. Ministerio de Medio Ambiente de España[Ligazón morta]
  55. http://www.ecoticias.com/detalle_noticia.asp?ide=27235[Ligazón morta]
  56. http://www.ecoticias.com/detalle_noticia.asp?ide=27582[Ligazón morta]
  57. "¿Por qué en España comemos a las tres?". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2013. Consultado o 1 de abril de 2013. 
  58. INE 2015.
  59. Centro de Investigacións Sociolóxicas (abril 2007). Barómetro de Abril 2007. Avance de resultados (pdf) (Informe) (en castelán). ]
  60. "Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España - FEREDE". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2009. 
  61. 61,0 61,1 61,2 61,3 Eurobarómetro 243: Os europeos e as súas linguas
  62. "Artigo 7 do Título I do Estatuto da Comunidade Valenciana". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2007. Consultado o 31 de xaneiro de 2009. 
  63. Artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Cataluña Arquivado 29 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  64. 64,0 64,1 [1] Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. O Astur-Leonés
  65. "Promotora Española de Lingüística". www.proel.org. Consultado o 2020-01-04. 
  66. "Boletín oficial de Aragón" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  67. Secretaría de Estado de Energía. La energía en España 2008 (PDF). Centro de Publicaciones, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. ISBN 978-84-96275-86-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2009. Consultado o 5 de xaneiro de 2010. 
  68. Informe anual do ano 2006 de Rede Eléctrica Española
  69. Informe anual do ano 2003 de Red Eléctrica Española
  70. España, no G-5 das renovables[Ligazón morta]
  71. "La fotovoltaica española supera a Alemania y cierra 2008 como líder mundial, pero afronta el futuro en crisis". www.europapress.es. 2009-01-11. Consultado o 2020-01-04. 
  72. belt.es Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., eco2site.com Arquivado 04 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
  73. "Bancos más grandes de España 2014". Economipedia (en castelán). 2014-04-14. Consultado o 2020-01-04. 
  74. "Bancos más grandes del mundo 2015". Economipedia (en castelán). 2015-05-05. Consultado o 2020-01-04. 
  75. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 06 de febreiro de 2014. 
  76. 76,0 76,1 76,2 "ICEX España Exportación e Inversiones, E.P.E, M.P >> Página no encontrada". www.icex.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-04. 
  77. "ICEX España Exportación e Inversiones - Ranking de los 50 primeros países/territorios destino de la exportación española en el año 2012.". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2014. 
  78. Molina, Carlos (2013-01-28). "Los ingresos por turismo extranjero suben un 6% y tocan máximos históricos". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2020-01-04. 
  79. "Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020". www.ciencia.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2020-01-04. 
  80. 80,0 80,1 "Comparador de precios de obra nueva". ST-Sociedad de Tasación. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  81. «España terá en tres anos a maior rede de AVE do mundo, según Zapatero», El País, 15/02/2007
  82. El Mundo, 17 de setembro de 2006: "Hacia la cobertura telefónica total"
  83. Santoral Arquivado 28 de setembro de 2008 en Wayback Machine., Arquidiocese de Madrid. Consultado o 12 de outubro de 2007.
  84. "Noticias Jurídicas". Noticias Jurídicas. Consultado o 2020-01-04. 
  85. Exhibition & museum attendance figures 2010 Arquivado 05 de xullo de 2012 en Wayback Machine., The Art Newspaper, Nº 223, abril de 2011.
  86. "Spain" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  87. "España - Información sobre el Patrimonio Cultural Inmaterial" (en español). UNESCO Culture Sector. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  88. http://www.sanferminonline.net/
  89. Fabiola (30 de marzo de 2006). "Diez razones para terminar con las corridas de toros". ecosofia.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2018. Consultado o 5 de setembro de 2018. 
  90. Un estudo de Gallup de 2002-2006 reflicte que o 86% dos galegos rexeitan ou aborrecen as touradas.
  91. "Teo, quinto concello galego en abolir as corridas de touros". El Progreso (xornal). 29 de xullo de 2010. Archived from the original on 28 de decembro de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  92. "A Rede de Medios Comunitarios en España". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]